Toché invitou aos peques bergantiñáns a participar no Depor Campus


Non é Valerón pero para os cativos de Carballo coma se o fose. Toché, o punta branquiazul foi recibido en loor de multitudes á súa chegada a Carballo na presentación do Depor Campus 2015, que tivo lugar o mércores 13 de maio nas Eiroas.
Para apoiar a iniciativa estivo en Carballo Toché, xogador do Deportivo, que pronto se viu rodeado dos nenos e nenas que estaban adestrando nas Eiroas e que estivo pendente de todos eles, asinando autógrafos e sempre cun sorriso na boca. Converteuse no principal protagonista da presentación dunha iniciativa que será impartida por técnicos e expertos do Deportivo.
A presentación contou coa presenza de Luciano Calvo Pumpido, Presidente das Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz; José Ramón Torres Pichel, director das Escolas; Evencio Ferrero, Alcalde de Carballo; Marcos Trigo, Concelleiro de Deporte; José Barcala responsable de Metodoloxía da canteira do Deportivo; Pablo Barros, adestrador de categorías de base do Deportivo; e o xogador da primeira plantilla, Toché.

Inscrición
O campamento, deportivo dirixido a nenos e nenas de 6 a 15 anos, terá lugar entre o 13 e o 17 de xullo de 2015, e custará 100 euros (IVE incluído), aínda que aplicarase un 20 por cento de desconto no caso de que os participantes pertenzan ás Escolas Luís Calvo Sanz ou ao Bergantiños FC; no caso das familias cos dous membros en paro; ou no caso das familias que inscriban a máis dun fillo (aplicarase o desconto a cada un deles).
Para obter máis información ou formalizar a inscrición, hai que acudir á sede do Real Club Deportivo (Praza de Pontevedra, 19, 1º) na Coruña; escribir ao enderezo electrónico <campuscarballo@canaldeportivo.com> ou consultar no web <www.canaldeportivo.com.
Máis novas branquiazuis
- Unha camisola branquiazul e moita ilusión contra a Leucemia.
- 2 das 5 peñas deportivistas máis antigas son de Bergantiños.
- A galería das bancadas costeiras en Riazor.
- A Costa da Morte celebrou o ascenso branquiazul.
- As peñas futboleiras seguen medrando na Costa da Morte.
- 20 peñas farán branquiazul a Costa da Morte no 2014.
- Verdillo tamén é branquiazul.
- Castriz é branquiazul.
- Ledicia na presentación da Peña Deportivista Bar Pérez.
- A maxia de Valerón pisou o Conco.
- Alex Bergantiños vestiuse de branquiazul… en Baio.
- Zas vístese de branquiazul para facer o camiño.
- O Pindo tinguiuse de branquiazul.
- O Deportivo únenos polas onda.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).