Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: O escudo de Dumbría

Escudo de Dumbria
O Modesto Patrimonio: O escudo de Dumbría

A Lei 5/1997 no seu artígo 258 dí que os municipios e entidades locais de Galicia poderán adoptar como símbolos os escudos heráldicos e a bandeira tendo que pasar antes polo informe favorable da Comisión Heráldica de Galicia. Tal como me contaron, no concello de Dumbría comenzou a xestión no ano 1972, sendo alcalde Jesús Manuel Gómez Doval que iniciou os trámites para confeccionar o escudo municipal e maila bandeira. Contactaron con varios historiadores, entre eles Fermín Bouzas Brey que presentou un boceto ca cuncha dunha vieira de cor vermello sobre un fondo dourado. O investigador Benjamín de Prado Díaz basouse no nome "dumbría" que procedía de "umbría" polos grandes espazos arborados polo que propoñía un modelo con forma redonda e dentro unha árbore e unha chaira de terra simbolizando as terras fértiles cunha montaña de fondo. Estas ideas foron esquecidas ata que no ano 1985, sendo alcalde José Manuel Pequeño Castro, retomou de novo este traballo. Contactou con especialistas en Xeneología e Heráldica, entre eles Jaime Bugallo y Vela. Centrou este traballo na forma de vida e a historia pasada deste concello, predominando a agricultura, gandería e pesca e tamén na súa historia megalítica coa abundancia en restos arqueolóxicos como "mámoas". Preparou 17 bocetos, nalgún deles incluía una mazorca de millo, a flor da pataca ou unha vaca. O mar o representaba con ondas brancas e azuis e tamén o río Xallas na súa desembocadura en fervenza no Ézaro. De todos estos bocetos, a Comisión Heráldica de Galicia no ano 1987 acordou escoller o nº 4: " Un Escudo de ouro, con pao ondeado de azul, cargado de bastón ondeado en prata e bordadura de azul, con sete mámoas de ouro o timbre, coroa real pechada". Este escudo foi aprobado en pleno de Noviembre de 1988.

Se repasamos a historia deste concello, o que máis destacaba era o Camiño Real que unía Fisterra con Santiago, frecuentado pola carruaxe do correo, que máis tarde se transformaría no Camiño Xacobeo. Aínda que no estudio fala das sete mámoas de Olveira, penso que se refire as situadas en todo o traxecto do camiño dentro do territorio de Dumbría. Estas aínda as podemos identificar en todo o seu recorrido, que son:

  • Mámoas de San Pedro Mártir (Necrópoles deterioradas pola repoboación)
  • Mámoa A Portela do Lousado (Desparecida)
  • Mámoa do Ferrañás (Deteriorada)
  • Mámoa das Gatiñeiras (Deteriorada)
  • Mámoa das Casas de Maias (Desaparecida)
  • Mamóa do Lapedo (Necrópole deteriorada pola repoboación)
  • Mámoa do Peón (Deteriorada, sosten un poste eléctrico)
  • Mámoa de Lucín (Desaparecida)
 

Outros artigos no "Modesto Patrimonio"

Patrimonio Pindexo

Comentarios