Xuvenís: Un cuarteto apretando ao líder


O pasado día de Defuntos, 1 de novembro, deixounos unha nova xornada da Ligua Unificada Xuvenil. Unha xornada que deixa ao Fisterra aínda de líder a pesar de descansar, pero agora xa con Corme, Esteirana, Cabana e San Lorenzo apretando por detrás.
Só fallou o San Lorenzo dos 4 perseguidores, pois non pasou do empate ante un serio Baio. Os outros tres golearon sen problema. Outro que fallou no seu intento por ir recuperando posicións é o Ponteceso, capaz de vencer aos de arriba, pero incapaz de pasar do empate cun moi bo Laxe. Soneira e Coristanco ascenden posicións quedando por abaixo só o Xallas sen estrear o taboleiro dos puntos.
Ponteceso - Laxe (2-2)
Partido igualado que comezaba co gol no primeiro minuto de Santi Casas para o Laxe. Pouco despois Juanillo facía o 0-2 pero o Laxe non era quen de aguantar a vitoria. Protestaron a actuación arbitral pero tamén baixaron a garda e o Ponteceso empataba con dous goles seguidos de Iván Rodríguez cando aínda non se chegara ao m.25. Dende aí, máis dunha hora de dominio alterno, cun Ponteceso máis mandón e un Laxe máis asentado. Despois da segunda metade na que o Ponteceso tivo ocasións para levar o partido, o punto sabe máis doce por Laxe.
Muxía - Coristanco (0-3)
Partido marcado polo vento en Arliña, sendo clave en cada parte. Na primeira, o Muxía tivo o vento a favor e soubo defender ben, non permitir sacar o balón claro ao cadro verde, e ter boas ocasións para abrir o marcador. Pero non marcou e na segunda, en contra do vento, non puido desfacerse das embestidas dos visitantes. Adrián Rr, Fran e Esteban asinaban os tantos para o cadro coristanqués.
Soneira - Sofán (4-1)
Dominio completo soneirán durante os 90 minutos ante un mal Sofán. Fran Moreira volveu ser clave con dous goles, completando a goleada Alex Martínez e Brais Pereira. Alejandro Bello marcou o gol da hora do Soneira xa no treiro final.
Corcubión - Esteirana (2-5)
Superioridade blaugrana ante un Corcubión con moitas baixas, que se atopaba cun 0-2 en contra á media hora a causa de dous erros defensivos aproveitados por Fari e Solís. Conseguirían reducir distancias os locais antes do descanso con gol de Lagoa nun rexeite e empatarían na segunda parte cunha gran xogada de Saulo. Pero a expulsión de Álex cando mellor estaban xogando os locais (m.75) condicionou ó partido, e a Esteirana deun un paso para adiante e sentenciaba en varias contra por medio de Íker en dúas ocasións e de novo por Solís.
San Lorenzo - Baio (1-1)
Partido moi igualado en Verdillo, cun Baio que chegaba coas ideas claras, de colocarse ben ante un san Lorenzo que sabía ía levar o peso do partido en todo momento. Na primeira metade non houbo ocasións para ningún dos dous, e só se adiantaba o Baio ao fío do descanso cun gol en propia meta.
Na segunda, o equipo de Juni si que era capaz de crear máis perigo, pero non estiveron acertados ante un fantástico Julián baixo paus, o mellor do partido. Só Iván Sotelo foi quen de superalo para conseguir un punto que sabe mellor por Baio que por Carballo.
Xallas - Os Miúdos (2-6)
Segue o Xallas co xustiño (chegou con 12 xogadores) pero aínda así conseguiu aguantar no partido 70 minutos. E iso que aos 10 minutos de comezar o cadro muradán xa se colocara 0-2 cos goles de Ángel e Riomao. Pero o Xallas tirou de garra. Pronto recurtaba Adrián. Seguiuno intentando e xa no ecuador do segundo tempo Guillín acababa o empate. Pero faltaron forzas para aguantar, o cadro muradán volveu virse arriba, e Sestayo fixo 3 goles en 5 minutos que deixaban o partido sentenciado.
Corme - Outes (4-0)
Tardou en sentenciar o choque o Corme ante un Outes ben armado. A primeira metade foi moi igualada e só Samu, de penalti, era quen de superar a Antón. Foi ao comezo da segunda cando se rompeu o partido, cos gol de Manu Garrido, e o inmediato gol de Samu. Aínda completo Samu o seu triplete.
Cabana - Camariñas (8-2)
Moita diferencia entre ambos conxunto, e o Cabana sentenciou pronto. Manuel e Rubén adiantaban pronto aos locais pero Adrián Bardanca, como non, recurtaba. Pouco duraba a emoción porque o propio Rubén e Castro sentenciaban antes do descanso. Na segunda, xa sen tensión, marcarían Pipa, Simón, Manuel e Rubén, e de novo Adrián Bardanca polos camariñáns.
Novas relacionadas
- Esteirana, unha prolífica canteira.
- Liga xuvenil: Soneira, un equipo a ter en conta.
- Marta Calvo: Igualdade no Fútbol da Costa.
- Os adestradores da nova Ligua Unificada Xuvenil.
- Xuvenís: o adestrador do actual campión, Juni, analiza o inicio ligueiro.
Crónicas da tempada
- X.10: Cabana e San Lorenzo amosan as súas credenciais.
- X.9: O Ponteceso frea á Esteirana e deixa ao Fisterra só no alto da táboa (e Táboa de PICHICHIS.
- X.8: Esteirana e Fisterra pegan un estiró.
- X.7: A xornada do xoves deixa á Esteirana líder da Liga Unificada Xuvenil.
- X.6: Só queda un invicto.
- X.5: Fisterra, Outes e Esteirana amosan as súas credenciais:
- X.4: Manda o Fisterra.
- X.3: Pasado polo filtro do surrealismo:
- X.2: Sobrevivindo á Barca.
- X.1: Arrincou por fin a L.U.X..
Máis información
- www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).