Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O CDM Piragüismo Dumbría rectifica nas súas acusacións ao Presidente da Federación Galega de Pesca

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, asinará un convenio de colaboración coa Federación Galega de Pesca e Cásting. 
foto xoán crespo
O vimiancés Manuel Mouzo, presidente da Federación Galega de Pesca, asinando un convenio coa Conselleira Ángeles Vázquez. Foto: Xoán Crespo
O CDM Piragüismo Dumbría rectifica nas súas acusacións ao Presidente da Federación Galega de Pesca

No día de onte emitía o Club Piragüismo Dumbría unha dura nota de prensa na que denunciaba "o acoso ó que o presidente da Federación Galega de Pesca, Manuel Mouzo Méndez somete a este clube". 

Pero o Club quere emitir hoxe unha rectificación pública. "Son muitos xa os episodios deste libro, pero neste capitulo temos que recoñecer que a
razón está de parte da Federación Galega e Pesca e do seu presidente. Si é certo que denunciou a celebración da nosa proba, e si é certo que temos muitos outros episodios anteriores de desencontros, icluso con visitas para declarar no cuartel da Garda Civil por denuncias súas".

Con todo, en canto a confluencia do torneo de Pesca e a Copa de España de Slalom (que a priori son imcompatibles polo diferente caudal de auga que necesitarían no río Xallas), "quedou patente que as solicitudes de competicións de Pesca e as de Piragüismo van por camiños diferentes, e só nos demos conta de que eran coincidentes no último momento, o que xunto con outras casulidades nos fixo pensar que se trataba doutro ataque contra a nosa actividade. Unha vez que chegou onte unha documentación ás nosas máns nas que se comprobaba que a Federación Galega de Pesca solicitara a súa competición antes ca nos, só nos queda disculparnos publicamente e desexar que isto supoña un punto de inflexión non só para a relacción entre o piragüismo e a pesca, se non incluso para que a Xunta tome nota e se asegure tamén de que estas circunstáncias de dúas actividades que coinciden no espacio e no tempo teñen que poder ser advertidas e evitadas".

En calquera caso, o Club quere "expresar o trato desigual que se dá dende a adminsitración ás dúas partes, dándolle unha preferencia á pesca sobre as demais actividades que se poidan realizar no río, e tendo nós sempre que supeditarnos ou loitar contra unhas normas que
sempre favorecen á pesca, unha actividade lúdica, a xente non vive do que pesca, pesca para divertirse, o igual ca nos tamén queremos disfrutar da natureza. Os ríos non son deles, son de todos".

Finalmente, as dúas probas van ser posibles. O venres desenvolverase o campionato de pesca no Couto do Río Xallas, e o sábado, os 28 clubs de toda España que participan na Copa de Slalom de piragüismo poderán competir pero sen ter adestrado na xornada de vernes.

Máis novas

Comentarios