Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Xuvenil Sur: Pensando na seguinte Fase e na Copa

Xuvenil Sur: Pensando na seguinte Fase e na Copa

Unha vez vista os calendarios completos da Liguilla de ascenso e da Copa da Costa xuvenil, analizamos a derradeira xornada da Liga regular de xuvenís da Costa.
Pero seguimos preguntándonos unha cousa. Por que seguimos sen termos unha Liga Xuvenil de 20 equipos? Por que non protestan os equipos da Costa conxuntamente para conseguir unhas competicións normais?

E indo xa ao puramente deportivo, pola Liga Sur non había nada en xogo nesta última xornada da Xuvenil Sur. Só a confirmación de que o Cee remataría imbatido, e sufríu a gota gorda para superar ao Dumbría B, pero asina unha temporada exemplar con 16 vitorias e 2 empates, con 67 goles a favor e 10 en contra.

Santa Comba, Soneira e Corcubión (ante a renuncia do Fisterra e mais do Outes) acompañarán aos ceenses na seguinte fase polo ascenso á Liga Galega.

Corcubión - Esteirana (5-1)

  • CORCUBIÓN: Abe, Adrian, Chema (Manu min.53), Pablo, Lema, Javi (Mario min.73), Sergio, Gabi (Iago min.79), David, Adri (Martín min.67).
  • ESTEIRANA: Matias, Agustín, Abel (Pedro min.65), Alberto, Eloy, Pablo (Javier min.80), Agustín, Jacobo, Daniel, Bruno, Adrián (Anda min.72)
  • Goles: 1-0, min.1: Lema; 2-0, min.26: Adri; 2-1, min.44: Adrián; 3-1, min.68: Manu de penalti; 4-1, min.72: Javi a pase de Manu; 5-1, min.80: David de falta.

Na primeira ocasión do encontro, Lema marca desde a frontal . Comezou moi forte o Corcubión con varias ocasións de perigo, como unha dobre ocasión de Adri os 10 minutos, e tamén algunha de perigo de Adrián para o Esteiro e unha de Lema que era gol cantado pero que atalla o porteiro. Pero no minuto 26 Adri tras un pase de lama a espalda da defensa marca o 2-0. No 45 unha falta botada por Adrián puxo o 2-1 para o Esteiro xusto antes do descanso.

Na segunda parte seguiron as ocasións para o Corcubión que en 4 minutos entre o 23 e o 27 metería o 3-1 de penalty sobre Manu transformado por Lema, o 4-1 de Javi tras un pase atras de Manu e o 5-1 definitivo de David de falta.

O Corcubión acaba 6º pero acudirá a liga para a fase de ascenso trala renuncia do Fisterra e do Outes.

Mazaricos - Muros (9-1)

  • MAZARICOS: Iván, Fran, Javier (Rubén, min.80), Carballo, Mipadre (Mario, min.50), José Ángel, Ferreiro, Sandelo, José (Alberto, min.50), Carreira (Oreiro, min.25), Molinos.
  • MUROS: Domingos, Santi de Pura, Malaca, Diego, Marcos, Adrián, Javi Pacola, Alberto, Sergio, Santi Berberecho, Javi Vístete. Tamén xogaron: Iván e Damián.
  • Goles: 1-0, min.8: Molinos; 2-0, min.14: Carreira; 3-0, min.25: Oreiro; 4-0, min.30: Sandelo; 4-1, min.35: Javi Pacola; 5-1, min.40: Oreiro; 6-1, min.60: Molinos; 7-1: min.63: Molinos; 8-1, min.80: Sandelo; 9-1, min.85: Oreiro.
  • Expulsión: o mazaricán Adrián.
  • Lesións: Os mazaricáns Javier nunha boneca, e Carreira nun xeonllo.

