Fisterra continúa ca vela no verán
Tras recoñecer aos 200 diplomados de toda a comarca de Fisterra a través Programa O Mar na Escola, o Concello de Fisterra presentou un novo curso de cara o verán. Está destinado para rapaces non só de Fisterra senón da Costa da Morte e será impartido pola Escola de Vela Cataventos.
A actividade está patrocinada pola Deputación que cede 3 barcos ao Concello para que poida seguir facendo uso dos mesmos unha vez que remate a actividade. Así o asegurou na rolda de prensa Maria Dolores Faraldo xunto co Alcalde de Fisterra. "Un bo xeito de continuar practicando a vela tras participar todo o ano xa no programa O Mar na Escola", apuntou o alcalde.
Entre as actividades programadas da campaña destacan a iniciación aos conceptos teóricos da navegación a vela, iniciación ao coñecemento básico de nós mariños realización práctica de navegación vela.
Inscricións
- As datas son do 9 ao 13 de xullo con dous turnos (un de mañá e outro de tarde);
- Desenvolverase na praia Langosteira;
- Hai 40 plazas para idades de 9 a 18 anos;
- Cota de inscrición: 25 euros;
- Prazo de inscrición: ata o 3 de xullo de 10:00h a 12:00h no concello.
Novas relacionadas
- Preto de 200 escolares xa son regatistas na Costa da Morte.
- A Lonxa de Fisterra acolle unha exposición coas Visións do Mar da fin do mundo.
- Fisterra segue formándose nas TIC.
Fonte
- Concello de Fisterra.