Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Unha Carreira solidaria e nocturna para correr de 2 en 2

Unha Carreira solidaria e nocturna para correr de 2 en 2
Presentacion da Carreira De 2 en 2 de Carballo

Presentaban onte o Club Atletismo Carballo, en colaboración co Concello, a Deputación e a Federación Galega de Atletismo, a I Carreira Popular por parellas "De dous en dous" que se celebrará o sábado 11 de abril. Esta proba ten un carácter solidario a favor dos máis desfavorecidos e desfavorecidas e será nocturna, a partir das 19.00 horas.

Trátase dunha “carreira diferente”, como comentaba Moncho Ríos, de Atletismo Carballo, non só pola nocturnidade e a solidariedade, senón tamén porque na categoría de adultos as parellas estarán unidas por unha banda elástica.

A carreira conta ca participación da xente da Asociación Aloumiños, para incluír na cita a persoas con diversidade funcional "que realizarán a mesma carreira que os demais”.

Xa poden inscribirse, ata o 4 de abril e ata chegar ao s600 participantes, en carreirasgalegas.com.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios