Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O BNG e a veciñanza de Fisterra concentráronse ante os eternos problemas co servizo de pediatría

Concentración pediatra Fisterra 1-07-24 3
O BNG e a veciñanza de Fisterra concentráronse ante os eternos problemas co servizo de pediatría

Esta mañá de luns 1 de xullo, o BNG convocaba unha concentración diante do Centro de Saúde de Fisterra para esixir unha solución permanente no servizo de pediatría na localidade. O grupo considera que as crianzas teñen dereito a unha atención médica axeitada, e por iso convocaba esta concentración que contou coa presenza do deputado do BNG da Costa da Morte no Parlamento Galego, Oscar Insua, e á que non faltou a rexedora, Áurea Domínguez.

No seu discurso, Insua destacou que “a Xunta do PP non pode dar escusas que non hai médicos, pois levan gobernando 15 anos e xa tiñan que ter adoptado medidas para solucionar un problema que se repite todos os anos". Insua animou a seguir protestando polo dereito ao servizo médico e pediátrico, tanto en Fisterra como na comarca, e subliñou que "os pais e as nais das crianzas non poden estar preocupados porque non saben a onde levalos e os quilómetros que hai que recorrer para recibir atención médica”.

Concentración pediatra Fisterra 1-07-24 2

Máis novas dos recortes na sanidade pública

Comentarios