Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Dous accidentes e un falecido no seu sofá nunha fatídica fin de semana

Accidente en Carballo
Accidente en Laracha
Dous accidentes e un falecido no seu sofá nunha fatídica fin de semana

Fin de semana de sucesos de gravidade. O venres falecía un home ao caer a unha fosa en Sofán. O domingo un home caía ao mar en Fisterra mentres pescaba e tivo que ser rescatado polo seu compañeiro. Ademais, rexistráronse dous graves accidentes e un rescate.

Accidente en Laracha

Corrían as 7:00h deste domingo cando se producía unha saída de vía tiñan que acodir á DP-1913 P.K.9 (Laracha). O vehículo circulaba en dirección a Coiro e por causas descoñecidas saíuse da vía pola marxe esquerda e bateu contra unha árbore, voltando despois para o carril dereito.Os sanitarios levaron ao ferido, de gravidade ao CHUAC.

Un falecido en Dumbría

Durante esta mañá de domingo, os Bombeiros de Cee tiveron que achegarse ao luar de Rebordelo 4, Salgueiros, Dumbría, para acceder a unha vivenda na que o propietario non sabían nada de el dende a tarde anterior. Unha vez no lugar os Bombeiros acceden ao interior forzando unha fiestra e a porta de unha habitación, e atoparon o home falecido no sofá do salón.

Outro accidente

O sábado 27, arredor das 15:10h, houbo un accidente na AC-552, no Km.64.500, en Vimianzo, cun ferido por saída de vía, que non podía saír do interior do vehículo. Os Bombeiros de Cee fixeron labores de seguridade na zona de traballo, axudaron áao ferido a saír do vehículo, axudaron á súa inmovilización do ferido aos sanitarios do 061, para ser trasladada ao Hospital Virxe da Xunqueira (Cee).

Novas relacionadas

Comentarios