Falece en Fisterra "Chanquete", o neno da icónica foto sobre a emigración de Manuel Ferrol

”O home e o neno”, a foto que o fotógrafo camariñan Manuel Ferrol realizou o 27 de novembro de 1957 percorreu o mundo cando non había redes sociais. Unha foto que representou, mellor que ningunha outra, o drama da emigración, a dor de ter que separarse dos teus.
Os protagonistas da imaxe son Manuel Ángel Calo, coñecido como “Jurjo”, o pai, e Juan Jesús Calo, coñecido como “Chanquete”, o neno. Ambos eran de Fisterra. Jurjo tiña 26 anos e Chanquete 8 aquel día, e ían despedir á nai de Jurjo e avoa de Juan que ía embarcar no porto da Coruña cara sudamérica no buque arxentino ‘Juan de Garay’.
O Jurjo faleceu en 2006, aos 80 anos, e xusto este domingo falecía o fillo, ”, na vila do Cristo.
Chaquete dedicou a súa vida á pesca en Fisterra, e falecía aos seus 75 anos. Pasará á historia, xunto co seu pai, como unha das facianas máis representativas dos tempos da emigración galega.
