Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O XSC embálase no sur e a igualdade reina no norte

Xuvenís: O XSC embálase no sur e a igualdade reina no norte
O Baio recibia o trofeo de campion do ano pasado - Foto- Santi Soneira

Nova xornada completa nas Ligas Xuvenís. Se ben mañá faremos un repaso á estrea do Dumbría CF nas Ligas Galegas Infantís e Cadetes hoxe repasamos a actualidade das Ligas Xuvenís. Tras facer o repaso ao comezo das Ligas, esta semana vemos que se o Xallas de Santa Comba parece embalado polo sur, no norte prevese unha loita espectacular.

A xornada serviu ademais para entregar o trofeo de campión de Liga 2011-2012 ao Baio. O Pratas Reinoso tinguiuse de festa antes do choque co Laxe, e os xogadores puideron disfrutar do trofeo.

Gr.3, Sur

A xornada abríase o venres no Gr.3, do Sur da Costa, cun choque sen demasiada historia. O Dumbría vencía por 1-10 a un Corcubión que están sen efectivos. Os de Alfonso tiveron que xogar con 9 xogadores ante as baixas, e seguen na procura de xogadores para completar un plantel máis numeroso. Marcaron para os de Pablo Conde 2 Samuel, 2 Alex Siaba, 2 Kevin, 2 Miki, Javi e Martín.
Como dicimos parece que o XSC está embalado. Esta semana batía nun Soneira que pensa máis no equipo B da 3ª Autonómica que nos xuvenís, e sacaba un contundente 0-7, que o mantén líder en solitario con 3 vitorias en 3 encontros. Por detrás hai 6 equipos con 6 puntos, entre os que atopamos ao Dumbría. Ademais está o Outes, que superaba por 0-4 a unha Esteirana frouxa que aínda non sumou. Tamén están Fisterra e Mazaricos, que protagonizaban un dos choques máis fermoso da xornada. Os mazaricáns venceron por un apretado 3-2 e alcanzan ogrupo perseguidor.
Completa o grupo Cee e Muros, que protagonizaban un insulso choque no san Pedro de Refoxos. A calor, as enormes dimesións do campo (e as festas de Carnota...) fixeron mella nos muradáns de Manolo Camello, que este ano ten traballo doble cos maiores e cos xuvenís, deixando un resultado final de 3-0 con goles de Cibran (2) e Aitor. Os ceenses resarcíanse así da derrota a semana pasada ante o Fisterra.

Gr.4, Norte

Imaxe do Baio-Laxe xuvenil - Foto- Santi Soneira

E xa ollando cara o Gr.4, o do norte, temos que destacar a igualdade que reina entre, cando menos 5 equipos. Haberá que ver como pulsan o Laxe, o Corme e o Zas (precisamente o Zas sumaba osseus primeiros puntos a costa do Corme cun apretado 3-2 en San Andrés) se son capaces de seguir o ritmo dos de arriba, pero é que o nivel dos Baio, Coristanco, Ponteceso, Cabana e Malpica parece que é moi alto.

O Baio superaba ao Laxe esta semana no Pratas Reinoso, e iso que os laxense se metían 0-2 ao descanso. Os visitantes non aguantaron físicamente e a potencia do Baio arriba foi letal e permitiulle darlle a volta ao marcador, e situarse de líder.
Líder con 6 puntos empatado con Coristanco e Ponteceso. Precisamente ambos protaonizaban outro dos choques da xornada no que o Coristanco de Rochichioli sorprendeu a un Ponteceso que, dende logo, este curso se perfila como un dos favoritos. O Ponteceso de Mato adicouse a facer o fútbol que sabe facer, o de toque, dominando practicamente todo o encontro, pero cunha renda mínima durante moitos minutos sen sentenciar a pesar das ocasións. O Coristanco, ben armado atrás buscaba as contras con balóns a Magovi, e foi nos últimos 10 minutos cando o Coristanco aproveitou os despistes do cadro visitante en asinou 3 goles de fermosa factura. 3-1 para os de Rochi e empatan na táboa.

Por detrás, con 5 e 4 puntos, están outros dos claros favoritos ás 3 prazas de ascenso: Cabana e Malpica. Ambos protagonizaron o choque da xornada, co que vos deixamos abaixo, non sen antes apuntar o último partido da xornada, o 3-3 entre Muxía e Camariñas que deixa aos dous conxuntos na zona baixa.

O partido da xornada: Malpica - Cabana (2-2)

  • MALPICA: Ángel; Víctor Novo, Canario, Joro, Diego, Josiño (Kevin, 73), Camilo, Aitor (David, 64), M. Maradona (Pitís, min.46) Juny, Guille (M. Ángel, 75).
  • CABANA: Sergio Aranzubía, Duda, Dani Mato (Samuel), Jonathan, Aless, Pablo (David), Alex , Moreno, Martincinho, Christian Fuentes e Iván (CV, min.15).
  • Goles: 1-0, min.4: Camilo de penalti cometido sobre el mesmo; 2-0, min.30: Camilo, a centro de Juny. 2-1, min.83: Aless tras unha boa internada. 2-2, min.92: Martinciño de fermosa falta directa.
  • Expulsión: o malpicán Camilo por protestar (min.55).
  • Lesións: O malpicán M. Maradona ao descanso cunha escordadura de nocello, e o cabanés Iván Mato cun golpe no xeonllo.

Destacamos o partido máis intenso da xornada nas Ligas Xuvenís e esta semana o facemos en Malpica, onde dous dos favoritos a estar entre os 3 primeiros se batiron en Pedra Queimada. Nun choque con dúas partes moi diferenciadas, e que rematou cun xusto empate.

Comezou mandando o cadro de Piña, que pronto se colocaba por diante por un penalti, protestado polos visitantes, que o propio Camilo convertía en gol. Non espertaba o Cabana pero Sergio Aranzubía desbarataba as ocasións dos M. Maradona ou Guille. Volvía ser Camilo o que ampliaba a renda á media hora tras unha gran xogada de Juny por banda.
Tivo M. Maradona tivo a mellor ocasión para sentnciar o partido antes do descanso pero enviou fóra case que na liña de gol unha gran xogada de Camilo.

Cambiou o guión na segunda, sobre todo trala expulsión de Camilo, por protestar. Mandou como quixo o Cabana, que pouco a pouco foi estirando liñas buscando o empate. Só as contras levadas por Juny mantiñan opcións do Malpica. Recurtaría Aless tras unha rápida internada por banda cruzando abaixo. Avisaron de novo Iván Mato e Aless pero ometa Ángel estivo espléndido. E cando xa morría o partido, co Malpica embotellado, Martinciño, ex dos malpicáns, botaba unha falta con mestría para acadar o empate.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora o blog do Malpica de Luís E. Porto.

Comentarios