Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Xuvenil Norte: Igualdade enganosa

Xuvenil Norte: Igualdade enganosa

2ª xornada da Liga Xuvenil Norte, Gr.4. e a igualdade é a protagonista. Se ben o Dumbría B descansou, non hai ningún equipo con 6 puntos. Comandan a táboa con 4 puntos o Malpica, que venceu con claridade a un novo Laxe; o Camariñas, que vencía a un frouxo Coristanco; o Cabana, que empataba no encontro da xornada ante o Baio, e o Ponteceso, que empataba no derbi cun Corme ao que o punto lle soubo a vitoria.

Laxe - Malpica (1-5)

  • Laxe: Anxo; Diego, Erik, (Adelantado, min.46), Fariña, Pérez, Rellán, Adrián, Roberto, (Alejandro, min.43), Adrián Lema, Manuel, Djamel.
  • Malpica: Víctor Martínez; (Ángel, min.84), Canario, (Miguel Ángel, min.57), Jorge, (Kevin, min.62), Javier, Pepis, Joro, Juny, (Roque, min.65), Diego, Camilo, Eme, Almeida, (Víctor Novo, min.46).
  • Goles: 0-1, min.27: Almeida tras un rexeite do meta Anxo. 0-2, min.32: Camilo, de falta coa axuda dun defensa local. 0-3, min.50: Juny a centro de Víctor Novo. 0-4, min.55: Diego tras un novo centro de Víctor Novo. 1-4, min.69: Adrián Lema aproveita un erro defensivo. 1-5, min.89: Víctor Novo de cabeza a centro de Eme.

Debutaba o equipo xuvenil do Laxe no campo de Cabo D'Area, feito que creou bastante espectación na vila. E comezaba cun derbi, no que a veteranía malpicá foi clave. Os laxense, con moita entrega pero con demasiados cadetes, non puideron facer fronte ás acometidas visitantes, e tralo segundo gol de Camilo o encontro non tico cor.

Corme - Ponteceso (2-2)

  • Corme: Javi, Lesi, Iván Reixía (Cani Chans, min.65), Koeman, Sergio (Alejiño, min.50), Jorge, Dani, Eloy (Alberto, min.60), Antonio, Brais, Juanma.
  • Ponteceso: Guille, Dani Valle, Jonhi (Alberto Recarey, min.36), Diego, Isma (Diego, min.80), Mendieta (Fabián, min.46), Dani Cotelo, Jorge, Puente, Cristian, Iago (Eloy, min.75).
  • Goles: 0-1, min.20: Cristian aproveita un paseo atrás tras unha xogada por banda e varios rebotes; 0-2, min.24: Cristian tras un rexeite do porteiro; 1-2, min.75: Jorge de falta; 2-2, min.86: Dani tras un erro do meta local.

Empate con sabor a vitoria para uns e a derrota para outros. I é que o Ponteceso, mellor preparado física e tácticamente, viña de gañar no trofeo Ponteceso, e comandou o partido atao último cuarto de hora. Os de Mato se puxeron por diante con dous tantos de Cristian, logo de que o colexiado deixase en cartón amarelo unhas mans fóra da área do meta pontecesán.

Na segunda metade, máis com ímpetu que con bo xogo, o Corme acurrucou ao Ponteceso. Pero non foi ata o último cuarto de hora cando o Corme recurtou distancias por medio de Jorge, cunha boa falta rasa. Xa contra o final, nunha xogada aparentemente sen perigo, Guille non soubo que facer co balón e o entregou aos pés de Dani, que dende lonxe non o pensou e marcou o empate.

Baio - Cabana (3-3)

  • Baio: Poyo, Maikel, Pardo, Pablo, José Manuel (Iago, min.46), Fachal, Iván, Rafa, Valetín (Edgar, min.65), Bieito, Lucas (David, min.55).
  • Cabana: Sergio, Baliña, Dani Mato (Román, min.46), Manuel (Ismael, min.46), Mato, Pablo, Rubén Darío (Aless, min.70), Miki, Iván Mato (Cristian, min.75), Moreno, Estéfano.
  • Goles: 1-0, min.25: Valentín; 2-0, min.30: Lucas; 2-1, min.50: Rubén Darío; 2-2, min.53: Moreno; 2-3, min.75: Moreno; 3-3, min.95: Iago tras saque de esquina.

Espectacular partido no Platas Reinoso entre dous potentes equipos que de seguro estarán na parte da táboa ao remate desta curta liga. Nos primeiros 20 minutos o equipo cabanés mantivo un lixeiro dominio pero Iván Mato, Mato e Estéfano non acertaron ao gol. Quen si acertou foron os baieses, que se adiantaron no marcador, que pasaron a controlar o choque. A presión arriba dos locais provocou varios erros que acabaron co segundo gol local de Lucas.

Un cambio de sistema nos cabaneses meteunos arriba á saída dos vestiarios e en 10 minutos empataran o choque. Foi Moreno, a falta de 15 minutos quen completaba a remontada para os cabaneses tras varias boas paradas do meta local. E cando todo parecía que ía rematar cunha vitoria visitante, chegou a última e interminable xogada do partido. Tras un saque de esquina xa co tempo cumplido, un choque entre dous xogadores obrigou a parar o partido 5 minutos atendendo a varios xogadores. Á reanudación do partido, e tras un novo saque de esquina, o balón caeu nos pés dun dianteiro local que bateu a Sergio e anotou o agónico empate para o Baio.

Camariñas - Coristanco (2-0)

  • Camariñas: Álvaro, Yago (Mariño, min.40), Diango, Manuel, Bieito Villar, Gatusso, Saviola (Mauro, min.46), Javi (Juan Carlos, min.70), Martín (José Carlos, min.45), Yuyo e Nené.
  • Coristanco: Nacho, Corral, Martínez, Sergio (Cristian, min.46), Pichel, Gonzalo, Daniel, Brais, Naya, Adrián, Martín (Mosquera, min.75).
  • Goles: 1-0, min.35: Yuyo; 2-0, min.60: Bieito.

O Coristanco presentouse tan só 13 xogadores nada máis e pouca preparación, peto aínda así aguantou a primeira media hora, que foi moi igualada, con moitas imprecisións e donde ninguén conseguiu tomar o mando do encontro. Foi a partires do primeiro gol camariñán cando os locais comezaron a dominar e crear perigo merecendo claramente deixar os tres puntos na casa, xa que o Coristanco apenas se acercou a porteria defendida por Álvaro.

Zas - Muxía (Aprz.)

Aprazado pola tremenda Romaría da Virxe da Barca para o 8 de decembro.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios