Xuvenil Sur: Ferve a loita pola cuarta praza
Faltan só 4 xornada para o final da tempada (efectivamente a partida Liga Xuvenil é así de curta e a Xuvenil Norte tamén chega ao seu treito final) e o Cee rubricou a súa presencia na fase de ascenso e parece que non vai ter rival para levar o título pois aínda non coñece a derrota.
De feito, os ceenses medirán as súas forzas este venres ás 17:00h ante o Compostela da Liga Galega, tralos encontros das ligas infantís do cadro ceense.
Por detrás, do Cee chega o Fisterra, que non puido vencer á Esteirana, e aínda non pode estar tranquilo. Pois a loita por entrar entre os 4 primeiros está densa. O Outes é 3º 2 puntos por debaixo do Fisterra e con outros 2 de vantaxe sobre Santa Comba e Soneira. Ademais, o Corcubión chega forte nas últimas xornadas (vencía de feito esta semana ao Santa Comba) e sitúase a 6 puntos de ambos conxuntos.
Corcubión - Santa Comba (4-1)
- CORCUBIÓN: Abe, Adrián ,Toni, Iván, Pablo, Lema, Javi, Sergio (Mario, min.82), Iván Lagoa (Gabi, min.79), David, Adrián, (Martín, min.72).
- SANTA COMBA: Iván, J. Manuel Suarez, J.Manuel Pazos, César, Alberto, Daniel, Francisco (Ricardo, min.46), Diego, Stiven, Iván, Jordi (Marcos, min.83).
- Goles: 1-0, min.14: Lema; 1-1, min.16: Stiven; 2-1, min.40: Lema; 3-1, min.44: Lema; 4-1, min.73: Martín.
Comezou dominando o Corcubión que aos 14 minutos nun centro dende a banda de Sergio e rematado por Lema de cabeza ante o porteiro. Pouco lle durou a alegría ao Corcubión, xa que tras un claro penalti de Toni, Stiven marcou para o Santa Comba. Pero a falta duns minutos para o final da primeira parte, Lema volveu poñer por diante aos de Alfonso con dous tantos seguidos tras pases de David ás costas dos defensas.
Tralo descanso, o árbitro quentou algo o encontro deixando algo de xogo duro que foi protestado por ambos conxuntos, o que lles costou cartóns amarelos por protestar.
Na segunda metade reserváronse un pouco os dous conxuntos debido ao cansancio. Houbo outro gol pero xa no minuto 73 de Martín nada máis entrar despois dunhas paredes entre varios xogadores.
Esteirana - Fisterra (3-3)
- ESTEIRANA: Matías, Meco, Suquer, Codesido, Racha, Eloy, O Ruso (Adrián, min.30), Jacobo, Canario (Djumber, min.46), David, Bruno.
- FISTERRA: Ángel, Miguel (Gonzalo, min.67), Javi, Noé, Rubén, Cristian (Cartamil, min.77), Gabriel (Juanfran, min.83), Champi, Manuel, Hidalgo, Bruno.
- Goles: 1-0: Jacobo; 2-0: en propia meta; 2-1: Cristian; 2-2: Champi; 2-3: Manuel; 3-3: David.
Partido bonito que demostra que a Esteirana segue na boa liña. Non puideron os fisterrçans, 2º clasificados cos de Diego, nun partido de ida e volta con alternativas no marcador e no xogo.
Saíu durmido o Fisterra ao Xosé Vara Oliveira e de contado o cadro local se puña 2-0. Co segundo espertaron os de Roco e remontou o partido. Pero o baixón físico dos fisterrán foi clave para que a Esteirana volvera empatar por medio de David. Aínda os locais tiveron ata 3 boas ocasións para levar os 3 puntos.
Mazaricos - Outes (1-4)
- MAZARICOS: Rubén, Fran, Oreiro, Javier, Mipadre, Alberto, Ferreiro, Sandelo, Carreira, Mario (Iván, min.60), Alex (José, min.80).
