Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un paso adiante cara a División de Honra Cadete

Un paso adiante cara a División de Honra Cadete
Celebrando un dos goles do Dumbría-Foto- Jorge Parri

Impresionante a traxectoria deste Dumbría na Liga Galega Cadete. Faltan 5 partidos para o remate da liga e os de Diego Lobelos e Óscar Leis teñen un pé metido no ascenso á División Honra, un ascenso que sería (que será) histórico para a Costa da Morte.

O pasado sábado tiña unha das finalísimas máis esperadas. O equipo que leva loitando co cadro dumbriés toda a temporada por esa terceira praza (ao estar o Deportivo B de 1º, o ascenso directo queda para a 2ª e 3ª praza), o Ural, chegaba ao Conco con posibilidade de igualar a clasificación. Houbo que roelo, pero o Dumbría vencía 3-2 e deixa aos coruñeses a 6 puntos, e co golaverage individual favorable trala vitoria dumbriesa na Coruña por 1-2.

Dumbría - Ural (3-1)

11 dos cadetes da Liga Galega do Dumbria-Foto- Jorge Parri
  • DUMBRÍA: Bruno, Tomás, Maikel, Canario, Pablo (Oli, min.65), Yeray, Mauro, Roberto (Jorge, min.70), Santi Díaz (Andrés, min.75), Damián (Juan de Dora, min.55), José Marcote (Abuelo, min.80).
  • Goles: 1-0, min.15: José Marcote; 1-1, min.50; 2-1, min.62: Juan de Dora con dedicación directa a Jorge Parri; 3-1, min.72: Santi Díaz; 3-2, min.90.
Bo ambiente no Conco-Foto- Jorge Parri

Ambientazo no Conco a pesar do sol e de que xogaban os xuvenís en Laxe e o A en Santa Comba. Moita xente da Coruña tamén acompañaba ao senlleiro clube do Ural para esta finalísima diantada.
E fixo un bo partido o cadro dumbries a pesar das baixas entre lesionados e sancionados, pero os non tan habituais estiveron a altura. De feito, debutou un infantil, Pablo Paz, de titular e o fixo de marabilla.

Comezou mellor o Dumbría co gol de José Marcote, que con 25 goles se perfila como o pichichi da Liga Galega. Á media hora o meta dumbriés Bruno parou un penalti. Un Bruno que salvou varias ocasións ao longo do partido e que foi fundamental. Apretaron os visitantes ao final da primeira e ao comezo da segunda, cando empataron.

Aí, neses primeiro cuarto de hora da segunda metade o Dumbría estaba algo aturdido. Pero o equipo soubo reaccionar e Juan de Dora facía un importantísimo 2-1, con dedicatoria incluída ao bo de Jorge Parri, ao que por certo, tamén lle tiñan uns agasallos os adestradores do equipo, Óscar Leis e Diego Lobelos.

Puido sentenciar e o fixo o Dumbría, nunha acción de Santi Díaz que metía dous goles de vantaxe. Aínda así, os coruñeses se viron arriba, e achucharon nos últimos intres. Recurtaron xa con tempo cumplido pero afortunadamente a achucharon ao final, pero o pitido final calmou os nervos nos tensionados bancos, que mesmo viron como o colexiado expulsaba a Diego.

Juan de Dora decdica o seu gol a Jorge -Parri-Foto- Jorge Parri

Os infantís aseguraron a permanencia

Dumbria de Infantis da Liga Galega-Foto- Jorge Parri

Practicamente ten o equipo infantil sentenciada a permanencia na Liga Galega. E iso que o plantel é máis curto que o de cadetes, pero o equipo de Juan Porrúa está facendo tamén un temporadón. Esta fin de semana recibían ao San Cristobal, na 10ª xornada do Play off por evitar o descenso no Grupo Norte B, e os dumbrieses sumaban a súa 6ª vitoria vencendo por 3-2.

Imaxe do choque entre Dumbría e San Cristoba Liga Galega Infantil-Foto- Jorge Parri

Novas relacionadas

Máis información

Artigos relacionados

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios