Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Continúa a sangría poboacional en Fisterra

Continúa a sangría poboacional en Fisterra

Continúa a polémica en torno á perda de poboación no Concello de Fisterra. Xa o ano pasado o BNG denunciaba falta de iniciativas do Concello para fixar poboación, e Fisterra perdía 2 concelleiros nas últimas eleccións. As cifras de poboación non melloran, todo o contrario, seguen baixando e o último padrón municipal de habitantes que, con carácter anual, publica o Instituto Nacional de Estadística (INE), sinala que o Concello fisterrán ten 4983, 112 menos que o pasado 2010 e 128 menos que o que pensaba o Concello.

I é que segundo denuncia o BNG, a comezos de 2010 o Concello enviaba un escrito ao INE indicando que por un problema informático non se puidera enviar o dato correcto de poboación, que sería o das 5011 persoas, cifra que permitiría manter os 13 concelleiros para as municipais. Un recurso que lamentablemente non foi moi "eficaz", como denuncia a oposición.

Nesa liña o BNG denuncia a "deixadez e o desgoberno" e lamenta que non se prantexen "medidas alternativas que axudasen a fixar poboación a través da posta en marcha dunha serie de accións favorables a incentivar o empadroamento no noso concello; como por exemplo, crear bolsas para sufragar os gastos de transporte dos universitarios da localidade que realizan estudos nas distintas universidades galegas ou abrir unha liña de axudas ás persoas ou familias numerosas con residencia en Fisterra pero que traballen fóra da localidade".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Modesto Fraga, Portavoz municipal do BNG de Fisterra.

Comentarios