Domingo. 14.07.2024
El tiempo

Xuvenil Sur: Comeza unha liga sen favoritos

Xuvenil Sur: Comeza unha liga sen favoritos
Pode que o Cee sexa o equipo que asoma a cabeza tras esta primeira xornada, pero parece que esta Liga Xuvenil Sur que acaba de empezar, vai ser tremendamente igualada. Os de José Carlos vencían con claridade a un completamente renovado Muros, onde Nieto ten aínda moito traballo. Fisterra e Santa Comba parecen chamados a estar arriba, e empataron nun encontro de poder a poder. Ademais o Soneira puxo claro que este ano tamén vai forte, e batiu cun Corcubión que tamén conta para estar na zona alta. Invitámosvos a participar con nós, enviándonos todo tipo de información e fotos dos encontros e poder así chegarmos a cada campo da Costa. Estamos en [email protected].

Outes - Dumbría (3-1)

  • OUTES: Jona, Jurado, Chua, Juan, Alex, Pipi, Michi (Babu, min.16), Pablo (Rubén, min.46), Sergi (Rafa, min.60), Elías (Abraham, min.70) e Edu.
  • DUMBRÍA: Aitor, Rafa (Blanco, minuto 65), Roi, Adrián Ozón (Rubén, minuto 75), Samuel, Israel (Antón, minuto 78), Damián, Martín (Charly, minuto 80), Javi, Jose Pérez e Marco.
  • Goles: 1-0, min.18: Edu; 2-0, min.51: Elías; 3-0, min.75: Jurado; 3-1, min.88:
  • Lesión: Michi, cun nocello inchado tivo que ir ao hospital.
Foi un partido máis igualado do que indica o marcador, pero claves foron os dianteiros locais, Edu e Elías, que fixeron moito dano na nova defensa dumbriesa. E iso que a lesión de Michi, recuperado tralo seu paso polo Noia, trastocou os plans dos de Manu Roque e Tomé, que non puideron desplegar o xogo que desexaron. Ademais a baixa de Piqui, que marchou para o Negreira, xa entrenando algún día co equipo de 3ª División, fai que aínda quede moito traballo por facer para seguir a liña marcada polo primeiro equipo. Os dumbrieses nunca deron o encontro por perdido, e ao final achucharon bastante. Conseguiron recurtar pero o empate quedou lonxe. Así e todo, o marcador non reflicte a igualdade vivida no terreo de xogo.

Mazaricos - Esteirana (1-0)

  • MAZARICOS: Rubén, Mipadre (Carreira, min.75), Esteban, Javier, Carballo, Alberto (José Ángel, min.55), Oreiro, Cristian (José, min.80), Sandelo, Mario (Álex, min.70), Molinos.
  • ESTEIRANA: Carrilo, Pedro, Abel, Eloi, Meco, Paluca, Jacobo, Ruso (Bruno, min.75), Agustín, David (Liunberg, min.80), Adrián.
  • Gol: 1-0, min.88: Oreiro.
Partido igualadísimo na Pedra do Ouro, no que a brega e a loita foron as protagonistas, ademais de xogarse máis a arreóns que co balón raseado. Houbo ademais, ocasións para ambos equipos, enviando o equipo esteirán un par de balóns á madeira. Por parte local marraron tamén Oreiro, Sandelo e Molinos ocasións clarísimas. Non foi ata faltando 2 minutos cando Oreiro fixo o gol local que desestabilizou a balanza.

Santa Comba - Fisterra (3-3)

  • SANTA COMBA: Gabriel, Josito (Iván, min.46), Alberto, César, Miguel (Gabri, min.65), Diego, Dani Matínez, Estiven, Javito, Eloi, Marquiños.
  • FISTERRA: Ángel, Noé, Javi, Roberto, Gonzalo, Cote, C. Hidalgo, Gabriel, Bruno (José Manuel, min.60), Champi (Rubén, min.65), Cristian (Suárez, min.55).
  • Goles: 0-1, min.7: Cote tras un rexeite no longueiro; 1-1, min.25: Marquiños de vaselna; 1-2, min.30: Cristian tras un balón en longo; 1-3, min.60: Champi cun golazo de falta; 2-3, min.80: Marquiños tras un penalti dubidoso tras para parar Ángel o porteiro; 3-3, min.84: Dani Martínez dende 30 metros.
Partido de arriba abaixo entre dous dos equipos chamados a estar arriba. Comezaba mellor o Fisterra, adiándose ben pronto e aproveitando despois os ocos que tivo que abrir o equipo de Huelvis. Os xalleiros arrearon e acadaron o empate, pero Cristian puxo de novo aos fisterráns por diante. No segundo tempo, comezou moito mellor o Fisterra e pronto conseguiron o 1-3. A partir de aí foron 20 minutos no que estaba máis cerca o 1-4 que o 2-3. Pero o Santa Comba, a través dos cambios, de meterlle gañas, e aproveitando a relaxación fisterrá, e coa axuda do discutido penalti sinalado por unha "plantilla" do meta fisterrán (penalti para uns e libre indirecto para outros) acadou o empate en 4 minutos contra o final. Os de Roco, Roa e Guardiola quedaron con cara de tontos, e os xalleiros contentos polo resultado final.

