Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O peregrino de Ferro conquistou a fin da terra en só 6 días

O peregrino de Ferro conquistou a fin da terra en só 6 días
Steelman X chegando ao Faro Fisterra

E chegou. Abofé que chegou. Xa o avisábamos, viña de camiño o peregrino de ferro Steelman X, que na súa extrema aventura percorreu os case que 900 km que hai entre Saint Jean Pied de Port e Fisterra, en... tomen nota: 6 días, 17 horas e 22 minutos. Nova marca mundial, por suposto.

Durmindo pouco, comendo o xusto, e sen parar de correr este catalán fixo historia. Chegana o pasado sábado ás 14:00 da tarde ao Faro da Fin da Terra con 7,8 kg menos, cos pés ensangrentados e cheos de bochas e calos, deshidratado... Pero neso consisten as súas probas de deporte extremo.

Quim Navarro apenas puido disfrutar da natureza, pero quedou abraiado polo salvaxe que é Galicia. Máis alá dalgún problema de sinalización en Negreira que lle dixo perder algúns minutos, destacou que o mellor da viaxe, ese momento no que empezas velo mar!

Esperemos que volva, pero máis relaxado!

Steelman por fin vendo o mar

Máis información

Novas relacionadas

Terminar o Camiño no Mar, con De la Riera

Fonte

Comentarios