mércores. 30.04.2025
El tiempo

Xuvenís: Os mesmos favoritos cos nomes propios que marcan a diferencia

Xuvenís: Os mesmos favoritos cos nomes propios que marcan a diferencia
Brais e Castro do San Lorenzo copia Brais Rey e Castro, do San Lorenzo, son algúns dos nomes propios que deixa a primeira xornada da Liga Xuvenil Arrincou unha nova temporada da Liga Unificada Xuvenil, e o fixo cunha manchea de goles. Xa sabedes que o sábado nada máis rematar os partidos están os resultados e a clasificación actualizada en www.futboldacosta.com e que cada martes pola tarde traemos as crónicas. Unha xornada que semella un dejavú do ano pasado, pois repetimos favoritos. O Corme xa deixou constancia do seu poderío, o mesmo que o San Lorenzo, líder trala ducia de goles que lle endosou ao Coristanco; ou o Fisterra, que fixo o mesmo con 9. Do cuarteto que quedou en cabeza o curso pasado só a Esteirana non conseguiu unha vitoria contudente, pero parece que o equipo de Josiño ten as miras altas e o empate no derbi ante un aguerrido Muros puido deberse ás numerosas baixas. A xornada deixa ademais unha serie de nomes propios que xa demostraron o ano pasado que marcarán a diferencia na categoría como o cormelán Samuel (3 goles), o fisterrán Isaac (6 goles), ou os xogadores do San Lorenzo Brais Rey (6) e Castro (o ex do Coristanco, que marcou 3 goles, xa ten sido pichichi da categoría no seu primeiro ano na categoría) demostraron que este ano van en serio. Haberá que estar atentos ademais a outros nomes non tan coñecidos, como o sofanista Marcial, que a base de empeño pode facer grandes cousas despois de levar varios anos sen xogar. Neste inicio de liga, con 17 equipos, tocoulle descansar ao Zas.  

Cee - Baio (2-3)

  • Cee: Xacobe, Fabián (Suso, m.54), Brais Rey, Jose Ángel (Hugo, m.45), Tomás, Martín l. (Nico, m.61), Xulián (Senra, m.69), Xabi, Outes (Álex López, m.45), D. Caamaño e Fran.
  • Baio: Íñigo, Martin, Miguel, Ariel, Adrián, David, Carlos, Pose (Cedrón), Samuel (Torrado), Raúl e Pablo.
  • Goles: 0-1 min.22: David, 0-2 min.34: Pablo Queiro, 1-2, m.60: Álex López; 1-3, m.70: Pablo Queiro; 2-3, m.84: Hugo.
Bonito partido, con alternativas o vivido no San Paio de Refoxos que enfrontaba aos de Uri e Rubén contra o equipo dirixido por Brais Cancela. O Cee comezou con algo máis de forza pero pronto o Baio tomou o mando do partido, sobre todo despois do primeiro gol de David que aproveitou un erro da defensa. Acusou o tanto o cadro ceés e o Baio dominou o que quedaba de primeiro tempo, encaixando o segundo, e puido caer algún máis. Na segunda, cun fútbol máis directo o Cee conseguíu exercer máis presión aos baieses, que ían acusando o esforzo e o comezo de temporada. Aléx López, e Hugo avisaban e foi o propio Alex o que recurtaba á saída dun córner con aínda media hora por diante. Cando mellor estaban os locais, e cando máis preto estaba o empate, chegaba o terceiro dos baieses. Hugo faría o segundo, pero aínda que o intentaron, os locais non conseguiron facer o terceiro.  

Outes - Corme (0-4)

O Corme volve ser candidato nesta liga xuvenil 18/19 O Corme volve ser candidato nesta liga xuvenil 18/19 - Foto-Fin Lema
  • Outes: Antón, Fabián, Perol, Christian, Stefan, Canoa (Martín, m.82), Nico (Ramón. m.45), Joel, Josiño, Rubén (Mariño, m.56) e Kevin (Ángel, 67).
  • Corme: Lucas, Alex Nieto, Noel, Eloy Villar, Ángel, Javi Bermúdez, Mauro, Manu Garrido, Alex Mato, Manu Tasende e Samuel. Tamén: Miguel, Martín, Xoel.
  • Goles: 0-1, m.36: Manu Garrido; 0-2, m.44: Samuel de penalti; 0-3, m.75: Samuel de penalti; 0-4, m.82: Samuel.
Outes Xuvenil copia Primeiro Outes nesta liga Xuvenil 18/19-Foto-Fin Lema Bo partido o xogado no Conchido cun Outes que intentou plantar cara a todo un Corme, que deixou clara a súa candidatura a repetir título pois conserva boa parte do bloque do ano pasado. A primeira metade dominou por completo o cadro de Lelo, pero tardaron en chegar os goles. Manu Garrido abriu a lata e non foi ata o último minuto da primeira cando Samuel facía o segundo dende os 11 metros. Saíron os de Fernandito e Claudino máis incisivos a pesar de quedar cun home menos pola expulsión do infantil Stefan, pero os locais non se renderon ata o último suspiro e mesmo mereceron algún tanto.  

Coristanco - San Lorenzo (1-12)

  • Coristanco: Ezequiel, Brais Mariño, Brais Cotelo, Cristian, Esteban, Amado, Iago, Rubén, Rubén, Mourelle, Canto e Roberto Carlos. Tamén Mario e David Cives
  • San Lorenzo: Borja, Fidi, Ures, Esteban, Pablo, Edu, Rubén, Fran, Castro, Iván Cancela. Tamén: Iago, Juan, Jota, Arturo e Pipa.
  • Goles: Brais Rey (6), Castro (3), Iván Cancela (2) e Fran para o San Lorenzo. Esteban para o Coristanco.
Gran diferencia na Rocheira entre un San Lorenzo que tamén presentou as súas credenciais, con xogadores que verdadeiramente marcan a diferencia, ante un Coristanco moi noviño que aguantou os primeiros 15 minutos. Os de Andrés saíron a presionar arriba na primeira metade, pero a inexperiencia fixo que facilitaran as cousas aos atacantes de Juni. A partir do primeiro gol os locais comezaron a desordenarse e foron caendo os tantos.  

Os Miúdos - Esteirana (2-2)

  • Os Miúdos: Alberto Balayo, Xian, Fran, Dani, Gesto, Flavio, Abel, Jose, Antón, Jesús e Rubén. Tamén xogaron: Javi, Ángel Sanandres, Alonso, Isma e Angeliño.
  • Esteirana: Joaquín; Kevin, Chaki, David (Juan); Toni (Carlos), Farinós (Rodri); Álex, Benji, Roberto (Dani), Xián; Carajillo.
  • Goles: 0-1, m.35: Carajillo de vaselina; 0-2, m.55: Roberto pola escuadra; 1-2, m.81: Rubén de penalti; 2-2, m.92: Isma
Intensísimo derbi muradán, algo sucio, con entradas duras, perdas de tempo, e con dúas fases diferenciadas… Un choque bonito de ver en todo caso. Comezou o cadro de Manu Camello e Gabri moi arriba ante unha Esteirana moi contemplativa, e de feito os locais marraron un man a man moi claro. O cadro de Josiño Alves, que parte cun equipo ben completo para volver estar na zona noble, o sábado tiña moitas baixas e tardou en entrar no choque. Pouco a pouco os blaugranas foron tomando o mando do balón, cuns Miúdos que sacaban perigosas contras. A falta de 10 minutos para acabar a primeira parte nunha de moitas conectaron con Carajillo tras unha bpa xogada colectiva e este defineu de vaselina facendo un fermoso gol. Seguiu o mesmo guión na segunda e nunha transición Roberto facía o segundo, outro golazo pola escuadra, para o cadro esteirán. Os locais botáronse arriba con máis corazón que cabeza, colgando balóns e os esteiráns tiveron que facer varios cambios por lesión que os mermaron. Nun mal despexe dos esteiráns chegana un penalti que servía para recurtar, e xa no tempo engadido os muradáns conseguían o premio do empate cun centro que se foi envelenando ata acabar no fondo das mallas.  

Cabana - Xallas (2-2)

  • Cabana: Roberto, Rubén Veloso, López (Brais), Samuel (Collazo), Dani, David, Nando (Manuel), Cundíns (Pablo), Simón, Castro, Rubén Reigía (Eloy).
  • Xallas: Brais, Fernando, Iván, Héitor, Víctor, Guillín, Adrián, Manuel, Pablo Facal, Fabián e Alex Barbeira. Tamén: Iván, Brais, Brais, Kevin, e Pablo.
  • Goles: 1-0, m. Fernando a pase de David; 1-1, m.26: Guillín; 1-2, m.44: Manu; 2-2, m.90: Romero.
Xallas xuvenil nesta tempada 18/19 Xallas xuvenil nesta tempada 18/19 Partido intenso, sen demasiadas ocasións, nas Redondas entre os equipos de Fernando e Pablo e o de Mario. Adiantaríase a mediados da primeira parte en xogada de combinacion entre os irmáns David e Fernando o equipo cabanés, tras perdida do Xallas no mediocentro. Pero perdeu o control o cadro local e o Xallas viríase arriba aproveitando os despistes locais, conseguiría empatar por medio de Guillín e se metía por diante a piques de chegar ao descanso. Gol psicolóxico que non aproveitaron os xalleiros, que deixaron o mando ao equipo local. O choque quedaba con 20 xogadores trala doble expulsión de Rubén e Manuel aos 15 minutos da segunda metade. Tivo o Xallas nesa media hora varias contras moi boas, pero só marcou na última xogada do partido, cando o Cabana a base de garra empataba nun corner, acadando así un xusto empate.  

Fisterra - Camariñas (9-1)

  • Fisterra: Breo (Isaias, m.60), Puyol (Xan Xixo, m.55), Diego (Quintela, m.50), Ángel Golpes, Rui, Yago, Cristopher (Manu, m.60), Alejandro (Ángel Suárez, m.60), Miguel, Benlloch e Isaac.
  • Camariñas: Luís, Nando, Manuel, Eric, Juanito, Hugo, Dylan, Cibrán, Anxo, Mario e Brais.
  • Goles: Isaac (6), Benlloch, Alejandro e Xan Xixo para o Fisterra.
Partido sen historia cun Camariñas no que Faus que chegou a Ara Solis con 11 xustos e mesmo un xogador de campo de porteiro. Un equipo que aínda ten só 14 fichas e que espera novas incorporacións. Os de Pablo Lestón foron moi superiores desde o principio cun Isaac e Miguel facendo un gran partido. Ao descanso xa marchaba o marcador cun claro 6-0.  

Sofán - Ponteceso (4-0)

  • Sofán: Christian, Fabián, Simón, Adrián, Nacho, Eloy, Aarón, Cuadrado, Rial, Nachete e Marcial. Tamén: Sebas, Dani, Montero, Diego e Gabri.
  • Ponteceso: Lucas, Adrián Lema, Diego Álvarez, Carlos ( Iván Rey), Raúl; Jose, Mussi, Diego Pereira (David Castro); Pop, Borja (Lucas) e Pablo Sánchez (Roberto).
  • Goles: 1-0, m.16: Marcial; 2-0, m.27: Rial a pase de Marcial; 3-0, m.47: Rial; 4-0, m.90: Marcial a pase de Rial.
11 do Sofán xuvenil 18/19 Equipo do Sofán xuvenil 18/19 Partido marcado pola tempraneira expulsión do dianteiro pontecesán Pop, nunha controvertida decisión arbitral ante unha protesta. Antes o choque non tiña dominador claro, pero a partir de aí o choque foi un monólogo local. Os de Nando pronto marcaron da man dun Marcial espléndido na entrega, no despliegue e de cara gol. Pouco podía facer o Ponteceso con 10 e menos aínda despois da segunda expulsión.  

Laxe - Soneira (0-9)

  • Laxe: Iván, Manu, Jesús, Lucas, Rubén, Bieito, Iago, Borja, Borja, Adrián, Juan. Tamén: Silvia, Adrián e Ángel
  • Soneira: Chris (Pisony, m.45), Brais, Chasko (Santi, m.45), Ángel (m.45), Chimi, Pablo, Alex, Rauliño (Álvaro, m.45), Sergio, Edgar e Fran (Cris Canosa, m.45)
  • Goles: 0-1, m.2: Sergio; 0-2, m.7: Sergio; 0-3, m.9: Fran; 0-4, m.11: Fran; 0-5, m.22 Sergio; 0-6, m.26: Fran; 0-7, m.33: Álex de penalti; 0-8, m.41: Fran; 0-9, m.69: Cris Canosa.
Imaxe do choque entre Laxe - Soneira Pouca historia no Cabo da Area cun Soneira de Pichón moi superior que saíu enchufadísimo e antes de que ao Laxe lle dese tempo a espertar, xa levaba media ducia (con 4 goles nos primeiros 11 minutos). O Soneira cun moi bo trato de balón dominou todas as facetas do encontro e así o dixo o marcador que puido ser moito máis abultado. Destacar a actuación de Fran e Sergio con 4 e 3 goles respectivamente na primeira metade. Por bando dos de Dani Argüelles, o máis destacable a presencia de dúas mozas no plantel. Silvia xa saltou ao céspede.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/comeza-unha-nova-e-emocionante-liga-unificada-xuvenil-co-corme-como-inimigo-publico/

Comentarios