Un novo reto para o Fisober
O Fisober Concello de Vimianzo comeza una nova tempada cos obxectivos de manter a 6º praza acadada a tempada pasada na Liga Autonómica e así consolidarse na categoría e seguir aumentado o número de rapazas que componen as categorías inferiores do Clube.
O Fisober debutara na Liga Autonómica ante un dos favoritos, o Funeraria Apostol de Santiago, este sábado a partir das 19:00 h no Municipal de Vimianzo.
Para este partido os adestradores Iván Chans e Fran Toba convocaron as seguintes xogadoras, entre as que non pode estar Alba Cambeiro por lesión:
- Porteiras: Paula Lema e Eva Lema (Procede do equipo filial)
- Xogadoras: Elsa Souto, Ana Mouzo , Patri Romani, Barca Toba, Olalla Veres e procedentes do equipo filial, Mirella Ventura, Ylenia Rodríguez e Noelia Garcia.
Equipo filial e canteira
Ademais, este ano o cadro segue medrando. Se ben o filial volverá competir en Liga Provincial, a directiva está traballando para construir un equipo infantil, que xa conta con Nuria Pose, Paula Fandiño, Noelia Fernández e Rosalia Sambade.
O equipo filial que competirá en Liga Provincial esta formado por:
- Maria Pérez, Tamara Ramos, Inés Suárez, Laura Pose, Loli Lema, Cristina Pérez, Nuria Pérez, Martina, Iria Fernández e Mónica Cotelo estas dúas proceden do Ponteceso.
Queres xogar ao fútbol sala?
A directiva do Fisober convida a tódalas rapazas nacidas entre os anos 1998 e 2002 e que lles guste o fútbol sala a pasar polo Pavillón de Vimianzo tódolos venres en horario de 18:00 h ás 20:00 h ou chamar ó tlf: 635 436 173 .
Novas relacionadas
- O Fisober busca novas xogadoras para ampliar a familia.
- Cee prepara os deportes de inverno e a Liga de Fútbol Sala.
Máis novas do Fisober
- O Fisober pecha a súa primeira tempada na Liga Autonómica nun meritorio 6º posto.
- Uns consellos de Fran Toba para os pais de novos deportistas.
- Debut da Selección da Costa feminina nun ambiente de festa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.