Mércores. 11.12.2019
El tiempo

Últimos días para anotarse na Kronoeskalada de Vimianzo

Últimos días para anotarse na Kronoeskalada de Vimianzo
II-Kronoeskalada-Vimianzo A proba consiste nunha contra o reloxo pola estrada que une a Esquipa e o Campo da Areosa Entra na recta final o prazo de inscrición para a Kronoeskalada de Vimianzo que se disputará o vindeiro sábado, 20 de maio. O número de inscritos actuais está a piques de susperar o do ano pasado e hai participantes de todos os concellos da Costa da Morte e tamén da cidade da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo e de diferentes municipios de Pontevedra. A proba - organizada pola asociación Cherinkas e o clube de atletismo Terra de Soneira -consistirá nunha contra o reloxo pola estrada que une a Esquipa (Cereixo) e o Campo da Areosa, cunha distancia de 6,6 km. e un perfil claramente ascendente. A proba combina dúas disciplinas, a pé e en bici, os participantes poderán escoller entre facer un ou as dúas probas, haberá premios para os gañadores de cada proba e tamén para o gañador da combinación das dúas. O evento terá lugar o sábado 20 de maio. Primeiramente terá lugar a proba a pé que comezará ás 15:30 horas e a proba en bici está programada para comezar ás 17 horas. Os interesados en participar deberán inscribirse no portal www.championchipnorte.com ata mañá xoves 18 de maio. O custe da inscrición é de 3€ para participar nunha proba e de 5€ para os que participen nas dúas. As bases poden consultarse no portal das inscricións, e nelas recóllense todos os detalles do evento. O punto de recollida de dorsais estará situado na meta, a cal se sitúa no Campo de Areosa, neste enlace pódese observar como chegar dende o centro de Vimianzo https://goo.gl/ve1qs8. O desprazamento dende a meta á saída corre a cargo da organización, pero os participantes deberán estar, o máis tarde, ás 15 horas na zona de meta. Ao finalizar haberá un avituallamento líquido e sólido para repoñer forzas. [fbvideo link="/a-asociacion-cherinkas-e-o-clube-de-atletismo-terra-de-soneira-organizan-a-ii-kronoeskalada/" width="500" height="400" onlyvideo="1"] Novas relacionadas Fonte

Comentarios