2ª FUTGAL: O San Lorenzo escapa e aprétase o segundo vagón

San Lorenzo e Sofan B no derbi das Pedreiras-Foto-Luís González

A vitoria do San Lorenzo no derbi ante o filial do Sofán, nuunha xogada marcada pola Mikaela, acompañado do empate do Malpica en Louro e a derrota do Xallas no clásico ante o Soneira permite ao cadro de Iván Rojo sacar xa 7 puntos sobre os 2º clasificados, Porteño, Malpica e Baio, e 8 sobre o propio cadro xalleiro.

A serie máis importante é a do Soneira, que suma 5 vitorias seguidas e se mete xa nese apretado segundo vagón.

Por abaixo, O Muros deu unha estaca no corazón ao Mazaricos.

Mazaricos - Muros (0-2)

  • Mazaricos: París, Luís Mayán, Borja, Chumiko, Yeray, Álvaro, Steven, Marito, Marcos, Kevin e Molinos. Tamén: David, Samu, Yago Dosil, Dani Periscal, Sergio.
  • Muros: Aitor, Javi, Xaco, Ra, Benji, Jesús, Alon, Fran, Juan oVello, Dani Jurjo e Xavi. Tamén: David Lexyón, Alex, Iván, Sanandrés e Óscar.
  • Goles: 0-1, m.1: Xaco tras unha boa xogada de Danu Jurjo por banda; 0-2, m.91: Alex a pase de Xaco.

Condiciounou moito o gol inicial de Xaco, que lles permitiu aos de Joaquín Quintáns transitar ben e dominar os tempos do partido, ante un Mazaricos que non acababa de dar coa tecla para facer dano. Nesas contras Xavi e os propios protagonistas do gol inicial puideron ampliar a renda, con varias ocasións á contra a medida que o Mazaricos ía subindo liñas, pero o marcador non se movería ata o desconto. Tivo primeiro que aparecer Autor para salvar dúas ocasións ocasións antes de que Alex sentenciase o choque.

Soneira - Xallas (3-2)

  • Soneira: Dono, Gusa, Héctor, Brais, Mario Leis, Canosa, Oreiro, Cachi, Pichi, Richi, Vía. Tamén: Brais Lema, Cristian, Gabri, Jesús e Xavi.
  • Xallas: Iván Couto, Garci, Adrián Couto, Makareno, Yago Facal, Peke, Doro, Alberto, Rubén Sande, Rubén Blanco e Sergio Barbeira. Tamén:
  • Goles: 1-0, m.8: Pichi; 1-1, m.19: Alberto coa zurza; 1-2, m.35: Doro de lonxana falta; 2-2, m.61: Vía de penalti; 3-2, m.65: Gabri.

Partidazo no Irmandiño, un clásico do Fútbol da Costa. Comezaron os de Josiño Abelenda algo máis intensos, e tras varias chegadas, se adiantada cun bo gol de Pichi. Estaban mellor os locais cun bo gol de Alberto coa ruza dende a fronta, pero os de Doriño igualaron e estiveron moi ben durante eses minutos ata o descanso, dominando, tendo varias ocasións e adiantándose cunha gran falta lonxana de Doro.

Na segunda, axustaron na presión, pon 3 atrás para a saída, e a lesión de Doro deixa orfa á saída dos visitantes. Moi pronto chegaba a xogada polémica, cun penalti que para os xalleiros era falta de Vía, que non falla dende os 11 metros.

O partido vólvese algo tolo, de gran intensidade, co colexiado algo nervioso, e moi pronto nunha acción combinativa, o xuvenil Gabri fixo o 3-2 cun golazo dende a banda esquerda e cunha pausa fantástica. Subiron liñas os xalleiros, que pediron unha expulsión por doble cartón, pero acabaron coa expulsión de Iván Couto por unha saída fóra da área, e non conseguiron meterlle o dente ao equipo, que no treito final estivo dirixido por De la Sierra, xa que Josiño tivo que atender unha emerxencia laboral.

