Luns. 06.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Fin de ano para unha liga máis que apretada

3ª Autonómica: Fin de ano para unha liga máis que apretada

O Cabana remata o ano de líderes tras unha primeira moi boa en canto a puntos. Os de Pablo Mallón tiveron a última pedra de toque do 2011 ante un Montelouro que estivo líder moitas xornadas, pero que no último treito de partido baixou o ritmo. Así e todo os loureáns manteñen unha 5ª praza.

Queda o Carnota de 2º tras vencer ao Alcaián, sufrindo máis da conta, e adicando a vitoria ao finado Bautista Martínez, ex presidente do clube. Os carnotáns aproveitaron os tropezos do Outes e Coristanco en Laxe e en Cee ante o Pereiriña, pero aínda sacan 4 puntos ao Montelouro e 6 ao grupo que loita por esa 6ª praza, no que seguen Cerqueda, Volantes, o propio Laxe, o Porteño e ata o Fisterra B.

Cabana - Montelouro (1-0)

  • CABANA: Añón, Pancho, David, Marcos, Eloy García, Eloy Pereira (Diego, min.60), Darío (Adrián, min.33), Sandro, Josiño (Fernando, min.84), Fran Martuxa (Jacobo, min.89), Nando (Rubén Rama, min.92).
  • MONTELOURO: Isma, Juan, García, Chema, Pablo, Fernando, Dani (Geico, min.65), Raúl (Rico, min.55), Pesco, Chumi, Edu (Denís, min.75).
  • Gol: 1-0, min.35: Josiño.

O partido da semana entre dous dos de arriba, e que remata cun Cabana máis líder. O Montelouro de Canelo, que chegaba con baixas atrás, respondeu en todo momento. A primeira metade estivo bastante igualada, con control local e boas sensacións, e mesmo con varias ocasións de Pereira e outra de Josiño que puideron ampliar a vantaxe.
Tamén pola banda muradán un gol anulado a Pesco tras un despexe de Añón, mentres que os muradáns pedían penalti a Dani na mesma xogada.

A segunda estivo máis igualada, pero o Montelouro foi collendo o control do partido, pero sen chegar con demasiado perigo, máis alá de varios balóns aéreos aos que respondeu a férrea defensa cabanesa.

En resumo, vitoria xusta para Pablo Mallón, non tanto para os loureáns, que viron un encontro moi igualado no que un empate podería ser o máis axeitado.

Camelle - Cerqueda (2-3)

  • CAMELLE: Carlos, Adrián, Carlos de Dido, Mauri, Cristian (Juanjo, min.45), Buri (Álvaro Pantera, min.60), Valiña, Tedín, Sergio (Alberto, min.80), Mario e Barreiro.
  • CERQUEDA: Rubén, Javi Pazos, Juan, Javi, Nión, Cane, Sante, Maikol, Lorenzo, Dani Añón (Juanjo, min.55), Manu.
  • Goles: 0-1, min.5: Lorenzo; 0-2, min.15: Dani de penalti; 1-2, min.21: Sergio, 1-3, min.31: Lorenzo; 2-3, min.75: Mario.
  • Expulsión: O meta visitante Rubén no min.24.

Aproveitou os erros do Camelle o cadro cerquedán para levar 3 puntos antes de Nadal, nun encontro disputado e con alternativas. Meteuse por diante o Cerqueda tras dous erros da débil defensa camellá. Pero respondeu de contando o cadro local ante unha afección volcada. Sergio recurtaba e no min.24 chegaba a xogada máis importante do partido. O meta Rubén foi expulsado por facer un claro penalti pero o cadro local marrou dende os 11 metros deixando vivo ao Cerqueda. Ago que pagaría pois apenas 5 minutos despois Lorenzo facía o 3º para os visitantes poñendo terra por medio.

Na segunda metade, o Camelle despregou o seu mellor xogo, pero non puideron remontar ante un Cerqueda con 10 pero moi serio.

Carnota - Alcaián (2-1)

  • CARNOTA: Peipo, Pedro, Pumuki, Manolo Chouza, Jacobo, Rodrigo, Tono Goyanes (David Castreje, min.65), Borja Santos, Joselu, Manoliño (Raúl, min.70), Manuel Luís.
  • ALCAIÁN: Rizos, Pombo, Luisito, Rubén, Souto, Pichel, Pío, Portillo, Tote, Daviciño, Roberto.
  • Goles: 1-0, min.78: Jacobo; 1-1, min.90: Roberto tras un saque de porteiro que peinou un dianteiro visitante; 2-1, min.94: Joselu.

Outro dos partidos da semana que deixa ao Carnota de Cambeiro 2º na táboa. E iso que tardou en abrir a lata e logo asinou o gol da vitoria pasados 4 dos 90 regulamentarios. O Carnota dominou o partido por completo, cun Alcaián agazapado, pero os de Cambeiro tardaron ata que faltaban 12 minutos en abrir o marcador. O Alcaián marcaba o empate xa co tempo cumplido, na oportunidade que tiveron practicamente, pero non lles chegou pois cando cantaban o empatiño, Joselu facía o 2-1 definitivo.

Atl. Pereiriña - Coristanco (1-1)

  • ATL. PEREIRIÑA: Adrián, Morcillo, Javichu, Mario, Paulino, Álvaro Fiuza, Poki, Néstor, Rafa, Víctor, Grille (Simón, min.55).
  • CORISTANCO: Pombo, Arantón, Iván (Pichel, min.65), Germán, Marcos, Castro (Gonzalo, min.60), Carlos, Benítez, Mallón, Luís, Sergio.
  • Goles: 1-0, min.20: Víctor Presi de cabeza tras unha boa xogada combinativa netre Rafa e Néstor; 1-1, min.60: Benítez tras un erro do meta local.

Partido bonito con alternativas e ocasións para os dous bandos, no que o Coristanco tivo as mellores opcións para levar os 3 puntos, pero no que a falta de Toniño arriba fixo que a pólvora estivese algo mollada. Foi Adrián o mellor do Pereiriña desbaratando boas ocasións do Coristanco como 2 mans a mans que resolveu o meta local. Por banda ceense tivo Víctor Presi, Rafa e Néstor tiveron tamén as súas oportunidades con tiros dende fóra.

O Coristanco acandou empate a cuarto de hora da segunda, e partir de aí o Pereiriña, moi serio e coordenada en defensa, tivo un lixeiro control do partido, pero o Coristanco puido levar os 3 puntos.

Xaviña - Corcoesto (2-1)

  • XAVIÑA: Pablo, Jallejo, Juan, Sergio Esnaqui, Maikel, Caamaño, Búa, Frutos, Elvis, Juan, Martín. Tamén xogaron Peque, Alberto, Saviola.
  • CORCOESTO: Siro, Germán, Pablo, Manuel, Lista, Uruguaio, Longo, Couto, Miguel.
  • Goles: 1-0, min.25: Elvis; 1-1, min.40: Longo cun golazo de volea dende 4 metros; 2-1, min.41: Búa.

O Corcoesto prantouse con 9 no campo do Hermanas Patiño e aínda así a piques estivo de levar algo positivo e o Xaviña acabou pedindo a hora. Marcou pronto o Xaviña, empatou o Corcoesto tras avisar con ata 3 mans a mans de Miguel que solventou Pablo. Pero o Xaviña marcaba sen tempo a deixarlle disfrutar do gol visitante e puña de novo aos locais por diante.

Na segunda baixou o ritmo o Xaviña e o Corcoesto, con 9 (das 18 fichas hai 9 lesionados no cadro cabanés) apretou. O partido tivo que ser parado uns minutos por mor dunha pequena tangana tras unha entrada fea, pero continuou sen máis problemas.

Lira - Porteño (0-4)

  • LIRA: Migueliño, Pelexo, Fran (Miche, min.45), Edu (Santi, min.65), Jose, Suso Patachín (Iago, min,2), Yerai, Álvaro (Fran Pasiños, min.45), Gabri, Ancho (Óscar min.60) e Fran Perico.
  • PORTEÑO: Jimmy, Pejo, Brais, Asier, Maikol, Ismael, Cousillas (Iaguito, min.75), Brais Grela (Pablo de Santa Cristiña, min.62), Alex Camián, Jorge (Gabi, min.36), Varela (Tajes, min.65).
  • Goles: 0-1, min.2: Pejo; 0-2, min.36: Alex Camián de penalti; 0-3, min.60: Brais Grela a pase de Gabi; 0-4, min.85: Alex Camián nunha xogada persoal.
  • Lesión: O porterio Asiel cun dedo escaiolado no quecemento; Jorge saíu mancado nun nocello tras unha entrada.