Demasiada tensión para un partido sen cor. Pouca resistencia ofreceu desta volta o Muros, que xa aos 15 minutos caía por 2-0 e ao descanso marchaba con 5 no peto. Os mazaricáns non tiveron piedade dos de Nieto e se empregaron con total intensidade e mesmo agresividade a pesar da goleada, segundo os muradáns. A tensión era tal que xusto ao final do partido houbo algunha liorta entre os xogadores, e de feito o colexiado sinalou o final antes do partido.

Outes - Fisterra (3-1)

  • OUTES: Jona, Mosto (Chía, min.46), Alex, Pedrosa (Juan, min.80), Sergio, Rubén (Rafa, min.46), Babu (Pablo, min.63), Piti, Elías, Edu e Abraham (Jurado, min.46)
  • FISTERRA: Crivi, Roberto, Cartamil, Rubén, Gonzalo, C. Hidalgo, Champi, Bruno, Manuel, Cristian, Javi. Tamén xogaron: José Manuel, Iski, MIguel.
  • Goles: 0-1, min.1: Bruno; 1-1, min.50: Babu; 2-1, min.69: Edu; 3-1, min.78: Jurado.

Partido estrano entre dous equipos que non se inscriben na Liguilla Previa á Fase de Ascenso pero si na Copa. O Outes levou a batuta e os 3 puntos.

Ademais, a directiva da S.D. Fisterra quere comunicar que tivo a ben concederlle a carta de libertad a Jose Carlos Santos Dominguez, Cote, para que poda fichar polos xuvenis de division de honor do C.D.Conxo.

Soneira - Santa Comba (0-2)

  • SONEIRA: Víctor (Juan, min.46), Rubén, Pichón, Héctor, Cachi, Cristian de Cereixo (Ricardiño, min.46), Toja, Borjita, Picachu (Anthony Cadete, min.46), Capote e Efrein (Roberto, min.46).
  • SANTA COMBA: Couto, Josito, Slberto, Dani Martínez, Cristian (Marcos Alvárez, min.75), Stiven, Miguel, Landeira (Luís, min.65), Jordi (Fran, min.77) e Iván.
  • Goles: 0-1, min.25: César; 0-2, min.55: Stiven.

Coa clasificación asegurada para a seguinte rolda fixo que este último partido de liga fose un pouco descaifenado. A vitoria dos xalleiros permíteselle quedar de terceiro en detrimento dos soneiráns.

A primeira metade foi bastante equilibrada, os visitantes marcaron por medio de César ao aproveitar un barullo na área e logo non pasaron demasiados apuros en defensa. Na segunda metade, unha boa xogada individual de Iván acabou co gol de Stiven ao pouco de comezar, iso relaxou un pouco aos de Santa Comba que pasaron a ser achuchados polos locais que non atoparían porta.

Cee - Dumbría A (3-2)

  • CEE: Iván, José Ramón, Isma, Tonecho (Abraham), Martín, Cibrán, Chiru, Rubén, Carlos, Uri (Pablo), Michi (Brais).
  • DUMBRÍA A: Chupi, Juanma, Samuel, Adrián Ozón, Jose, Martín, Blanco, Marco, Rafa, Israel e Javi. Tamen xogaron Damián, Antón e Rubén.
  • Goles: 1-0: Uri; 0-1: Javi; 1-2 Rafa; 2-2: Brais de penalti; 3-2: Uri de penalti.

Con moitas baixas presentábase o Cee e sufríu moitísimo para superar ao Dumbría A, ata o punto de que foi por detrás no marcador durante moitos minutos e foi o cadro dumbriés o que máis dominou o partido e máis ocasións creou. Ademais, os ceenses tiveron sorte cas decisións arbitrais, pois o colexiado sinalou dúas penas máximas que segundo denuncian os dumbrieses, alomenos unha foi moi dubidosa.

Os de Jose Carlos tiraron de arrestos para darlle a volta ao marcador nos últimos minutos e así poder pechar un curso exemplar.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios