Venres. 19.04.2024
El tiempo

Últimos días para apuntarse ao 3x3 de basket en Muros

Últimos días para apuntarse ao 3x3 de basket en Muros

Estes vindeiros sábado 19 e domingo 20 de novembro, o Pavillón de Miraflores vivirá un intenso, como todas as actividades deportivas muradáns, Torneo de Basket 3x3. Artellada pola ACRD Praia do Castelo, a cita xa ten moitos equipos de 4 xogadores (formados por homes, mulleres, mulleres e homes, peras con manzanas, etc.).

Xa están apuntados os "Drink Team", o "Miami Hit-anos", o "Cab-anas MVP"... e a imaxinación deportiva segue crecendo.

Inscrición

A cota de inscrición son 10€ de ná e tendes de prazo ata este xoves 17 de novembro. Comunicádevos a través de [email protected] ou o 652 820 784 (de 16.00 a 20.00). O voso contacto coa organización serán os MVP David Pastoriza ou Lisardo Conchas.

Castelo Rock Expresso

E aquí vemos o trailer do Festival Castelo Rock Expresso que teñen prantexado dende a ACRD Praia do Castelo para o sábado 26 de novembro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios