Os Bombeiros protagonizan unha máxica Iluminación Nocturna da Fervenza no Ézaro
Dos protagonistas “Colgados” na fervenza do Ézaro (III), chega “Colgados na Fervenza do Ézaro… de noite”. Máxica a acción que realizaron este pasado sábado 7 bombeiros da zona. Aproveitando a serie de noites de iluminación nocturna da fervenza durante o verán, para volver a colgarse do “Olimpo Vertical” e regalar unha escena única aos centos de visitantes que ese día ateigaban as bancadas da ensenada.
Alex Pouso, Pablo Tahoces, Vilas, Ageitos, Nacho, Fran Lijó e o reincidente Rubén Suárez Carballo, rubiron, sen aviso previo, escalando o frontal coas lanternas, para iniciar o descenso “Como si nos metésemos nunha sima”, recoñece Suárez Carballo, que xa é a cuarta vez que o fai. Unha vez situados, e a golpe de berros, conseguiron prender todos a un tempo as súas bengalas para deixar esta imaxe que quedará para a lembranza da bisbarra.
Aínda quedan 3 noites iluminadas na Fervenza (sábados 3, 10 e 17 de setembro) polo que non perdan a ocasión.
NOVAS RELACIONADAS
- Programa de Noites iluminadas na fervenza do Ézaro 2022.
- Maio 22: “Colgados” na fervenza do Ézaro (III)… ao rescate do dron perdido.Xaneiro 2021: De Negreira a Perú pasando polo Ézaro, o libro de viaxes de Rubén Suárez Carballo.
- Setembro 2020: O Barranco do Xallas recupera o seu atractivo deportivo.
- Setembro 2019: “Colgados” na Fervenza do Ézaro (II) .
- Novembro 2011: “Colgados” na Cascada do Xallas.