Cee - Muros (6-0)

  • CEE: Iván, José Ramón, Tonecho, Aitor, Martín, Rubén, Sergio, Cibrán, Chiru, Carlos, Pablo. Tamén xogaron: Uri, Michi, Kevin, Estebo.
  • MUROS: Trozo, Marcos, Diego, Iván, Javi, Minos, Alberto, Juan, Moncho, Adrián, Pacola. Tamén xogaron: Iván II, Sergio, Cristian, Santi Berberecho.
  • Goles: 1-0, min.20: Jose Ramón; 2-0, min.25: Chiru; 3-0, min.35: Chiru; 4-0, min.50: Uri; 5-0, min.60: Uri de penalti; 6-0, min.80: José Ramón.
Gran partido dos de Jose Carlos, con José Ramón, Chiru e Uri como bigoleadores. O Muros aguantou 20 minutos, pero o potencial na liña de tres cuartos dos Chiru na media punta, Carlos pola banda esquerda, e Pablo pola banda dereita, superou a defensa adiantada dos visitantes. "Este ano toca sufrir", recoñece o novo adestrador muradán, o coñecido Nieto. I é que moitos son novos futbolistas, pero as gañas coas que chegan fan que o proxecto deste Muros xuvenil sexa ilusionante. O primeiro escollo, foi demasiado difícil de superar.

Soneira - Corcubión (4-1)

  • SONEIRA: Víctor (Juan José, min.52), Cesar (Rubén Castro, min.55), Marcos (Alberto, min.66), Sergio, Héctor, Rubén Toja, Cristian Figueroa (Jesús, min.77), Cristian Canosa, Luis Miguel, Javier, Ricardo (Francisco, min.79).
  • CORCUBIÓN: Abe, Adrián, Pablo, Sergio, Toni, Gabi, Javi, Lema, Adri (Kike, min.59), Manu (David, min.61), Iván Lagoa (Mario, min.71)
  • Goles: 0-1, min.20: Manu; 1-1, min.31: Cristian Canosa; 2-1, min.33: Cristian Canosa, de penalti; 3-1, min.38: Ricardo ; 4-1 min.61: Luis Miguel
Comezou a liga e os 2 equipos quixeron demostrar o seu poderío nesta liga. O partido comezou cun ida e volta pero o Corcubión era o que levaba a iniciativa. No min.17 tivo unha boa ocasión nunha falta botada a barreira pero a contra , Pablo nun roubo de balón comete falta e veu o cartón amarelo. Poucos minutos despois chegaría o gol visitante tras unha xogada embarullada na área que sae para o borde e Gabi mete un centro o segundo pau que remata Manu de volea. Dispuxo máis ocasións de marcar o Corcubión mesmo cun tiro o longueiro de Lagoa. Pero no min.31 Cristian Canosa tras un bo desmarque e no min.33 tras un penalti discutido, conseguiu a remontada para o seu equipo en tan só 2 min. Un balón en longo do porteiro, moi perigosos durante todo o partido, foi aproveitado por Ricardo que, tras uns erros na defensa visitante, queda so contra o porteiro e marca o 3-1 no min.38. Antes de chegar ao descanso o Corcubión reclamou que sendos remates de cabeza foron despexados dende dentro da portería pero o marcador non se moveu. Tralo descanso viuse a un Soneira ben colocado no campo e a un Corcubión impotente ao que os erros en defensa fixeronlle pagar caro o partido. O Corcubión intentabao con centros cara a portería pero os balón en longo creaban moito perigo por parte do Soneira cos seus homes rápidos arriba en un rexeite dun corner, Luis Miguel no 16 da segunda metade fixo o definitivo 4-1 co que deixaba o partido sentenciado e a espera de que o colexiado pitase o final do encontro. Bo equipo o do Soneira dende a dirección de Ana Mouzo e Daniel pero non como o demostrado o ano pasado e o Corcubión,que mantén o bloque que os fixo quedar terceiros a tempada anteriror, necesita mellorar nos aspectos defensivos se quere pelexar por entrar na fase de ascenso.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios