Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha nova Ruta BTT en Dumbría con personalidades para seguir promocionando o ciclismo

Unha nova Ruta BTT en Dumbría con personalidades para seguir promocionando o ciclismo

Que mellor xeito de promocionar o amor ás dúas rodas que cunha coa Ruta BTT. Logo do éxito do ano pasado e con todas as miradas xa na chegada da etapa da Volta a España no Mirador do Ézaro, os ciclistas xa pensan na “2ª Ruta BTT Concello de Dumbría”, que artellan conxuntamente concello dumbriés e o Club Ciclista Dumbría.

Pero ademais, este ano a proba contará entre o pelotón de saída con Abraham Olano, mítico ciclista vasco e campión do mundo director técnico da Vuelta a España) e Javier Guillén (director general da Vuelta a España).

A proba terá lugar o vindeiro 17 de marzo con saída e chegada nas intalacións deportivas Municipais do Novo Conco. A dificultade do percorrido é media, cun total de 40 quilómetros que percorrerán os montes do Municipio.

Inscricións

O número máximo de participantes é de 300, por rigurosa orde de inscrición. A cuota por participar na ruta e a posterior comida, ascende a cantidade de 5 €.

Poden ir materializando as súas inscricións ata o 4 de marzo a través da páxina web www.cfdumbria.com, correo electrónico [email protected], [email protected], ou no teléfono: 981 74 40 01.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios