A Xunta personouse como afectada no caso do fraude forestal


Segue o fraude forestal pendente da Xustiza. E o fai xa con 26 imputados, entre eles varios membros da administración autonómica. Un feito que non impide á Xunta personarse no caso que se instrúe no Xulgado de Corcubión, como parte afectada.
Así ve o problema o PP, que insistiu na "importancia de deixar traballar á xustiza para esclarecer o fraude de axudas para a reforestación na Costa da Morte". De paso, lembra ao PSOE que "xa están imputados responsables de entidades financeiras que puideron ter cometido irregularidades".
Ademais, volveu botar o balón no tellado do bipartito: "Dos expedientes que teñen que ver co caso, tramitados na súa maioría na época do Goberno bipartito, segundo recordaron desde o Grupo Popular, unicamente 60 foron aprobados, o resto foron apartados na fase de trámite administrativo ou atópanse en situación de suspensión pendente da resolución xudicial".
Unha decisión, a de personarse no caso como afectado, que dende a oposición vén como unha "artimaña". AGE, por exemplo entende que a Xunta incurríu alomenos, nun delito de "complicidade, ou en todo caso, a Xunta non cumpriu as súas funcións e agora agóchase nunha actitude pasiva”, denuncia.
Novas da Operación Forest
- 29-07-13: O fraude forestal do Caso Maceiras segue medrando.
- Hermanager Humor: Operación “Forrest”.
- 12-06-13: O PP argumenta as súas posturas sobre o fraude forestal botando balóns fóra e sobre a mina criticando ao PSOE.
- 16-05-13: Rosa Quintana desmárcase da Operación Forest e bota ás culpas ao Bipartito.
- 03-05-13: Os afectados da Operación Forest apuntan aos funcionarios.
- 29-04-13: O Concello de Corcubión non gaña para sustos.
- 26-04-12: A Operación Forest suma 8 detidos máis, entre eles 3 membros da Xunta.
- 25-04-13: Primeiras detencións no fraude forestal da “Operación Forest”.
- 12-04-13: A Xunta recoñece que o fraude forestal pode chegar a 1 millón de euros.
- 22-03-13: Os afectados polo fraude forestal e as Preferentes levan a loita ás portas da administración.
- 19-03-13: Un ano de fraude forestal en primeira persoa.
- 14-02-13: O fraude forestal do Caso Maceiras chega ao Parlamento.
- 20-09-12: Fraude Forestal: Afectados acusan á Xunta.
- 08-06-12: A FRUGA critica as excusas de bancos e da Xunta ante o fraude forestal.
- 06-06-12: A Costa da Morte maniféstase contra o fraude forestal.
- 03-03-12: 300 persoas de empresas, bancos e administracións envoltas nun fraude en Vimianzo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).