- OUTES: Jona, Jurado (Piti, min75), Rafa, Pedrosa (Juanma, min.77), Alex, Chía, Babo (Maduro, min.46), Sergi, Elías, Pablo (Michi, min.46), Abraham (Edu, min.62).
- Goles: 0-1, min.8: Abraham tras un balón peinado de Sergi a un saque de Jona; 0-2, min.34: Alex tras un córner de Babo que case entra que bate no poste; 0-3, min.64: Elías nun man a man tras un pase de Michi; 0-4, min.79: Edu; 1-4, min.90: Iván.
Controlou o Outes os primeiros 20 minutos nos que se puxo por diante por medio de Abraham. O Mazaricos reaccionou e levou o mando no último tercio do primeiro tempo, e sen embargo foi Alex o que ampliou a vantaxe para os visitantes. Co 0-2, Mario fallou un penalti para o Mazaricos, deixando patente a perda de pólvora arriba dos de Brais e Kevin coa baixa de Molinos, e á volta do descanso os da Serra sentenciaron.
Muros - Dumbría A (3-3)
- MUROS: Domingos, Santi de Pura, Juan, Javi de Vístete, Iván Malaca, Alberto, Pacola, Moncho, Marcos, Santi Berberecho, Adrián (Minos, min.30). Tamén xogaron Damián, Iván, Sergio, Samuel.
- DUMBRÍA A: Aitor, Samuel, Dito, Adrián Ozón, Blanco, Antón, Javier, Martín, Rafa, Israel e Marco. Tamén xogou Rubén.
- Goles: 0-1, min.15: Rafa; 0-1, min.30: Javi de Vístete tras un centro de Pacola; 2-1, min.35: Malaca de cabeza; 2-2, min,55: Israel; 2-3, min.70: Rafa; 3-3, min.90: Malaca tras outro córner.
- Expulsión: Minos por insultar a un contrario, ao público e ao colexiado.
Primeiro puntiño colleitado por este noviño Muros que os xogadores de Nieto celebraron coma un premio. E iso que o adestrador muradán tivo que seguir lidiando con varias faltas de disciplina dalgún dos seus rapaces.
No deportivo foi un partido de constantes alertantivas constantes, moi entretido dentro do nivel dos dous últimos clasificados. Tanto un coma outro mereceron máis e demostraron que para o ano terán equipos mási competentes.
Cee - Soneira (3-0)
- CEE: Iván, José Ramón (Isma Trinidad, min.75), Iago (Martín, min.60), Aitor, Tonecho, Rubén Tebo, Carlos (Lamela, min.70), Uri (Brais, min.75), Chiru (Cibrán, min.65), Pablo.
- SONEIRA: Vinca, Rubén, Pichón, Héctor, Curra (Toja, min,60), Cachirulo, Canosa, Figueroa (Borja, min.46), Capote, Ricardiño, Pichachu (Efrein, min.60).
- Goles: 1-0, min.10: Carlos; 2-0, min.25: Chiru cun cabezazo impresionante a un bo centro de Carlos; 3-0, min.60: Chiru en xogada persoal.
- Lesión: o meta soneirán Víctor no quecemento.
Partido de guante branco no que o Soneira non lle prantou tanta resistencia como se agardaba a este fortísimo Cee de José Carlos. O Cee certifica así a presencia na liguiña.
Destacar que o colexiado chegou cunha hora de retraso, e ao final tivo que vir un árbitro da zona.
Máis información
Crónicas da semana
- Xuvenil Norte: A loita é pola cuarta.
- 3ª Autonómica: Fin de ano para unha liga máis que apretada.
- 2ª Autonómica: Peche quente de ano.
- Preferente: Boas sensacións para rematar o ano.
- 1ª Autonómica: Da necesidade dun parón.
- Resultados da última xornada do ano 2011.
Máis novas
- O Barsa de Preferente xoga de laranxa.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co colexiado Marcos Ordóñez.
- A Copa do Mundo na fin do mundo.
- A Bitacora da Semana: O blog da Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora Jorge Domínguez e Roberto Martínez.