Venres. 05.06.2020
El tiempo

Unha Carreira para integrar

Unha Carreira para integrar
Unha das parellas competindo na Carreira De 2 en 2 de Carballo

Emotiva, solidaria, integradora… Non temos calificativos para definir á Carreira nocturna “De dous en dous”, organizada por Atletismo Carballo en colaboración co Concello. Unha cita deportiva que resultou un completo éxito en todos os sentidos. I é que ademais de fomentar a inclusión coa participación de persoas con diversidade funcional como unhas máis, ademais de facer que os participantes tiveran que sufrir o que significa ter que ir sempre da man, a Cruz Vermella e Cáritas conseguiron quilos e litros para os seus bancos de alimentos. Por se fora pouco, o público gozou vendo competir aos deportistas, chegados de toda Galicia. Dende os pitufos, que foron os primeiros en tomar a saída, ata as parellas que correron na categoría absoluta, todas e todos contribuíron ao espectáculo.

Foron nada menos que 612 persoas (398 na categoría de adultos atletas) as que participaron na proba e a gran afluencia de público. Emotivas as participacións das xentes de Íntegro, como Miguel Bardanca, e a súa parella de carreira, que completaron os cinco quilómetros do circuíto establecido para a categoría absoluta. Houbo ata participación de parellas que sumaban máis de 100 anos, nas que destacaron os deportistas de Atletismo Carballo.

Participantes de Integro na carreira de 2 en 2 Amador Pena e Cristian Muino-Adestrador e alumno capions da carreira de 2 en 2

Cristian Muíño e Amador Pena foron os primeiros na categoría masculina e os gañadores absolutos da carreira. O 2º posto foi para Constante Lorenzo e Andrés Eirís, e o 3º, para Rubén de Vicente e Constantin Dragomir. En Parellas mixtas, a 1ª foi a formada por Amancio Raña e Esther Pedrosa, a 2ª os Tomás García e Eusebia Maldonado, e 3ª os Agnieszka Trzcinska e Miguel Ángel Álvarez.

Parellas mixtas na Carreira De dous en Dous A atleta internacional Esther Pedrosa e a sua parella de carreira Entre as parellas que sumaban mais de 100 anos destacaron os deportistas de Atletismo Carballo

A recollida da Cruz Vermella

Cruz Vermella quere, antes de nada, agradecer a unión das entidades e os cidadans na loita contra a pobreza, centralizada na Carreira Nocturna De 2 en dous, organizada pola Federación Galega de Atletismo o pasado sábado en Carballo, na que a entidade puido recoller 300 quilos de comida que serán entregados entre as familias da comarca afectadas pola crise.

Esta doación sumarase ó reparto de alimentos, además dos kits de apoyo infantil e as axudas materiais que Cruz Vermella realiza de manera regular entre 163 familias da comarca. Estas axudas de emerxencia compleméntanse con otros proxectos destinados a defender os dereitos de todas as persoas, así como buscar solucións a medio plazo para que poidan sair adiante por eles mesmos.

Cruz Vermella fixo unha recollida de alimentos na Carreira De Dous en Dous de Carballo

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios