Xoves. 18.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Carnota e Outes certifican o ascenso e segue a loita pola 6ª praza

3ª Autonómica: Carnota e Outes certifican o ascenso e segue a loita pola 6ª praza

Semana importante para a 3ª da Costa coa certificación dos ascensos de Carnota e Outes. O Carnota vencía con comodidade ao Soneira B e o Outes puido celebrar por todo o alto o ascenso sen sequera ter que saltar ao terreo de xogo, pois o Muxía non se presentaba no sempre ateigado Conchido. Ambos conxuntos celebraron o ascenso ata altas horas da mañá pero aínda seguirán competindo para facerse co título.

Entrementres, a loita pola 6ª praza seguen candnete. O Montelouro deu paso adiante e forzou o paso atrás do Coristanco tras un duelo fraticida no Agra da Filgueira. Ademais, seguen metidos no grupo Volantes e Cerqueda, mentres que o Porteño mantense con opcións tras superar ao Cabana, que segue 3º.

E sen tempo a descansar, volve esta cansina Copa, que xa comeza co groso de partidos mañá martes 1 de maio. Xa podedes ver os cadros en Cadro da Copa da Costa 2012.

Outes - Muxía (Non se presentou o Muxía)

Na táboa clasificatoria puxemos un 3-0 a favor do Outes, pois será o que determine a Federación ante a non presentación do Muxía a xogar. Así que o Outes puido celebrar con tranquilidade.

Soneira B - Carnota (0-7)

  • SONEIRA B: Martín (Antoniño, min.69), Chans, Alberto, Chuchi (Héctor, min.50), Curra, Jemisa, Cristian Figueroa, Dani (Pichón, min.50), Cristian Canosa, Capote e Marquitos.
  • CARNOTA: Peipo, Manolo, Sergio, Pedro de Pichín, David de Brea, Manuel Luís (Pedro, min.72), Jacobo (Pumuki, min.70), Rodrigo (Gabri, min.75), Tono da Caixa, Manoliño (Tono Goyanes, min.67) e Casti (Boni, min.55).
  • Goles: Casti (4), Manoliño, Manuel Luís e Pedro de Pichín.
Non pasou apuros o Carnota para certificar o ascenso matemático ante un filial que saíu moi mal ao partido e encaixou moi pronto tres goles. Ao descanso o marcador reflexaba un 0-5 que deu pé para que Cambeiro puidera dar descanso aos seus homes máis importantes con vista ao partido de copa contra o Volantes o vindeiro martes. Manoliño puido aumentar a súa marca goleadora, pero Martín detívolle unha pena máxima (min.65)

Montelouro - Coristanco (3-2)

  • MONTELOURO: Isma, Bolo, García, Alvaro, Canelo, Fernando, Chema, Rico (Jose, min.85), Geiko (Jaro, min.35), Pesco (Denís, min.65) e Mingos.
  • CORISTANCO: Pombo, Marquiños, Marcos (Benitez, min.80), Morientes, Luís, Torreira, Sergio (Arantón, min.60), Adrián, Pazos (Iván, min.75), Carliños e Edgar.
  • Goles: 1-0, min.17: Geiko; 2-0, min.41: Pesco; 3-0, min.77: Mingos; 3-1, min.88: Adrián; 3-2, min.90: Morientes.
Un dos partidos con máis en xogo desputouse no Agra da Filgueira. A vitoria era vital para os dous equipos e ao final quedou na casa, aínda que os visitantes fixeron méritos para levar algo positivo de Louro. Con esta derrota os de Coristanco, que aínda teñen que descansar na última xornada, practicamente quedan sen opcións de clasificarse para o playoff de ascenso. Polo estilo de xogo dos dous equipos e polas características do campo, o partido foi de moito control táctico e cun xogo moi directo, sendo as xogadas a balón parado a principal arma de ataque de ambos equipos, así chegaron a maioría dos goles. O primeiro gol foi obra de Geiko ao materializar unha contra tras unha boa xogada de gol dos visitantes na que Carlos estrelou un balón no pau. A rentes do descanso Pesco facía o segundo tras unha falta sacada rapidamente, o balón chega a Rico que se interna por banda e o seu pase atrás é materializado por Pesco. No segundo tempo o Coristanco empurrou un pouco máis, pero Mingos cun gol olímpico poñía a sentenza. Non se deron por vencidos os da vila da pataca e en dúas faltas marcaron dous goles, pero xa non lles quedaba tempo para a reacción e acababan perdendo un encontro moi igualado. O Montelouro segue arrastrando baixas e as lesións desta semana de Geiko hai que sumarlle o ciclo de cartón amarelos que cumprirán Alvaro e García. No bando visitante debutou Carliños que fixo unha boa aportación ao equipo.

Alcaián - Xaviña (8-1)

  • ALCAIAN: Rizos, París, Diego, Pombo (Portillo, min.46), Ruben, Victor Pazos, Daviciño, Víctor Freire, Nahuel (Pichel, min.65), Souto (Framil, min.70), Roberto.
  • XAVIÑA:
  • Goles: Daviciño 1, Roberto 4, Nahuel 1, Víctor Freire 2.

Partido sen moita historia, cun Xaviña que non puido completar os 11 de inicio e que recibiu unha severa goleada.

Porteño - Cabana (3-2)

  • PORTEÑO: Jimy, Brais, Oscar, Pejo, Maikol (Iago Sestayo, min.46), Cousillas, Asier, Piti, Tajes (Iago da Ponte, min.46), Iago e Jorge.
  • CABANA: Añón, Pancho, Marcos (Fariña, min.75), David, Jose, Eloi Pereira (Eloi García, min.60), Sandro, Adrián (Jacobo, min.70), Diego, Rubén rama e Eliseo (Miki Xuvenil, min.52).
  • Goles: 0-1, min.10: Adrián; 0-2, min.60: Marcos; 1-2, min.75: Pejo; 2-2, min.85: Iago Sestayo; 3-2, min.96: Jorge.
Segue enganchado á liga o Porteño, a súa vitoria ante o Cabana en tempo de descanso deixa as portas ao equipo de Gerpe para loitar polo playoff. O Porteño segue a mostrar a súa mellor cara na parte final da liga e onte demostraron que cando queren poden ser un equipo moi competitivo, pois creiu na vitoria ata o último minuto pese a ir cun 0-2 a falta de media hora para o final do encontro. O Cabana adiantouse no primeiro tempo por medio de Adrián e xa no segundo tempo Marcos remataba de cabeza un córner e poñía o segundo. Pejo, que a semana pasada recibía 6 puntos de sutura, marcaba o primeiro do Porteño ao rematar de cabeza nun córner. Iago Sestayo cun tiro dende a frontal empataba o encontro a falta de cinco minutos para o remate, mentres que Jorge poñía o terceiro en tempo de desconto ao marcar de cabeza nun córner, tras ser o balón peiteado no primeiro pau. Co marcador de 0-2 o meta Pombo detívolle un penalti a Piti. Tralo gol de Jorge houbo unha invasión de campo por parte dos seareiros locais e o colexiado sinalou o final.

Independiente - Lira (3-4)

  • INDEPENDIENTE: Upi, Jonathan, Rubén (Iván Lorenzo, min.60), Carlos, Gustavo (Juni, min.46), Rafa (Ivi, min.46), Dani, Efren (Suso Noya, min.46), Brais, Roberto e Jorge.
  • LIRA: Isma, Santi, Michelón, Pelexo, Suso Perico, Manolo, Gabri, Iago, Ancho, Fran Perico e Xabi.
  • Goles: 0-1, min.10: Fran Perico, de penalti; 0-2, min.20: Ancho; 0-3, min.30: Ancho; 1-3, min.50: Ivi; 2-3, min.58: Juni, de penalti; 2-4, min.75: Ancho; 3-4, min.85: Juni.
Unha parte para cada equipo e os tres puntos para Lira nun encontro con nada en xogo. Os visitantes estiveron mellor na primeira metade onde se puxeron cunha renda de tres goles ao seu favor. Tralo descanso, os locais tiraron de orgullo e recortaron distancias, mesmo puideron empatar o encontro, non o fixeron e nas poucas ocasións de gol dos lirachos na segunda metade, o míster Ancho culminou o seu hattrick poñendo o 2-4 que acabou por romper coas ilusións dos de Carballo. Juni recortaría distancias a falta de cinco minutos para o final, pero o empate non chegaría. Os visitantes acabaron xogando con 10 os últimos 15 minutos pola lesión de Manolo e non dispoñer de cambios.

