Martes. 19.03.2024
El tiempo

Quinto falecemento na Costa da Morte polo coronavirus

Hospital Publico Virxe da Xunqueira
Quinto falecemento na Costa da Morte polo coronavirus

Este luns comezaba a semana con outra mala novo no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Rexistrábase o quinto facelcido da comarca, un home octoxenario natural do Concello de Dumbría, que levaba 3 días hospitalizado. Quedan pois 8 hospitalizados no centro sanitario costeiro.

Ademais o pasado domingo rexistrábase no Hospital Materno da Coruña, a cuarta morte polo coronavirus da Costa da Morte. Neste caso era unha muller de 37 anos, de Carballo, que estaba embarazada.

Despois do fisterrán falecido o pasado día 25, o covid19 xa levou a vida doutros dous octoxenarios (un carballés e un de Vimianzo).

A día de hoxe o Hospital de Cee mantén 9 ingresados en planta. Ademais da campaña de frotis a domicilio, o HVdX ten aberto de 10:00 a 13:00, o covidauto, o sistema de probas sen baixarse do vehículo.

Todas as novas do Coronavirus

Novas do coronavirus

Comentarios