Luns. 29.04.2024
El tiempo

Alexandre Nerium presenta unha nova antoloxía con 80 mulleres que escribiron sobre a Fin da Terra

Alexandre Nerium presentacion Aquen do Mar
Alexandre Nerium presenta unha nova antoloxía con 80 mulleres que escribiron sobre a Fin da Terra

Este sábado 11 de novembro, o Salón de Actos de Fisterra acolle, ás 19:00h, a presentación dunha nova antoloxía poética coordinada de Alexandre Nerium. O poeta da fin da terra, o poeta do principio do mar, presenta “Aquén do Mar. Cantos de Serea na luz da Fin da Terra”, d. Chan da Pólvora], un traballo que recolle oitenta poemas de mulleres que escribieron sobre “a fin da terra”.
Serve pois de homenaxe á muller, a “muller pesca, aquela do traballo silenciado, e a da muller da escrita, farol que dende sempre guía o mundo”.

No acto participarán, ademais do coordnador, outros poetas como X.H. Rivadulla Corcón Margarita Ledo, Eva Veiga, Rosalía Fdez. Rial, ou Pilar Pallares, ademais da alcaldesa Áurea Domínguez e do director da editorial Antón Lopo.

Para pechar o acto, actuará a violinista costeira Antía Ameixeiras.

Máis novas de poesía

Comentarios