Malpica e Fisterra teñen cita coa poesía

O libro de Miro Villar, As Crebas, será presentado este vindeiro sábado 12 de novembro, ás 20:00h da tarde, no salón de actos da Confraría de Malpica de Bergantiños. Unha presentación que xa se desenvolveu en Muxía e mais en Carral e Santiago, e quere seguir espallando a cultura crebeira por todo o país.
Exposición Fotográfica “Vivir no Mar” en Malpica
Do 12 de novembro ao 2 de nadal o concello de Malpica acollerá no Espazo Expositivo do Centro Cívico a exposición fotográfica “Vivir no Mar” da autora Mónica Noya.
O acto de presentación da exposición terá lugar o 12 de novembro ás 20.00 h. no Centro Cívico da vila.
Poesía na fin do mundo
No Salón de sesións do Concello este venres 11 de novembro ás 19:30h terá lugar un recital de poesía no marco das Aulas no Camiño. Recitarán os seus poemas de mar de fondo os Rosa Méndez, Alexandre Nerium, Rosa Martínez e Xosé Leira.

Máis información
Novas relacionadas
- Muxía respostou na presentación de As Crebas.
- A Costa da Morte exporta Crebas a todo o país.
- Unha poesía inédita de Vicente Risco e Otero Pedraio sobre o Monte Pindo.
- Un poema de Manolo Rivas ao silencio dos peixes do Cabo Vilán.
- A cultura muxiá resoa como a Pedra de Abalar.
- Cabaneses que espallan cultura.
- Fernando Moreiras emulou a Plácido Castro e levou o Premio de Tradución.
- Rivadulla Corcón leva a lenda da Furna da Buserana a un libro.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).