Corcoesto - Atl. Pereiriña (2-2)

  • CORCOESTO: Edelmiro, Lista, Miguel, Germán, Pablo, Longo, Javi, Xabi (Couto, min.75), Martín (Pichón, min.65), Héctor e Josiño.
  • ATL. PEREIRIÑA: Simón, Grille, Alvaro (Abraham, min.85), Adán, Javichu, Poki, Biorto (Javi, min.65), Néstor, Lamela, Morcillo (Víctor, min.70) e Rafa.
  • Goles: 0-1, min.5: Néstor; 0-2, min.10: Néstor; 1-2, min.65: Héctor; 2-2, min.92: Héctor, de penalti.
Os locais xogaron un dos mellores encontros da tempada, pero os dous tempraneiros goles dos visitantes foron unha lousa que non deron remontado de todo. Néstor abriu o marcador ao enganchar unha fermosa volea, de novo Néstor poría o segundo ao bater a Edelmiro, o central tivo que poñerse baixo paus pola ausencia de Siro. Na segunda metade os locais seguiron insistindo na remontada, mentres que os ceense tirando liñas cara atrás e o dianteiro cormelán Héctor foi quen de marcar os dous goles da igualada, o último ao transformar unha pena máxima en tempo de desconto.

Cerqueda - Laxe (5-1)

  • CERQUEDA: Fredi (Rubén, min.85), Rober, Javi, Dani, Javi Pazos, Maikel (Athu, min.76), Lorenzo, Dani Añón (You, min.70), Alex e Manu (Che, min.85).
  • LAXE: Illote, Rellán, López, Naya, Oscar (Zurich, min.25), Roi (Jacinto, min.46), Borja, Saleta, Aarón, Samuel e Iván Ferreiro.
  • Goles: 1-0, min.17: Dani Añón; 2-0, min.19: Dieguito; 3-0, min.24: Lorenzo; 4-0, min.42: Manu; 4-1, min.45: López; 5-1, min.56: Alex.
  • Expulsións: Os visitantes Zurich (min.55), Naya (min.80) e Rellán (min.90), os dous primeiros con cartón vermello directo por protestar e o último por dobre cartón amarelo.

Partido moi tenso por parte dos visitantes que chegaban ao campo de Xaviña con certas posibilidades de loitar polos postos de ascenso, pero os primeiros goles encaixados sacáronos do partido e dedicáronse máis a protestar ao colexiado que a xogar, froito disto tiveron 3 expulsados, por certo que da expulsión de Rellán enteráronse ao recoller a acta, pois pese a ver dous cartóns amarelos o colexiado non lle sacou o vermello, sen embargo na acta aparece como expulsado.

Os locais xogaron moi concentrados sabedores de que tiñan moito en xogo e cinco minutos de gran acerto sentenciaron o choque con goles de Dani Añón, ao rematar un rexeite dun falta lanzada por el, Dieguito e Lorenzo, que marca de cabeza ao recoller un rexeite do longueiro tras un tiro de falta de Dieguito. Antes do descanso Manu facía o cuarto, mentres que no último minuto da primeira metade, López, de cabeza, remataba un centro de Rellán para recurtar distancias. Este gol non dou alas aos visitantes e o goleador Alex poñía o definitivo 5-1 ao bater no man a man a Illote.

Fisterra B - Camelle (0-3)

  • FISTERRA B: Ángel, Juanjete, Noé, Pablo, Eloy, Gaby (Carlos, min.50), Rubia, Hidalgo, David Perlón, Crivi (Diego, min.65) e Jose da Anchoa.
  • CAMELLE: Carlos Purrúa, Adrián (Diego, min.65), Valiña, Mauri, Carlos de Dido, Iván, Alvaro (René, min.55), Sergio (Juan Rubén, min.60), Buri (Tedín, min.46), Barreiro e Mario (Alvaro Pantera, min.80).
  • Goles: 0-1, min.55: Sergio; 0-2, min.70: Tedín; 0-3, min.73: Barreiro.
Tras unha primeira metade igualada, na segunda os locais aplicáronse máis e creron máis na vitoria. Sergio abriu o marcador ao se aproveitar dun erro de Noe na cesión ao seu porteiro. O segundo gol dos de Camelle foi todo un golazo de Tedín que se foi de dous xogadores na banda internouse na área e de tiro cruzado mandou o balón por toda a escadra do segundo pau. Pouco despois Barreiro poñía a sentencia cunha vaselina. Na segunda metade os camelláns mandaron catro balóns a madeira.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios