Venres. 03.05.2024
El tiempo

Carnota e Fisterra poderán recibir axudas da Deputación para a mellorar as súas estradas

Cruce nunha estrada de Fisterra
Carnota e Fisterra poderán recibir axudas da Deputación para a mellorar as súas estradas

Carnota e Fisterra son, xunto con A Capela, os tres únicos Concellos da provincia que non teñen estradas de titularidade provincial. Unha situación que provoca unha discriminación á hora de manter en bo estado as infraestruturas viarias.

Coa intención de solventar esta desigualdade, o grupo de Alternativa dos Veciños leva pelexando na Deputación durante moitos meses, co deputado Alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, á cabeza, e co fisterrán Juan Francisco Martínez como asesor do grupo.

Unha batalla que onte vía un final positivo, xa que a Deputación publicaba no BOP o novo Plan Estratéxico de Estradas da Deputación provincial da Coruña 2024 - 2029, que inclúe unha liña de subvencións para a mellora de estradas nos municipios sen estradas provincias.

Sacan peito dende Alternativa sinalando que “cun só deputado” consegue unha liña tan importante para estes tres concellos, despois de moitas reunións.

Só falta que asignen a partida e se elaboren as bases pero esperan que se leven xa ao pleno da Deputación do mes de abril.

Máis novas

Comentarios