Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O abandono da recuperación do Monte Pindo chega ao Parlamento

O abandono da recuperación do Monte Pindo chega ao Parlamento
Eucaliptos no Monte Pindo

Unha vez feito o balance do estado de saúde do Monte Pindo un ano despois da desfeita, a loita por depurar responsabilidades continúa. Desta volta, o Olimpo Celta vai chegar ao Parlamento, e a Xunta deberá responder a unha batería de preguntas sobre o incendio de 2013 formulada polo grupo parlamentario do BNG.

Esta vez o debate non se centrará nas posibilidades de protección do Monte Pindo, unha vez que a Xunta xa ten renunciado a desenvolver ningún tipo de protección e conservación neste espazo, senón ao abandono deste lugar despois do gravísimo incendio, máis aínda -se cabe- que o que historicamente o Olimpo Celta tiña sufrido.

A Asociación Monte Pindo Parque Natural aproveita para denunciar “a impunidade do autor material, a falta de avaliación das consecuencias desta catástrofe, a carencia total de iniciativas e recursos para a reparación dos danos e a recuperación do espazo mediante un plan de xestión, e por suposto a irrupción de eucalipto que invade xa centos de hectáreas ata ameazar á especie máis valiosa deste espazo, o carballo anano”.

O BNG preguntará as seguintes cuestión:

  • Que resultados se obtiveron da investigación das causas do incendio acontecido hai un ano no concello de Carnota?
  • Que informes científicos se teñen realizado para avaliar o impacto deste incendio?
  • Ten previsto a Xunta de Galiza abandonar o seu desleixo e poñer en marcha medidas para reparar os danos producidos polo incendio do Monte Pindo?
  • Ten previsto a Xunta de Galiza a posta en marcha dun plan de recuperación deste espazo e de un plan de xestión específico? En caso afirmativo, en que prazo Que recursos se van destinar ao mesmo?
  • Que valoración ten a Xunta de Galiza do facto de estaren substituíndo vexetación autóctona por eucalipto nas zonas queimadas polo incendio producido hai un ano no Monte Pindo?

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios