Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xuvenís: Un equipo menos por abaixo. Corme e Fisterra xa mandan por arriba

Xuvenís: Un equipo menos por abaixo. Corme e Fisterra xa mandan por arriba
Zas-Corme xuvenil en San Andres-Foto-Fin Lema O Corme venceu ao Zas en San Andres-Foto-Fin Lema A terceira xornada deixou de novo varias goleadas que demostran o difícil que está sendo nos últimos anos conseguir mozos comprometidos co deporte. Son varios os equipos con curtos planteis, e mesmo un, o Coristanco, acaba de quedar con 8 xogadores. O presidente xa se puxo en contacto coa Federación e é máis que probable que esta semana dea de baixa a un equipo que tivo que coller esta semana Juan Lagoa. Polo demais, Corme e Fisterra quedan como líderes en solitario, tralo empate do Soneira ante o Outes. Azuis e verdes volven partir como favoritos esta temporada para meterse na fase de ascenso.  

Outes - Soneira (2-2)

  • Outes: Antón (Siro, m.74), Fabián (Rubén, m.65), Perol, Nico (Mariño, m.30), Christian, Stefan (Cartucho, m.46), Ryan, Joel, Josiño (Ángel, m.80), Ramón, Kevin.
  • Soneira: Chris (Pisony, m.67), Brais, Chasko, Jorge, Rauliño (Santi, m.89), Pablo, Edgar (Álvaro, m.63), Lucas (Dami, m.80), Sergio, Cris Canosa (Chimi, m.58) e Fran.
  • Goles: 0-1, m.21: Sergio; 0-2, m.40: Cris Canosa; 1-2, m.80: Ramón; 2-2, m.90: Kevin.
Bo partido do Outes ante todo un Soneira que viña imbatido Partido con dúas partes moi diferenciadas. Na primeira parte foi moi superior pasando por riba do rival cun bo xogo e creando moitas oportunidades. Os primeiros 20 minutos foron un auténtico monólogo facendo moito dano con Sergio, Fran e Brais e tendo numerosas ocasións dúas de Cris Canosa e Edgar que paraba o meta local Antón. Pero chegaba o 0-1 cunha xogada ensaiada na que Sergio mete gol dende o córner. O Soneira baixaría un pouco pero tería unha moi boa ocasión a saída dun córner na que Chasko libre de marca no segundo pau cabecea fora con todo favor. No minuto 40 Cris Canosa faría un auténtico golazo cun centro chut que se cola por toda a escuadra e xusto antes do descanso e tras unha boa xoga colectiva Pablo ten o 0-3 nas súas botas e con todo a favor remata fora de maneira inexplicable. Cambiaría o guión na segunda, cun Outes que saía moito máis enchufado, chegando pero sen demasiado perigo. Nun córner remataban ao pau, e xa a 10 para o final, recurtaría distancias Ramón cun potente lanzamento de falta. Viñéronse arriba os da Serra, achuchando nos últimos 5 minutos ata que no minuto 90 nun fallo na saída do balón do Soneira o Outes lanza unha boa contra e Kevin bate a Pisony no man a man. Tras isto o Soneira ainda se puido levar o partido cunda doble ocasión de Sergio e Fran que para por doble partida o meta local e un cabezazo só de Álvaro que remata mui cerca do pau.  

Cee - Fisterra (1-3)

  • Cee: Xacobe, D. Senra (Elihu, m.77), B. Rey (Nico, m.34) (Damián, m.55), Fabián, Tomás, Xulián, Martín l., D. Outes (Suso, m.65), D. Caamaño, Álex López, Hugo (A. Trillo, m.46).
  • Fisterra: Breo, Puyol, Diego (Quintela), Rui, Ángel (Oliver), Cristopher, Yago, Aarón (Zeus), Benlloch (Xan Xixo), Miguel, Isaac.
  • Goles: 1-0, m.18: A. López; 1-1, m.43: Isaac de cabeza; 1-2, m.70: Aarón non falla no man a man; 1-3, m.86: Isaac nunha boa xogada combinativa.
Partido cun claro protagonista, o meta local Xacobe. O cadro fisterrán chegaba e chegaba e se atopaba unha e outra vez co porteiro, que estivo ben escoltado por unha sólida defensa. Porén, foi o Cee o que se adiantou cun tanto de Álex López, nunha das poucas chegadas dos locais. Pouco despois a lesión de B. Rey, que estaba a facer un bo partido desde o centro da defensa, mermou a capacidade defensiva dos azus, e ao borde do descanso anotaria isaac o empate tras un remate de cabeza na área pequena. Na segunda os locais acusaron as lesións e pegaron un baixón físico que non perdoou a calidade fisterrá. Foi un monólogo verde, só interrumpido polas paradas de Xacobe, que non puido frear un man a man de Aarón nin unn gol de Isaac xa contra final despois de que o Cee quedase con 10 pola expulsión de Tomás.  

Laxe - Xallas (1-7)

  • Goles: Guillín (2), Fernando, Pablo Facal, Amarelle, Alex Barbeira e Adrián para o Xallas. Bieito para o Laxe.
Xallas xuvenil x3 copia O Xallas de Mario sumou unha fácil goleada Partido cómodo para o Xallas ante un Laxe curto de efectivos. Despois duns minutos de tanteo, o cadro xalleiro se colocaba, no ecuador da primeira metade, con dous tantos de vantaxe, tras dous saques de esquina. Comezaba a segunda de novo co Xallas enriba e marcando. Guillín, algo tocado, deixou o seu lugar a Amarelle, que se estreaba na posición de dianteuro facendo un bo partido e mesmo marcando e asistindo, ante un Laxe que non aparecía.  

Coristanco - Esteirana (0-15)

  • Coristanco: Eze, Brais, Cristian, Esteban, Josue, Amado, Rubén, Adrián, Borja, Rubén, David. Tamén: Kevin, Manu, Mario e Roberto Carlos.
  • Esteirana: Curriño, Rodri, Kevin, Chaki, Alex de Dina, Farinós, Benji, Xian, Roberto e Carajillo. Tamén: Juan, Toni, Sergio, Joaquin.
  • Goles: Benji (4), Carajillo (2), Alex de Dina, Xian, Farinós (2), Sergio (2), Juan (3).
Non aparece o Coristanco, agora da man de Juan Lagoa que colle un vestiario roto. O sábado a Esteirana pasou por riba dos verdes, que xa baixaron os brazos aos 15 minutos despois de recibir dous tantos.  

Os Miúdos - Camariñas (9-0)

  • Os Miúdos: Balayo, Fran, Dani, Pipo, Angeliño, Abel, Ángel Sanandres, Gesto, Alon, Antón e Rubén. Tamén xogaron: Ismiña, Jesús, Jose, Flavio e Javi.
  • Camariñas: Sergio, Fran, Anxo, Manuel, Luís, Eric, Nando, Dylan, Juan, Mario e Brais.
  • Goles: Rubén (3), Jose (2), Miguel Gesto, Flavio, Antón, Dani.
Con 11 xogadores xustos volveu competir o Camariñas, que aguantou ben máis de 20 minutos. Un tanto aí e outros dous ao fío do descanso encarrilaban o partido pero os camariñáns aínda tiveron un par de ocasións para recurtar. Pero o gol nada máis volver dos vestarios xa acabaron coa moral dos visitantes. Balayo impediu que os visitantes marcasen o gol da vitoria cun bo par de intervencións e mesmo parando un penalti, nun partido no que o colexiado estivo de sobresaliente.  

