xoves. 01.05.2025
El tiempo

Xuvenís: O Fisterra, a un paso da Fase

Xuvenís: O Fisterra, a un paso da Fase
Fisterra xuvenil no Pinguel Un equipo do Fisterra xuvenil

Este vindeiro mediodía do sábado, o Fisterra pode certificar o seu pase á Fase de Ascenso á Liga Xuvenil. Con probabilidade será o equipo, xunto co Corme, que nos representará na Fase e que buscará acompañar ao Dumbría na competición autonómica, sempre que os dumbrieses non consigan un alcanzable ascenso á Liga Nacional.

Despois de superar a lama de Verdillo e de golear ao Muxía (cos goles de Dani (4), Ezequiel (3) e Diego), recibe este sábado ás 12:00h a un irregular Ponteceso, capaz de mellor e do peor. Necesita gañar porque un empate permitíalle á Esteirana superalo (polo golaveraxe individual, a Esteirana venceu 3-1 en Esteiro e igualou 2-2 en Fisterra) se vence ao Baio, choque se disputará pola tarde.

Os de Pablo Lestón afrontan o partido clave coa única baixa, que non deixa de ser moi importante, de Iván Escarís. “Foi un partido moi dificil na primeira volta polo que esperamos outro encontro complicado e disputado”, sinala Lestón.

Competicións paralelas

Copa da Costa Xuvenil 2018 O cadro da Copa da Costa Xuvenil sempre actualizado en www.copadacosta.com

Mentres, os equipos xa terán o ollo posto na Copa da Costa Xuvenil, que comeza o vindeiro sábado 5 de maio. Uns Oitavos que nos traerán ademais un enfrontamento por todo alto entre Fisterra e Esteirana.

De feito, o Fisterra, ou a Esteirana no seu caso, afrontarán as dúas competicións de xeito paralelo. “En canto a morea de partidos que vai haber ahora, vai estar moi difícil para nós, porque os xuvenís son ademais parte fundamental tamén do equipo de maiores, que a súa vez tamén ten liga e Copa... Trataremos de repartir os minutos da mellor forma posible…

Novas relacionadas

Crónicas da tempada

Máis información

  • www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios