Xuvenil Sur: A este Cee sáelle todo
Continúa igualada a o Grupo 3 da Liga Xuvenil trala disputa da 6ª xornada. Unha xornada que tiña a atención posta no Cee-Outes, entre dous equipos que contaban as 5 primeiros xornadas por vitorias. Pero é que aos de José Carlos sáelle todo, e tras un partidazo onde ambos equipos demostraron por que están aí arriba, a eficacia dos ceense decantou a balanza que acabou cunha goleada demasiado abultada.
Para a semana o Santa Comba será a pedra de toque para os de José Carlos, i é que os xalleiros e o Soneira chegan por detrás moi fortes, seguindo a boa liña do ano pasado.
Cee - Outes (5-1)
- Cee: Iván, José Ramón, Aitor, Iago (Isma, min.75), Tonecho (Martín, min.80), Tebo, Sergiño, Carlos (Jesús, min.80), Rubén, Chiru (Uri, min.65), Pablo (Iván, min.70).
- Outes: Jona, Rafa, Jurado, Juan (Chía, min.70), Alex, Babu (Pedrosa, min.59), Maduro (Pesi, min.84), Michi, Edu, Nime (Oliver, min.70) e Elías.
- Goles: 1-0, min.53: Tonecho; 2-0, min.55: Pablo; 2-1, min.64: Edu, ao rematar unha xogada persoal de Michi; 3-1, min.69: Carlos; 4-1, min.88: Tebo; 5-1, min.90: Sergiño cun golazo.
Demasiada renda para o Cee nun partido moi igualado. Foi un partidazo entre dous dos mellores equipos da categoría. O primeiro tempo estivo moi igualado, con 3 ou 4 ocasións para cada equipo pero acabou co empate a 0. Os puntas da Serra facían dano coa súa velocidade, pero a calidade dos ceenses foi determinante no segundo tempo, i é que fixeron un dos mellores partidos das últimas temporadas. O Outes acusou as grandes dimensións do terreo do San Pedro de Refoxos e non puideron presionar tan ben como na primeira metade. O terceiro gol de Carlos faltando algo máis de 20 minutos foi a sentencia, e o Cee aínda marcou dous tantos máis nas dúas ocasións das que dispuxo no treito final do choque.
Esteirana - Dumbría A (3-1)
- Esteirana: Matías (Adán, min.80), Diego, Abel, Meco, Pedro, Jacobo, Javi Paluca (Caramés, min.70), Agustín (Ángel, min.75), Bruno, Adrián, Pablo (Djamber, min.65).
- Dumbría A: Dito, Roi, Adrián, Blanco (Yeray, min.75), Jose (Samuel, min.65), Israel, Antón (Ramón, min.70), Martín, Rafa, Javi e Marco.
- Goles: 1-0, min.55: Bruno; 2-0, min.65: Bruno; 3-0, min.75: Agustín; 3-1, min.80: Rafa, de penalti.
- Expulsión: o esteirán Adrián tras un pique cun defensa dumbriés.
Primeira metade competida, con algunha ocasión máis para o cadro local pero no que os de Pablo Conde aguantaban e mesmo chegaban á meta de Matías.
Pero na segunda, víronse abaixo os dumbries tralo primeiro tanto local e sobre todo trala baixa de Blanco, renqueante durante varios minutos e que deixou a defensa visitante en cadro.
Muros - Soneira (1-7)
- Muros: Trozo (Domingos, min.35), Samuel, Moncho, Pacola, Iván, Alberto, Damián, Diego, Minos (Berberecho, min.35), Adrián, Javi de Vístete. Tamén xogaron: Iván, Sergio e Diego.
- Soneira: Juan, Suso, Curra, Pichón (Cristian, min.51), Héctor, Cristian de Carantoña (Toja, min.56), Ricardiño (Efraim, min.54), Cristian de Cereixo, Capote, Cachi e Pablo.
- Goles: 0-1, min.10: Capote; 0-2, min.15: Ricardiño; 0-3, min.30: Cristian de Carantoña; 0-4, min.55: Pablo; 0-5, min.60: Capote; 0-6, min.75: Cristian de Cereixo, de penalti; 1-6, min.80: Iván; 1-7, min.80: Adrián.
- Expulsión: O visitante Diego (min.77) por dobre cartón amarelo.
Partido sen historia entre un Soneira experimentado e un Muros que segue en proceso de formación. Na segunda mellorou o Muros, cos cambios-multa que fixo Nieto no primeiro tempo ante as protestas de varios dos xogadores máis veteranos do equipo, que no canto de dar exemplo aos seus novos compañeiros, facían desdenes innecesarios por moito que os resultados non acompañen.
Corcubión - Fisterra (0-0)
- Corcubión: Abe, Adrián, Toni, Pablo, Iván, Sergio, Lema, Jav i(David, min.59), Lagoa, Gabi (Adri, min.60), Manu.
- Fisterra: Ángel, Javi, Roberto, Noé, Coté, Rubén, Gabriel, Manuel (Suárez, min.75), Champi (Gonzalo, min.65), Bruno (Cartamil, min.90), C. Hidalgo.
Comezou o encontro movido entre os dous equipos veciños no que ós 5 minutos Manu tivo nas súas botas o gol local pero o porteiro Ángel fixo unha gran parada nun un para un. As defensas amosábanse serias e seguras permitindo pouco perigo nas dúas areas e demostrando a igualdade dos planteis. Ademais o Corcubión pedía un penalti que non foi asubiado nos primeiros compases. O partido seguiu con idas e voltas dos 2 equipos pero sen goles ata o descanso.
No comezo da segunda parte a tónica foi a mesma pero o xogo duro xa comezaba a ser unha realidade entre os dous equipos. Segundo foron pasando os minutos o Fisterra foi tomando o control do partido e creando ocasións de gol ata conseguir un tanto que non subiría ao marcador pois o arbitro acabou anulándoo nunha decisión protestada polos fisterráns.
Tamén os locais protestaron varias xogadas como un agarrón claro de Noé sobre Gabi no borde da área cando ía solo cara o porteiro que acabou con tarxeta amarela.
Partido igualado de principio a fin, que ambos conxuntos consideran relativamente xusto, pois ambos adestradores consideran que unha vitoria do seu equipo sería máis xusta.
Mazaricos - Santa Comba (2-3)
- Mazaricos: Rubén, Esteban, Fran Javier, Oreiro, Alberto (Carreira, min.65), José Ángel (Iván, min.70), Cristian (Mario, min.46), Ferreiro, Sandelo, Molinos.
- Santa Comba: Pablo, Alberto, César, Josito (Jordi, min.80), Landeira, Stiven (Fran, min.85), Dani, Miguel (Javito, min.70), Eloi (Gabriel, min.62), Marquiños e Iván.
- Goles: 1-0, min.10: Molinos; 1-1, min.25: Marquiños; 1-2, min.30: Alberto; 2-2, min.70: Sandelo; 2-3, min.85: Iván.
- Lesión: o mazaricán Cristian cun cóbado mancado.
Primeiro partido onde puideron con todos os xogadores os Brais e Kevin e primeiro partido onde o Mazaricos puido amosar o seu potencial. E prantou cara en todo momento a un Santa Comba forte. De feito, é posible que un empate sería máis xusto, pero entre o acerto dos dianteiros xalleiros e a axuda do porteiro mazaricán, os de Huelvis levaron os 3 puntos cun gol a falta de 5 minutos de Iván.
Máis información
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: Salvando o temporal.
- 2ª Autonómica: O Camariñas colle o relevo.
- Preferente: Derbi con consecuencias en Vimianzo.
- 1ª Autonómica: Os equipos coruñeses fan dano.
- Resultados da primeira fin de semana de temporal.
Máis novas
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora Jorge Domínguez e Roco.