Cabana - Baio (6-1)

  • Cabana: Roberto, Brais (Collazo), López (Eloy), David, Dani, Samuel, Pablo (Cundíns), Nando, Simón (Manuel), Manuel e Rubén.
  • Baio: Cedrón, Miguel (Adrián), Martin, Yago Manuel; David, Carlos (Pose), Ariel, Samuel (Torrado); Pablo e Íñigo.
  • Goles: Pablo para o Baio. Manuel Romero (5) e Nando para o Cabana
Bo partido do Cabana nas Redondas xogando en equipo ante un Baio que viña de encaixar poucos goles, pero que acusou as baixas de Raúl e Carlos. O cadro cabanés foi superior en todo momento e ao descanso xa marchaba cun claro 3-1. Na segunda puideron caer algún máis, sendo o protagonista do choque Manuel Romero cun póker de goles.  

Zas - Corme (1-5)

O Zas sufriu ante o Corme-Foto-Fin Lema O Zas sufriu ante o Corme-Foto-Fin Lema
  • Zas: Pereiras; Madelin, Adrián, Xabi (Roi, Rojo, Juan; Marcos, Pablo, Darío, Cristian Fariña; Unai.
  • Corme: Lucas, Alex Nieto, Ángel, Aitor, Eloy Villar, Javi Bermúdez, Mauro, Manu Garrido, Manu Tasende, Samu e Alex Mato. Tamén Manu Cancela, Martín Costa, Martinciño, Xoel e Miguel.
  • Goles: 0-1, m.14: Aitor; 0-2, m.23: Alex Mato; 0-3, m.65: Manu Tasende; 0-4, m.74: Xoel; 0-5, m.87: Martín Costa; 1-5, m.89: Darío.
Corme xuvenil-foto Fin lema O Corme volve ser candidato ao título-Foto-Fin Lema Partido de superioridade do actual campión da Costa, o Corme, sobre un Zas con moitas baixas que, pese a todo, loitou o indecible para frear o maior potencial dos xogadores azuis. Xa ao descanso chegouse con 0-2, pese a que o Zas puido recortar, pero o meta do Corme, Lucas, estivo inconmensurable, sobre todo en dúas ocasións de Cristian e Pablo, unha en cada tempo. Na segunda metade, nos últimos 15 minutos o Corme aumentou a súa vantaxe, aproveitando a súa poderío físico, mentres que o Zas recortou ao final cun tanto de Darío.  

Sofán - San Lorenzo (3-4)

  • Sofán: Christian, Adrián, Nacho, Gabri (Fabian, m.46), Simón, Eloy (Diego 46), Aarón (Cuadrado, m.30), David, Rial, Nachete, Marcial (Cristian Novi, m.54).
  • San Lorenzo: Iago, Brais, Fidi, Cambón, Esteban, Pablo, Edu, Fran, Ures, Iván e Castro. Tamén xogaron: Borja, Arturo, Jota, Álvaro e Álex.
  • Goles: 0-1, m.23: Edu; 0-2, m.27: Castro; 0-3, m.36: Castro; 0-4, m.40: Castro; 1-4, m.53: Rial; 2-4, m.60: Nachete; 3-4, m.66: Nachete.
O Sofán de Nando rozou a épica Fermoso partido no derbi carballés, con moitísima intensidade e fútbol vertical, e con dúas partes ben diferenciadas. Comezaba o San Lorenzo máis enchufado, dominando pero sen chegar a porta ata que nun disparo lonxano Edu abría o marcador. Neses 20 minutos de dominio visitante Castro facía un triplete (dous para o colexiado pois o 3º apuntoullo a Fidi), tras varias chegadas por banda de Iván e Ures. Cambiou o guión na segunda, cun Sofán que deu un paso adiante, e meténdose de cheo no partindo moi cedo. Quedaban 25 minutos por diante despois do 3-4 de Nachete, moi preto da remontada. Pero, a base de sufrimento, e dunha gran parada de Borja a saída dun córner conseguía o San Lorenzo amarrar os 3 importantes puntos.  

Todas as crónicas do Fútbol Xuvenil

 

Comentarios