200 camiñantes descubriron os tesouros do fin da Terra nunha nova Andaina
Espectacular a nova andaina Coñece a Costa da Morte. A penúltima cita do programa desta primavera levou aos máis de 200 camiñantes ata as Terras de Fisterra.
Un novo exemplo de como a veciñanza segue decatándose do patrimonio natural costeiro. I é que estas saídas protagonizadas na súa meirande parte polos veciños, serven para descubrir tesouros que tiñamos ao carón da casa e nunca valoraramos. O Monte Facho, ou Promontorio Nerio, coas súas vistas ao mítico Cabo Fisterra, ao pobo fisterrán ou á Praia Mar de Fóra; o Conxunto de San Guillerme, a visita á casa do Man de Fisterra… Todos disfrutaron da maxia do fin da terra.
Vindeiras Rutas
O próximo sábado 7 de xuño porase punto e final ó programa de adainas “Coñece a Costa da Morte 2014”. Esta será a oitava xornada do programa e terá lugar no Concello de Vimianzo. “O noso mar” é unha ruta lineal de 13 quilómetros con comezo na Ponte da Furaqueira e remate na praia de Boaño (Traba). O primeiro tramo descorre pola ribeira do Río Grande, dende a ponte da Furaqueira ata Pasarela; dende aí subiremos polo Piñeo (Penedos de Carantoña) e dirixirémonos a Sabadelle, onde o Concello de Vimianzo ten un pequeno tramo costeiro entre os concellos de Camariñas e de Laxe. Despois de camiñar pola costa de Vimianzo seguiremos en dirección Traba, desfrutando dun dos máis fermosos tramos costeiros da comarca.
Ademais, o domingo 8 haberá doble sesión, a última cita co programa Primavera en Ruta de Senda Nova polos ríos de Sofán, e mais o peche da 3ª edición do Camiño dos Faros, coa 8ª etapa entre Nemiña e o Faro Fisterra.
Novas relacionadas
- Corcubión mantén o ritmo de interese con 200 camiñantes nas Andainas Costa da Morte.
- O VI Encontro Monte Pindo coñecerá a Moa baixo as estrelas.
- Senda Nova segue creando canteira de compromiso.
- O sendeirismo segue achegando mundos e creando conciencia na Costa da Morte.
- As Andainas que nos descubren o patrimonio aos veciños da Costa da Morte.
- Un ano de trasnos.
- A Costa da Morte venera o sendeirismo.
- Sendeirismo con conciencia.
- Limpando praias e conciencias.
- Senda Nova segue o roteiro do sendeirismo co programa Primavera en Ruta.
- Nin a chuvia pode cuns trasnos que intentarán facer o Camiño dos Faros en 48 horas.
- As Andainas toman o relevo de Traski para vertebrar a pé a Costa da Morte.
- A divulgación 2.0 dos Camiños do Mar, finalista duns premios europeos sobre patrimonio.
- De Camiño dos Faros cos trasnos milenarios.
- Os trasnos fan Costa da Morte de marca en marca.
- O Camiño dos Faros estrea nova web.
- Traski envía unha carta de unión e eficiencia ao sector turístico da Costa da Morte.
- Os trasnos rompen marcas na terceira edición do Camiño dos Faros.
- Os trasnos crean a Asociación Camiño dos Faros.
- A Costa da Morte segue lonxe dos primeiros destinos de Galicia.
- A FITUR coñece unha ducia de Costas da Morte.
- Presentado o ente turístico que xestionará o xeodestino Costa da Morte.
- Costa da Morte, unha das zonas máis virxes de España.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).