Partido igualado que estivo profundamente marcado pola falta de concentracion dos locais no inicio e final das duas metades e pola nefasta actuacion arbitral que deixou descontento a ambolos equipos anque non influiu para nada nas xogadas destacadas. Na primeira xogada de partido nun saque de banda nun erro de colocación deixouse controlar o balon no vertice da area e cun tiro cruzado os de ponte do porto xa se puxeron por diante. A partires de aí moito mediocampismo destacando dúas ocasions dos locais unha que cando se coaba o balón dentro a tiro de fran perico e pegou no ancho na area pequena e outro tiro de Ancho que saeu fora por pouco. E tal coma toda a tempada para os locais no min. 45 fixeron un penalti cando xa encaraba porteria o dianteiro visitante.

Na segunda, máis do mesmo, malia que xa se notou máis o baixón físico de ámbolos equipos, metendo o 0-3 nunha xogada por banda. Destacaría un remate dende fóra da área de Fran Perico que parou o porteiro visitante e outra dos de Ponte do Porto igual o terceiro gol e o cuarto gol.

Muxía - Volantes (1-3)

  • MUXÍA: Angel Luís (José Antonio, min.80), Carrera (José Manuel, min.54), Martinciño, Currás, Pataca, Julián, Angel do Claudio, Gerardo, Raúl (Felipe, min.80), Miko (Juan, min.56), Ramón (Albertiño, min.53)
  • VOLANTES: Bole, Fran, Josiño, Juan, Paky (Pardelo, min.80), Ramón (Javi, min.60), Nimo, Brais, Edu (Ivi, min.65), Piti, Seluco.
  • Goles: 0-1, min.17: Brais tras un córner dende a frontal coa axuda dun defensa; 0-2, min.47: Paky tras unha falta lateral de Seluco; 1-2, min.62: Pataca de penalti; 1-3, min.80: Ivi tras unha xogada de Piti e Seluco.
  • Expulsións: Gerardo e Currás do Muxía e ao muradán Javi.

Partido bastante feo, dominado polo Volantes, sen demasiadas ocasións e cunha afección moi esixente. Comezaba a segunda marcando o Volantes. Xa contra o final, tras un par de entradas feas, houbo bronca na bancada, pero non foi a máis. O colexiado tivo que parar o partido tras permitir un xogo demasiado duro e de contando se calmaron os ánimos. Un gol anulado ao Muxía sacou de quicio á afección.

Laxe - Outes (1-0)

  • LAXE: Diego, Lope, Antonio, Óscar, Aarón, Jacinto (RUbén,min.70), Iván Ventura (Iván, min.55), Rellán, Manuel, Martín Rivera, Samuel.
  • OUTES: Gato, Martín (Damián, min.78), Lago, Chúa, Arturo, David, Saúl (álvaro, min.55), Quin (Fernando, min.73), Deivi, Pesco, Potro (Fabio, min.70).
  • Goles: 1-0, min.79: Martín Rivera.
  • Expulsión: un xogador laxense Rellán no min.80.

Sacou 3 puntazos o Laxe ante un Outes que sen facer un gran partido puido sacar algo máis. Deixou vivir o Outes ao Laxe e ao final pagouno. Chúa fallou a portería baleira tras un fallo do porteiro e noutra xogada que Pesco manda ao pao, Chúa volve fallar a portería baleira. Gato tamén tivo que esforzarse nunha xogada do Laxe. Un Laxe máis bronco pero moi firme, moi entregado e moi forte que sacou o partido a base de entrega.

Unha vez que marcou o Laxe case rematou o partido, e só un par de posibles penaltis para o Outes e un para o Laxe que non pitou o colexiado.

Fisterra B - Independiente (0-3)

  • FISTERRA B: David, Juanjete (Eloy), Dani (Diego), Cote, Jorge, Eddy, Marco, Dudo (Gabi), Pirri, Insua, Carlos (Cote Xuv.).
  • INDEPENDIENTE: Upi, Rafa (Gustavo), Jorge, Jonhatan, Toni, Scott (Efrén), Cholo, Dani Rosalía, Sande, Ivi (Brais), Juny.
  • Goles: 0-1, min.15: Yuni de cabeza; 0-2, min.55: Jorge de volea ao borde da área; 0-3, min.85: Yuni de cabeza.
  • Expulsión: o porteiro fisterrán David no min.60.

Saiu mal o partido do filial fisterrán, algo pouco habitual en Ara Solis onde os de Borrasca soen ofrecer a súa mellor cara. Saíron relaxados os locais e os carballeses aproveitaron para poñerse con 0-2 por medio de Yuni. E o Fisterra B nunca colleu o ritmo de partido e malia tocar e tocar bastante ben o balón se acabaron deixando levar ata o final do encontro, no que o Independiente, que sen facer demasiado, ben prantado atrás, puido facer unha goleada maior á contra..

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios