mércores. 30.04.2025
El tiempo

Un título e moi boas sensación nos Provinciais para a familia Anorthosis

Un título e moi boas sensación nos Provinciais para a familia Anorthosis
Anorthosis Vimianzo A alevins de AD Za

Menudo éxito dos representantes da comarca de Soneira nos provinciais de tenis de mesa, tanto dos de Vimianzo que participaban por primeira vez como das féminas de Zas.

I é que as rapazas zaense quedaron campionas en Cadetes, sendo o mellor resultado dos costeiros. Pero ademais, as alevíns e infantís quedaron 2ª, os infantís vimianceses quedaron 4º, por detrás do Mazaricos, equipo tamén adestrado polo Anorthosis, mentres os benxamíns de Vimianzo e os cadetes de Mazaricos acadaban unha boa 5ª praza.

Cómpre resaltar o nivel mostrado polos xogadores do Concello de Vimianzo xa que levan moi pouco tempo adestrando. Estes éxitos favoreceran que continúen na súa preparación con vistas a futuras metas a conseguir.

Os de Vimianzo cos trofeos Provinciais

Crónicas da temporada

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios