Domingo. 25.10.2020
El tiempo

Recunchos da Costa: As casetas da Feira na A Ponte Olveira

Foto: Modesto García Quintáns
Foto: Modesto García Quintáns
Recunchos da Costa: As casetas da Feira na A Ponte Olveira

Calquera veciño que pase pola estrada provincial EP-3404 (Km. 20,800) no lugar de A Ponte Olveira verá unha ringleira de pequenas casetas de cantería alineadas, e cubertas con lousas de pedra. Son 10 habitáculos de uns dous m2 con pequenos mostradores e 20 escaparates mirando a estrada que os antigos comerciantes expoñían e vendían os seus productos os días da feira. O propietario deste terreo era Domingo Canosa Alvite, veciño deste lugar, que estaba canso de aturar esta xente nos seus cubertos os días de choiva e decide, sobre o ano 1945, construír un "centro comercial" cobrando unha renda anual 50 Pts. por caseta.

A feira celebrábase o segundo luns de cada mes, e o alcalde Jesús Corbal Sendón decide, polo ano 1953 cobrar un imposto municipal a tódolos comerciantes da feira. Estes para librarse de pagar deciden cruzala ponte romana establecéndose no concello de Mazaricos. Pero o alcalde gana a batalla trasladando a feira o recinto do "Conco" próximo o lugar de A Grixa de Dumbría. Aquí, para non coincidir coa feira de Santa Comba, cambian a data para o terceiro luns de cada mes. Xusto nestas datas declárase unha epidemia animal contaxiosa "O Carbunco" das vacas onde se suprimen oficialmente as feiras da comarca. Os gandeiros deciden celebrala polas corredoiras do entorno, perseguidos pola Garda Civil, acabando coa feira sobre o ano 1956.

Casetas da Feira de Ponte Olveira-Foto-Modesto

Quizá o lector no saiba que a casa de Domingo Canosa Alvela (casa do Dego), xunto coas de tres veciños máis, estaban moi próximas a ponte romana e mais fondas que na actualidade polo que sufrían frecuentes inundacións polo río. Para evitalo decidiron construír novas vivendas máis afastado da ponte. No caso de Domingo foi construída no ano 1955. A ponte romana era moi estreita e moi empinada tanto na entrada como na saída polo que un carro pasaba con moita dificultade. Foi no ano 1962 cando se elevou de cota e ensanchou a calzada para o paso de vehículos de Dumbría O Pino de Val. Tamén había dúas tabernas a de Gumersindo da Rebouta e a de Perfecto de Olveira, que abrían os días da feira.

Explora Dumbría

O Concello de Dumbría, e o seu técnico César Ferrío está desenvolvendo na rede unha serie de directos turísticos e etnográficos. Hai unhas semanas estiveron na Ponte Olveira, repasando a historia desta parroquia, falando de moitas cousas, entre elas as casetas que nos conta Modesto.

Como chegar

As casetas atópanse estrada provincial EP-3404 (Km. 20,800) no lugar de A Ponte Olveira, pouco antes de chegar á propia Ponte e en fronte do edificio do Refuxio da Ponte.

Mapa- Pozo Encantado Salgueiros-Dumbria

RECUNCHOS DA COSTA

comentarios