Martes. 08.10.2024
El tiempo

Unha nova homenaxe para Pazos de Merexo

Homenaxe a Pazos de Merexo
Unha nova homenaxe para Pazos de Merexo

Segue o mundo da música tradicional de toda Galicia lembrando a necesidade de facer unha gran homenaxe ao eterno acordeonista da Costa da Morte. Pazos de Merexo, finado en marzo de 2019 pouco despois de ser recoñecido Mestre da Memoria pola AELG, foi moito máis que un acordeonista. A súa impilcación na vida social (moitos lembran aqueles tempos da loita contra o Plan Acuícola como percorría a comarca co acordeón a costas) e o seu compromiso coa transmisión xeracional da nosa tradición (non hai máis que ver ao seu neto Adrián seguindo a tradición), fan de Pazos unha figura mítica para a escea galega, que mesmo lle ten creado un disco.

Ten recibido boas homenaxes e merecidas homenaxes en vida, pero a comunidade cultural débelle outra.

Por iso, este vindeiro luns 9 de maio ás 19:30h, o Bela Fisterra acollerá un evento tremendamente emotivo. Xentes como Xurxo Souto (que xa nos ten escrito sobre el), Rosalía Fdez. Rial, Brais Maceiras, Bieito Romero, Bieito Romero Diéguez, Irma Macías, Fernando Fraga, Alberte Núnes, Anxo da Carreirana, Xosé Manuel Varela e mesmo o seu neto Adrián, non faltarán para participar neste concerto homenaxe. Un concerto aberto a todo o mundo e con entrada de balde.

Un Concerto que será gravado por Bocixa que terá a participación de Kepa Junquera, co que viviu marabillosas xornadas de convivencia musical no mesmo lugar de Merexo en 2013 e na Fundación Eduardo Pondal en nunha máxica noite de 2010.

ARTIGOS RELACIONADOS

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios