mércores. 11.12.2024
El tiempo

Damián Silva, “Reca”, o patrón máis novo de España é de Fisterra

Damián Silva, “Reca”, o patrón máis novo de España é de Fisterra
Damián Silva, “Reca”, co seu Halifax onte no peirao fisterrán
Damián Silva, “Reca”, o patrón máis novo de España é de Fisterra

Onte foi un día especial en Fisterra. Damián Silva, “Reca”, estreaba barco convertíndose no patrón máisnovo de Galicia e de España, segundo confirmou o xefe de Capitanía Marítima de Corcubión.

Aos seus 19 anos, este fisterrán de familia mariñeira, vén de asumir o mando do Halifax, e onte, luns 18 de outubro, ás 5:00h da madrugada, foi o primeiro día que saía ao mar como patrón. Conta a bordo cun mariñeiro senegalés e ambos están indo á centola, ao miño, pero pero tamén, en fundión do mar, van á nasa, as betas…

Con todo, leva indo toda a súa corta vida mar. “Cando tiña 7 anos xa sabía que estudiar non era o meu. Xa me tiraba o mar, e comezaba ir ao mar co meu abuelo e despois co meu pai no Plaia de Seiras. E aos 16 anos xa me metín a traballar con eles”, cóntanos algo canso pero fachendoso do seu mundo.

”Reca”, como é coñecido e respectado xa no peirao fisterrán (o mundo da pesca leva toda a vida véndoo medrar), é unha excepción nun mundo no que o relevo xeracional é un problema endémico.

”A verdade que non hai cente para ir para o mar. O mar tenche que gustar, porque ten as súas cousas boas e malas”, recoñece despois dun primeiro día no que saíu ás 5:00h da mañá, volveu ás 16:00h e aínda tivo que volver á lonxa a pesar…

”O mar é duro, pero tes as fins de semana libres, por exemplo. O malo é o soldo, que un mes podes ser bo, pero ao mes seguinte malo”, recoñece. De aí o complicado de atopar xente para traballar.

Da súa quinta, si que aínda hai 3-4 amigos fisterráns que xa están traballando no mar, pero “de entre 20 e 30 anos hai moi pouca xente no mar. E iso que traballo sobra”, avisa a maleantes.

Tamén hai entre os seus ex compañeiros que “me din que estou como unha cabra por meterme tan pronto, pero é que o meu é o mar”.

Pide máis axudas para a pesca e recoñece que xa leva a algún susto no mar, “pero vaste acostumando”.

Así, quédalle unha vida enteira por diante, sendo un exemplo de que o relevo xeracional no sector do mar é posible.

Máis novas

Comentarios