Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O Festival de Cans viviu a emocionante estrea do videoclip de Fernando Fraga e Juan Lesta “Para Kepa”

Kepa Junquera en Cans co equipo Bela Fisterra
Kepa Junquera en Cans co equipo Bela Fisterra
O Festival de Cans viviu a emocionante estrea do videoclip de Fernando Fraga e Juan Lesta “Para Kepa”

Emocionante estrea mundial a que se viviu esta fin de semana no Festival de Cans con acento vasco/costeiro. Unha completa comitiva da Costa da Morte acodía para presenzar a estrea do videoclip “Para Kepa”, un proxecto de Bela Fisterra Producións, feito por Juan Lesta, coa música de Fernando Fraga, e rodado en Fisterra. Porque Fisterra foi o último, e o primeiro, lugar que visitou Kepa Junquera antes e despois do seu ictus.

Pepe Formoso, Fernando Fraga, Nestor Fidalgo, Juan Lesta, Modesto Fraga e a familia de Pazos de Merexo, acompañaban ao artista euskaldún nesta especial visita ao singular festival de cine desta aldea do Porriño.

Kepa segue loitando tras anos de rehabilitación e de adaptación, non exenta de sacrificios e superación, como pode verse no documental BERPITZU de Fermín Aio. Pero puido achegarse a Cans a gozar deste momento cheo de emocións.

Kepa Junquera vendo a estrea de Para Kepa no Festival de Cans

Foi Juan Lesta o encargado de presentar o vídeo, antes do rotundo o aplauso que levou Kepa do auditorio de Cans, que lle ten adicado a un dos Ghaliñeiros onde se desenvolven actividades e onde mesmo ten tocado o seu amigo Pazos de Merexo.

O vídeo ten como protagonista á Costa da Morte, ademais do acordeón de Fernando Fraga e a pandeireta de Nestor Fidalgo. Tamén deu a súa aportación artística en forma de escultura de Guille Lourido, natural de Corcubión e afincado en Asturias. Unha enorme escultura de Kepa, trikitixa en man, que Kepa vía en directo por primeira vez ese día.

Ghalineiro dedicado a Kepa Junquera en Cans

VISITAS DE KEPA JUNQUERA

Comentarios