Martes. 07.05.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Baio deixa escapar puntos importantes mentres os tres da zona alta suman de 3 en 3

Guille Botas no Baio Valino-Foto-Luis Gonzalez
Guille Botas no Baio-Valiño-Foto-Luis González
1ª Galicia: O Baio deixa escapar puntos importantes mentres os tres da zona alta suman de 3 en 3

Caeu o Puebla en Tordoia e o San Lorenzo, que volveu sumar a súa terceira vitoria consecutiva, xa o alcanza no alto da táboa da 1ª. Impresionante o traballo dos de Dani Casal nesta estrea na categoría, que venceu ata sen facer un gran partido, cun Juanjo en estado de gracia (a ver se a rotura de fibras que sufriu non lle alonxa moito dos campos), xa con 7 goles en outros tantos partidos, e compartindo o posto de pichichi con Dani Silva (Valiño) e Alberto Fraga (Tordoia).

A xornada deparou boas vitorias de Dumbría e Fisterra, que van subindo chanzos e achegándose á zona noble onde deben estar.

Pola contra, Esteirana e Baio non conseguían vencer. Os blaugranas caían en Calo, mentres que o Baio deixaba escapar dun xeito moi doloroso 2 puntos importantes ante un rival directo.

Baio - Valiño (2-2)

11 do Baio ante Valino-Foto-Luis Gonzalez
11 do Baio ante Valiño-Foto-Luis González
  • Baio: Iván, Pablo Rod., Norberto, Sergio Antelo, Damián, Sergio Rod., Pazos, Bieito, Josiño, Guille Botas e Diego Santancier. Tamén Javi Souto, Bruno, Pablo Díaz, Guille Eiroa, Miguel, Dani e Nando.
  • Goles: 1-0, m.4: Diego Santancier; 1-1, m.34: Izan Boullón; 2-1, m.58: Josiño; 2-2, m.80: Dani Silva de penalti.
Baio e Valino saindo dos vestiarios-Foto-Luis Gonzalez
Foto-Luis González

Perdeu o Baio 2 puntos importantes ante outro equipo da zona baixa. O equipo visitante acabaou celebrando o empate como se fose unha victoria, o que reflicte o devir do choque.

Primeira parte na que o cadro de Félix, durante 25 minutos foi capaz de ser protagonista e quizas facer os mellores minutos da tempada. De aí o 1-0, no marcador despois de minutos con moita presenza en area contraria. Pero o rival a base de intensidade e levar partido o seu terreo, consegue sacar do partido aos baieses nese último treito da primeira e empatar.

Corrixiu Félix na segunda, insistindo en volver ser protagonistas e facerlle dano o rival a base de conseguir facerlles o campo grande. Tras varias chegades Josiño facía o segundo, e o cadro baiés tivo ata 5 ocasions clarisimas para sentenciar... Pero nada, e cando faltaban 10 minutos, penalti en contra e empate doloroso e celebración visitante por levar un punto que foi demasiado premio para o visto no campo.
”Dende logo ten que servirnos para medrar como equipo por méritos, pero sendo conscientes que é o mínimo nivel que debemos exixirnos para poder competir”, valora o míster.

Baio-Valino_Foto-Luis Gonzalez
Foto: Luís González

Calo - Esteirana (2-0)​

  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Tobío, Damián; Alex Rama, Kevin Rial, Adrián Abelleira, Pablo Rama, Elías e Piki. Tamén: Rober Pladur, Carajillo, Kevin Lariño, Alex Vega, Alex Louro, Brais Noceda e Sergio.
  • Goles: 1-0, m.19: Brais Bures; 2-0, m.86: Sergio López Valle.

Partido igualado no que os esteiráns estiveron moi desacertados cara gol, con algún erro en defensa que permitiu adiantarse aos locais. Elías en dúas ocasións, Piki e Kevin tiveron boas ocasións, pero non acertaron. O partido estivo aberto ata o final, cando sentenciaron os locais. 