Baio - Corme (2-1)

  • Baio: Rodri, Bruno, Pablo Rod., Norberto, Pazos, Pepe, Víctor, Miguel Vidal, Cheti, e MC. Tamén: Julián, Javi, Manu Vila, Mamadou, Damián.

  • Corme: Adrián Suárez, Hugo Paredes, Mauro, Eloy Villar, Aitor, Brais Pailos, Mauro, Senén, Borja Torrado, Samu Costa, Lucas. Tamén: Quique, Isra, Iván, Xoel, Álvaro.
  • Goles: 1-0, m.31: Pepe de cabeza nun córner de MC; 2-0, m.53: Josiño tras unha xogada de Cheti e Mamadou; 2-1, m.79: Lucas de penalti pola escuadra.

Pesou a Mikaela sobre todo por bando visitante, que aínda así saía con intensidade, nunha primeira metade sen dominador claro e con moito fútbol directo. Os baieses estiveron mellor, con todo, sen conceder atrás máis que unha falta que sacou Norberto de cabeza, e tendo algunha ocasións, sobre todo cun invisivo Víctor por banda dereita. Adiantáronse os de Lobelos cun gol de córner.

Comezaba a segunda metade coa expulsión de MC por vermella directa nunha entrada sobre Eloy, protestada polos locais, pero xusta para os visitantes. O Corme víñase arriba, pero nun despiste en defensa conseguen poñerse nunha contra por medio de Josiño.

Seguiron presionando os de Ángel e nun penalti recortan e métense de novo no partido, ante un Baio ben pechado, que tivo unha contra boa, e na que o Corme tivo un par de ocasións, que salvou Rodri.

Borja Torrado no Baio-Corme-Foto-Fin lema

Monte Louro - Malpica (2-2)

  • Monte Louro: Pedro, Manolo Chouza, Héctor, Oscar Fari, Abel, Rodri, Adrián, Alex, Javi Xián e Iker. Tamén: Xacobo, Miguel Verán, David Pais, Flavio e Martín Rama.
  • Malpica: Suso, Saúl, Anxo, Carrumba, Damián, Garci, Camilo, Cristian, Fran, Luís e Raúl. Tamén: Fabián, Joel, Isaac.
  • Goles: 0-1, m.55: Cristian; 1-1, m.57: Alex; 2-1, m.62: Abel; 2-2, m.81: Garci.

Primeira parte sen goles e sin ocasións claras, que dominaba algo máis en posesión o Malpica pero sen encontrar porteria, ante un Louro que esperaba para saír á contra.

Na segunda parte, xogada de campo a campo, sen xogo no medio campo, empezaron marcando os de David Baña cun bo centro de Carrumba que remata Cristian ao fondo da rede. O Louro á contra conseguíu dous goles consecutivos, o segundo un golazo de Abel, dende fóra imparable para Suso. Reaccionaron os malpicáns, e Garci anotaba de córner tras un moi bo centro de Luís. De aí ao final, o partido puido caer para calquer lado pero quedou en un xusto empate.

Porteño - Corcubión (9-2)

11 do CF Porteño na Grixa-Foto-Parker
  • Porteño: Mariolo, Pejo, Rodri, Brais Mouzo, Baba, Alfredo, Darío, Martín, Alan, Sandelo, Bruno. Tamén: Joel, Yuyo, Gabri, Pablo, Carrabete.
11 da UD Corcubión na Grixa-Foto-Parker
  • Corcubión: Bruno, Fuentes, Andrés, Castreje, Alex Díaz, Íker, Martín, Jon, Rama, Mario e Iago Lema. Tamén: Borja, David Lojo e Nico.
  • Goles: 1-0, m.8: Alan; 1-1, m.11: Rama; 2-1, m.12: Darío; 2-2, m.26: Rama; 3-2, m.27: Alfredo dende fóra da área; 4-2, m.36: Martín de vaselina; 5-2, m.39: Bruno; 6-2, m.41: Alan dende fóra da área; 7-2, m.50: Martín a pase de Alan; 8-2, m.59: Pejo de cabeza; 9-2, m.73: Bruno define no man a man.
Iago Lema e Pejo co colexiado David Vázquez na Grixa-Foto-Parker

Goleada na Grixa, cun Corcubión, con moitas baixas, que competiu 25 minutos, pero despois sufriron varios goles a balón parado, sen intensidade en defensa. A segunda foi de trámite cun Porteño que foi un ciclón..

Ponteceso - Zas (3-3)

  • Ponteceso: Darío, Adrián Ures, Juan Rey, Pedro, Luca, Dani Rod., Javi Souto, Alberto Recarey, Iván Rod., Eloy Álvarez e Neira. Tamén: Damián, Cotelo, Eloy Trigo, Teo, Adrián Pose.
  • Zas: Guille, Moha, Adri Rama, Joel, Estefan, Anxo, Juan Touriñán, Álvaro Fari, Redondo, Ronny e Andrés. Tamén: Pereiras, Martín Novo, Iago, Darío, Fran.
  • Goles: 0-1, m.11: Juan de penalti; 0-2, m.27: Redondo; 1-2, m.53: Iván Rod.; 1-3, m.55: Redondo; 2-3, m.59: Eloy Álvarez a pase de Teo; 3-3, m.88: Alberto Recarey de penalti.

Ponteceso e Zas enfrontábanse no Pinguel nunha cálida tarde de domingo postMikaela buscando os puntos que lles axuden nos seus respectivos obxectivos, que soubo a pouco nos dous bandos. O partido comezou co Ponteceso intentando dominar o xogo buscando facer dano cos seus dous dianteiros e co balón, pero a falta de acerto e de precisión non lograban xeral perigo suficientemente máis dalgunha internada de Neira, Dani Rodríguez ou un espléndido tiro de Recarey ao traveseiro. Con todo, as ocasións máis claras eran do Zas, que lograba facer dano sen demasiadas florituras: un penalti cometido sobre Andrés e transformado por Juan e un gol tras centro lateral de Redondo tras un mal despexe da zaga pontecesana eran suficiente para poñer un 0- 2 no marcador que puña contra as cordas ao Ponteceso.

No descanso o adestrador Jorge Guillamett decidiu cambiar radicalmente tanto o esquema táctico como dando a entrada a revulsivos como o xuvenil Teo, clave para a remontada pontecesana na segunda metade. Recentemente saído dos vestiarios o Ponteceso acurtaría distancias cun gol de Iván no mal despexe dun córner pola defensa zasense. Foi chave, e moi protestada, a expulsión de Juan Touriñán por protestar. Co Sporting con dez, o Ponteceso recortou distancias de inmediato e meteu o partido nun escenario completamente distinto. Pero de contado Redondo volveu aparecer para poñer o 1-3 tras un balón longo que o Ponteceso non defendeu ben.

Volvía xurdir a polémica cando os visitantes protestarían un claro penalti no que o árbitro deixou seguir ao dianteiro que non conseguiría finalizar a gol, reclamándolle a falta previa, pero o trencilla considerou que coa vantaxe era suficiente. A partir de aí, o encontro converteuse nunha batalla de nervios. O Ponteceso volveu recurtar distancias (2-3) e o Sporting foi acumulando tarxetas nun tramo no que se sentiu especialmente castigado. A situación agravouse coa expulsión doutro xogador do Zas, Estefan, por desprazar un balón e perder tempo, deixando ao Zas con nove futbolistas para afrontar os minutos finais.

Con vantaxe numérica, non se rendeu o Ponteceso e moito menos o xuvenil do que falabamos anteriormente que facía o seu debut coa SD: asimilándose a un plusmarquista, lograría deixar atrás á súa central e deixar un balón en bandexa a Eloy Álvarez que só tería que empuxalo, poñendo o 3 a 2, por se non era suficiente, volve recortar ante o central que o derriba de forma clara e xera o penalti que transformaría Recarey de forma magnífica. Con 3 a 3 parecía que todo estaba decantado para que o Ponteceso lle dese a volta, pero varios balóns ao pau e as paradas do porteiro serviron para asegurar un punto ao equipo visitante que acabou pedindo a hora, levándose un merecido punto pero que non facilita para nada a difícil pelexa polo descenso.

San Lorenzo - Sofán B (4-1)

11 do SD San Lorenzo ante o Sofán B en Verdillo-Foto-Luis Gonzalez
  • San Lorenzo: Javi Souto, Lozano, Alberto Campos, Pablo Garrido, Javi Pérez, Alex Vázquez, Hugo Pereiro, Alex Taibo, Diego Varela, Iago, Marcos Corral. Tamén: Mario, Dani Cotelo, Damián, Alex, Pape.
11 do Sofán B en Verdillo-Foto-Luís González
  • Sofán B: Eloy, Marcial, Diego Rod., Iván Fdez., Mateo, Asier, Dani Rod., Nacho, Dani Calvete, Adrián Vázquez e Isma Ramos. Tamén: Darío Pena, Samu, Eloy Cabeza, Christian, Iván Golán.
  • Goles: 1-0, m.6: Alex Taibo; 2-0, m.37: Iago López; 3-0, m.39: Marcos Corral; 3-1, m.46: Dani Rod.; 4-1, m.49: Javi Souto de penalti.
Ambiente nas Pedreiras-Foto-Luís González

Segundo derbi da tempada e o San Lorenzo respondeu cunha sólida vitoria ante o Sofán “B”, demostrando que había máis que tres puntos en xogo, aproveitando erros da defensa do filial. O encontro foi directo e moi disputado, con intensidade por parte de ambos conxuntos dende o primeiro minuto.

O SanLo golpeou cedo, no minuto 6, Taibo abriu o marcador cun gran lanzamento de falta (1-0). Pouco despois chegou o segundo nunha xogada chea de insistencia, Taibo estrelou o balón no longueiro, o primeiro rexeite caeulle a Diego, que atopou a parada do porteiro, e finalmente Iago, chegando en segunda liña, enviou o balón á rede para facer o 2-0. No minuto 39, Corral aproveitou un mal despexe da defensa visitante para marcar a pracer o 3-0, resultado co que se chegou ao descanso.

Nada máis volver dos vestiarios, no 46’, o Sofán recortou distancias por medio de Dani (3-1), pero a reacción local foi inmediata, no 49’, Javi transformou un penalti para establecer o 4-1 definitivo.

Cabana - Outes (1-2)

  • Cabana: Diego, Mateo, Aarón, Noe, David, Fernando, Migueliño, Simón, Diego Castro, Xabi Parga, e Pablo Pose. Tamén: Manu Nantón; Samu Leis, Julián.
  • Outes: Dani, Claudino, Sanchiño, Marcos Orodea, Xabi Romarís, Martín Caamaño, Hugo, Alberto, e Keko. Tamén: Rubén, Carlos, Addrián, Hugo Sieira, Alex Rama.
  • Goles: 0-1, m.32: Sanchiño; 0-2, m.41: Sanchiño; 1-2, m.50: Xavi Parga.

Partido ao que os de Mingui chegaban xusto de efectivos, e comezaron bastante ben, pero pouco a pouco o Outes foi envorcando o partido, marcando dous goles e puideron ampliar a renda, dando conta da súa superioridade.

Comezaba a segunda metade co Cabana intentando, con Pablo e Xavi avisando e pronto recurtando por medio de Xavi Parga nunha xogada protestada polos da Serra, que pedían falta do dianteiro. O enfrontamento entre o colexiado e o Outes era patente e no m.62 expulsa a Kevin con dúas tarxetas amarelas seguidas por protestar. Aínda expulsou a Claudino noutra acción por protestar, e aínda se quedaban con 8 os de Geno tras un choque de Keko e un xogador local provoca unha doble lesión. Intentouno o Cabana pero non foron quen de remontar.

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Máis información