Un paso adiante cara a División de Honra Cadete
Impresionante a traxectoria deste Dumbría na Liga Galega Cadete. Faltan 5 partidos para o remate da liga e os de Diego Lobelos e Óscar Leis teñen un pé metido no ascenso á División Honra, un ascenso que sería (que será) histórico para a Costa da Morte.
O pasado sábado tiña unha das finalísimas máis esperadas. O equipo que leva loitando co cadro dumbriés toda a temporada por esa terceira praza (ao estar o Deportivo B de 1º, o ascenso directo queda para a 2ª e 3ª praza), o Ural, chegaba ao Conco con posibilidade de igualar a clasificación. Houbo que roelo, pero o Dumbría vencía 3-2 e deixa aos coruñeses a 6 puntos, e co golaverage individual favorable trala vitoria dumbriesa na Coruña por 1-2.
Dumbría - Ural (3-1)
- DUMBRÍA: Bruno, Tomás, Maikel, Canario, Pablo (Oli, min.65), Yeray, Mauro, Roberto (Jorge, min.70), Santi Díaz (Andrés, min.75), Damián (Juan de Dora, min.55), José Marcote (Abuelo, min.80).
- Goles: 1-0, min.15: José Marcote; 1-1, min.50; 2-1, min.62: Juan de Dora con dedicación directa a Jorge Parri; 3-1, min.72: Santi Díaz; 3-2, min.90.
Ambientazo no Conco a pesar do sol e de que xogaban os xuvenís en Laxe e o A en Santa Comba. Moita xente da Coruña tamén acompañaba ao senlleiro clube do Ural para esta finalísima diantada.
E fixo un bo partido o cadro dumbries a pesar das baixas entre lesionados e sancionados, pero os non tan habituais estiveron a altura. De feito, debutou un infantil, Pablo Paz, de titular e o fixo de marabilla.
Comezou mellor o Dumbría co gol de José Marcote, que con 25 goles se perfila como o pichichi da Liga Galega. Á media hora o meta dumbriés Bruno parou un penalti. Un Bruno que salvou varias ocasións ao longo do partido e que foi fundamental. Apretaron os visitantes ao final da primeira e ao comezo da segunda, cando empataron.
Aí, neses primeiro cuarto de hora da segunda metade o Dumbría estaba algo aturdido. Pero o equipo soubo reaccionar e Juan de Dora facía un importantísimo 2-1, con dedicatoria incluída ao bo de Jorge Parri, ao que por certo, tamén lle tiñan uns agasallos os adestradores do equipo, Óscar Leis e Diego Lobelos.
Puido sentenciar e o fixo o Dumbría, nunha acción de Santi Díaz que metía dous goles de vantaxe. Aínda así, os coruñeses se viron arriba, e achucharon nos últimos intres. Recurtaron xa con tempo cumplido pero afortunadamente a achucharon ao final, pero o pitido final calmou os nervos nos tensionados bancos, que mesmo viron como o colexiado expulsaba a Diego.
Os infantís aseguraron a permanencia
Practicamente ten o equipo infantil sentenciada a permanencia na Liga Galega. E iso que o plantel é máis curto que o de cadetes, pero o equipo de Juan Porrúa está facendo tamén un temporadón. Esta fin de semana recibían ao San Cristobal, na 10ª xornada do Play off por evitar o descenso no Grupo Norte B, e os dumbrieses sumaban a súa 6ª vitoria vencendo por 3-2.
Novas relacionadas
Máis información
Artigos relacionados
- Alberto Pose: Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín.
Crónicas da semana
- Xuvenís: Todo pendente da volta dos Cuartos da CopadaCosta.
- O Soneira celebra sen suar o título duns Veteranos que xa pensan na Copa.
- 3ª Autonómica: Xornada de xogo duro. 2ª Autonómica: Tropezón do líder co Baio á caza mentres Cabana e Montelouro caen.
- 1ª Autonómica: Fisterra e Ponteceso collen folgos e Camariñas complícase.
- Preferente: A ceros.
- Resultados e análise desta importante xornada do #futboldacosta.
- A Esteirana Cadete canta alirón nun fantástico sábado de #futboldacosta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colaboran Sergio Aranzubía, UC Cee e blog do malpica de Luís E. Porto.