Unión - Dumbría (0-1)

  • Dumbría: Anxo, Samuel Quintáns, Pablo Paz, Dani, Kanario, Baba, Mario, Lucas, Miller, Alex Sánchez e Dani Chao. Tamén: Carlos, Alex Sendón, Rivi, Raúl, Mataso e Xián.
  • Gol: 0-1, m.11: Dani.

Gran partido o vivido en Rianxo por parte dos dous equipos, cun ritmo altísimo, con grandes xogadas, no que o acerto dos visitantes foi determinante. Dominou a primeira o cadro de Pablo, que tivo o gol nas botas de Dani Chao.

Na segunda o dominio foi local, con máis balón e presenza en campo contrario pero sen grandes ocasións. Si que tivo o Unión unha ocasión tras un rexeite para empatar, pero tamén Raúl un man a man para sentenciar.

Cruces - Fisterra (1-6)

  • Fisterra: Joselu, Colombia, Rubén, Lobelos, Mario, Juan Lagoa, Jano, Juan Trillo, Marcote, Adrián Makaay e Estévez. Tamén: Piti, Luis Lago, Adri Castro, Maikel Mouzo, Martín Canosa, Moha e Guille Lago.
  • Goles: 0-1, m.6: Estévez; 0-2, m.10: Estévez; 0-3, m.34: Marcote; 0-4, m.39: Estévez; 0-5, m.42: Colombia; 1-5, m.74: Carlos Rod.; 1-6, m.75: Estévez.

Empezou moi ben o cadro de Diego Lobelos e na dúas primeras ocasións, dous goles. O partido, xa decidido, estivo dominando polos verdes, con chegadas durante toda a primiera parte, que acaba con 0-5.

O segundo tempo foi diferente, ritmo moi baixo e menos intensidade por ambos lados. Diego Estévez fixo o seu cuarto no partido e antes do final, o Cruces anotou un gol.

Estrada - San Lorenzo (0-1)

  • San Lorenzo: Dani Fedello, Samuel Lozano, Lucho, Raúl, David Lorenzo, Riki, Alex Taibo, Diego Varela, Andy, Juanjo, e Eloy Arantón. Tamén: Puyol, Davidson, Joaquín, Hugo Canedo e Altair.
  • Gol: 0-1, 73: Juanjo.

Partido moi disputado onde chegaban os de Dani Casal con ata 7 baixas, ás que se suma agora Juanjo, con rotura de fibras e Eloy cun forte golpe no xeonllo a espera de resultados. Con todo, foi o peor partido do cadro de Verdillo no que vai de campionato, pero a inercia positiva permitiuse seguir sumando de 3 en e.

Non foi bo partido dos carballeses, que empezaron ben, fallando Riki un man a man claro tras unha inocente cesión do central. Pero apartir de aí o Estrada foise facendo co dominio pero non dispuxo de ocasións claras, salvo unha a balón parado en centro lateral, que para Fedello, e outra ao borde do descanso, nun centro lateral que rematan de cabeza e vaise arriba por pouco.

Na segunda saíron moito mellor os carballeses, pero non eran capaces de chegar con claridade e costaba facerlle daño a un Estrada moi serio. Juanjo avisaba nun centro lateral que non remata por pouco, e na seguinte, centro de Altair que controla Juanjo entre os centrais e define moi ben para facer o seu 7º gol.
O Estrada seguía atacando pero sen sorte, pero a poucos minutos, Joaquín plantaríase só ante o porteiro e non sería capaz de definir con claridade, e xusto nesa contra, centro lateral que lle toca a Raúl na man e penalti en contra que sirve para que Fedeyo se luzca cun gran paradón. O Estrada seguiuno intentando pero aí os de Dani Casal souberon defenderse ben e conseguir “3 puntos importantísimos que saben a ouro”.

MÁIS INFO

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios