Martes. 19.03.2024
El tiempo

Xuvenís: Zas campión da Copa e Baio e Malpica con pé e medio fóra da Fase

Xuvenís: Zas campión da Copa e Baio e Malpica con pé e medio fóra da Fase

Xornada sabatina chea de fútbol xuvenil. E xa temos campión desta, incompleta, Copa da Costa Xuvenil 2012. O Zas aproveitaba o valor doble dos goles fóra da casa, e cun empate a 0 leva fixo que o título quedase en San Andrés, completando así unha fatídica fin de semana en Cabana.

Pero a xornada se completou cos choques da Fase de Ascenso á Liga Galega, xuvenil e cadete. E en xeral, as novas son negativas. Só o Dumbría cadete acadou unha vitoria fóra da casa ante o Cordeiro e parece que superará, alomenos, esta primeira eliminatoria (lembren que os equipos teñen que superar dúas para ascender). Pola súa parte, o Santa Comba cadete caía 0-1 co potente Negreira e o terá moi difícil para remontar.

Máis se cadra o terán os nosos xuvenís. Malpica e Baio caían 0-3 e 5-0 polo que teñen pé e medio fóra da fase tras un ano espectacular. Se cadra, estes claros resultados fannos reflexionar sobre a competición.

Zas - Cabana (0-0)

  • ZAS: Miki, Josito, Amado, Ramón, Quintáns, Oliver, Adrián (Gonchi), Pablo, Kevin, Rony (Iago) (Óscar), Víctor (Busto).
  • CABANA: Sergio Aranzubía, Alex García, Duda, Dani Mato (Laik, min.25), Román, Pablo, Iván Mato, Miki (Redondo, min.60), Eliseo, Moreno, Francés (Alessandro, min.55).
  • Lesión: o zaense Rony (min.15) e o cabanés Dani Mato con mareos aos 25 minutos.

Tralo 2-2 da ida, San Andrés vivía un ambientazo para coñecer ao novo Campión da Copa da Costa. Só o feito de xogar nun campo cheo era un premio, pero o gordo levou o Zas. Que sufríu, pois o Cabana o puxo realmente complicado, pero os de Corredoira souberon aproveitar a renda que lle daba o 2-2 da ida para manter o partido a 0.

Dous estilos diferentes enforntábanse no campo, cun cadro local que defendeu moi ben nos 90 minutos, e iso que contaba con moitas baixas (Pastor, Ismael e Rony as 15 minutos). O Cabana tampouco puido cos dous centrais, Alex Mato que lle falecía un familiar e Dani Mato que se mareaba sobre o campo e tiña que substituido aos 25 minutos.

A primeira metade apenas tivo ocasións, só unha de Adrián que puido adiantar aos zaenses.
A segunda comezaba cun penalti a favor do Zas, pero marrou Víctor ante a gran intervención de Sergio Aranzubía (hoxe algo máis contento tralo ascenso branquiazul, o seu equipo e o do seu idolo). Foi aí cando o Cabana veuse arriba, e dominou durante a última media hora. Á contra fixo algo de dano o Zas, coma un centro de Óliver que se paseou pola liña de gol.

O Cabana meteuse arriba e arrinconou ao Zas. E tivo o gol nun cabezazo ao poste Alex García tras un córner nos compases finais. Non se moveu o marcador e a Copa quedou en Zas.

Providencial pois a chegada de Corredoira ao banco zaense, que deixa a súa pegada cunha Copa da Costa Xuvenil, e unha permanencia que parecía complicada cando se fixo co equipo. Iso si, parece complicada a súa continuidade polo que o Zas terá que buscar novo adestrador.

Pola contra, o Cabana xa leva 3 decepcións. I é que o mesmo grupo de rapaces, con Carracedo e José Manuel Vázquez á fronte, levan 3 derrotas en sendas finais polo golaverage, na fase de cadetes, na final de Copa do ano pasado, e na deste. Pero aínda teñen tempo a resarcirse os de Carracedo, que o ano que vén só perden 2 xogadores por idade. Haberá que contar moi seriamente con eles dende o principio.

San Marcos - Baio (5-0)

  • BAIO: Poyo, Maikel, Pardo (Sivalriño), Iago, Pablo, José Manuel (Vereda), David (Bieito), Fachal, Lucas (Santi Díaz), Bieito, Cristian.

Matou o campo de area, moi pequeno, aos de Nacho, que non se souberon adaptar a el, e veñen de volta coa eliminatoria sentenciada, sen merecelo. I é que foi un partido sen dominador, pero en canto se enteraron xa ían 2-0... Os baieses non saíron centrados e aos 5 minutos o cadro sanqtiagués xa anotara 2.

Todas as segundas xogadas eran deles, que ademais contaron cun dianteiro pequeno tremendo, que superou por todas partes á feble defensa baiesa.

O cadro visitante apenas inquedou unha vez a meta rival na primeira. Na segunda estirouse algo máis, pero só valeu para abrir ocos e permitir que a goleada sexa case defintiva.

Así e todo, na volta e en campo grande, o Baio intentará facer unha tremenda epopeia.

Malpica - E.F. Lalín (0-3)

  • MALPICA: Jesús, Javier, Jorge, Pereira, Pepis, Joro (Luísma, min.78), Juny (Diego, min.86), Martín Uruguaio Martín Maradona (Quintas, min.62), Adra (Víctor Novo, min.89), Camilo.
  • Goles: 0-1, min.30; 0-2, min.50; 0-3, min.70.

Mollada tiña a pólvora este sábado o cadro malpicán. Acostumados como nos ten con esa artillería pesada arriba, desta volta a defensa lalilensa maniatou aos Adra, Camilo e aos martíns, que ademais estiveron moi atenazados polos nervos.

Foi un choque moi disputado, no que o marcador non reflicte o acontecido sobre o céspede. A igualdade foi a nota dominante, pero a pegada do pequeno dianteiro rival Iker (marcou dous tantos) foi clave. Non dan por perdida a eliminatoria os de Piña, que marcharán a Lalín coa lección aprendida e moitas gañas de remontar.

Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete:

-Ordes - Caranza03-06
0-1Santa Comba - Negreira03-06

-Estrada - Foz03-06
0-2Cordeiro - Dumbría03-06

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios