Unhas 1.500 persoas acariñaron en Zas a Copa do Mundo
Tras pasar por outras localidades da Costa da Morte, como Fisterra, Malpica ou Camariñas, o trofeo volve visitar unha localidade da nosa bisbarra. Desta volta, e gracias á intervención de Manuel Corredoira, do seu Sporting Zas e da Federación Galega, a Copa do Mundo estivo onte en Zas.
E nunca mellor que onte, pois a 2 días para os cuartos de final da Eurocopa, a febre da "Roja" está máis presente que nunca na bisbarra.
Así o demostraron moitos dos cativos do CEIP de Zas que pasaron polo Centro Sociocultural, moitos coa camisola enfundada.
Pola tarde, foron pasando e pasando, a contagotas, como nos conta o propio Corredoira, que nos asegura que puideron ser un total de 1.500 as persoas que se achegaron a disfrutar e tocar o Trofeo. Iso si, a meirande parte, xentes dos arredores, non de moi lonxe.
Houbo algunha que outra anécdota simpática. Se ben á maioría se lle caía á baba cando a collían en brazos e facía o Iker Casillas erguendo a Copa, houbo un ao que lle tremeu nas mans. Un pequeno que acodía coa súa avoa emocionouse de tal xeito que choraba seguido, e a avoa non tiña xeito de sacarlle foto... Ao final, o pequeno calmouse, Copa en man, e permitíu que a avoa sacase a instantánea.
Ademais pola mañá estiveron presentes as autoridades. Pasaron (de esquerda a dereita na foto) o técnido de deportes do Concelo, Fidel Otero, o concelleiro Óscar Lema, o presidente dos veteranos de Zas, José Espasandín, Martín Ternande, Vicepresidente do Sporting Zas, e por suposto, un Manolo Corredoira que non se despegou do trofeo.
Un xeito diferente de disfrutar o fútbol.
Novas relacionadas
- A Copa do Mundo na fin do mundo.
- A Copa do Mundo tamén chega á Muxía e Malpica.
- Centos de persoas contemplaron a Copa do Mundo en Camariñas.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).