Luns. 29.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Porteño asalta o liderato tralo empate entre Castriz e Muxía

Porteno- Volantes no Hermanas Patino.Foto-Tino
Imaxe do Porteño- Volantes no Hermanas Patiño.Foto-Tino
2ª Galicia: O Porteño asalta o liderato tralo empate entre Castriz e Muxía

O Castriz-Muxía da tarde-noite dominical era o punto forte da xornada. Dous dos candidatos enfrontábanse en San Pedro deixando unhas táboas ao remate que os manteñen aos dous equipos na zona alta sen coñecer a derrota. Xunto con eles dous, Porteño, Mazaricos e Monte Louro completan o quintento destacado de arriba. Mazaricáns e loureáns empataban no Pino do Val, mentres que o sorprendente Porteño aproveitou a debilidade do Volantes para subir ao alto da táboa.

Cómpre destacar varios goleadores que levan máis dun gol por partido como Alejo ((Corme) que xa leva 10; Chipi (Porteño) con 9; ou Bruno (Cee) e Xavi (con 7). Con 6 tamén temos a Braulio (Castriz) e Djibril (Camariñas), mentres que con 5 goles en 5 partidos tamén aparecen aí Adrián (Camelle) e Neira (Ponteceso).

Corme - Camelle (4-0)

  • Corme: Adrián, Brais Pailos, Rubén, Eloy Villar, Aitor, Sergio, Hugo Paredes, Martín, Isra, Lucas e Alejo. Tamén: Quique, Yago, Miguel, Noel e Mauro.
  • Camelle: David C; Martín (Chori), David V, Dido, Quintelo; Chans, Estiben, Crejo, Gabi (Ángel), Pastelero (Pablo) e Adrián (Mariño).
  • Goles: 1-0, m.43: Lucas; 2-0, m.60: Isra; 3-0, m.70: Alejo; 4-0, m.78: Alejo.

Partido dominado polo Corme, cun Camelle que conseguía defenderse ben na primeira metade, ante un cadro local que carecía de precisión nos últimos pases. A ansiedade e a falta aínda dun pico de forma dos de Adrián Lema impedían que chegasen as ocasións, se ben David C tivo que facer un par de boas intervecións. Pero foi clave o gol ao fío do descanso, nunha xogada na que os visitantes pedían fóra de xogo.

Abriuse algo o xogo na segunda, con chegadas nas dúas áreas. O Camelle de Sergio estirábase pero as contras do Corme eran letais e Isra e Alejo, por partida doble, sentenciaron.

Muros - Ponteceso (1-0)

  • Muros: Xandre, Flavio, Gesto, Quin, Fran, Flavio, Alon, Dani Jurjo, Martín, Jesús, Xavi. Tamén: Varo, Edu, Varu, Man Tajes e Ángel.
  • Ponteceso: Samuel, Cotelo, Juan Rey, Luca, Pedro, Eloy Trigo, David Castro, Sergio, Ángel, Alberto Recarey, Neira. Tamén: Álvaro, Ures, Jose e Héctor.
  • Gol: 1-0, m.41: Dani.

Partido igualado en Muros, cun Ponteceso moi enchufado que saía con gañas de levar o peso do partido pero algo precipitado co balón. Tivo varias ocasións o equipo de Julio Vila, obrigando ao porteiro local Xandre (que voltaba despois dun mes de baixa) a erixirse como o mellor sobre o terreo de xogo no primeiro tempo.
Aínda con esas o equipo de Ángel non renunciaba á réplica e tamén puido poñerse por diante en varias contras, coma nun bo remate de Xavi, 9 que sacou o porteiro do Ponteceso Samuel.

Cando xa chegaba o descanso adiantáronse os locais con gran un remate cruzado de Dani Jurjo tras un erro da defensa visitante.

A volta do vestiario os visitantes fóronse arriba buscando o empate gozando de dúas boas ocasións a pés de Neira e Sergio. O choque era de moita brega e intensidade e pouco a pouco no treito final foise convertindo nun ida e volta, onde os locais puideron aumentala conta e souberon sufrir con carácter, e os visitantes, con máis corazón ca xogo, buscaron a igualada pero non poideron facer máis. Foi un bo partido xogado con intensidade pero o mesmo tempo con deportividade.

Mazaricos - Monte Louro (1-1)

  • Mazaricos: Diego Ceca, Borja, Fran Pose, Raúl Chumiko, Carreira, Marcos, Mario, David, Rachón, Molinos, Pereiro: Tamén: Ricardo, Alex Barbeira, Iago, Luís Mayán e Rodrigo.
  • Monte Louro: Pedro, óscar, Miguel Verán, Pablo, Borja, Pardelo, Riki, David Pais, Rodri, Álvaro e Íker. Tamén: Chousa, Fabio, Yago, Javi e Luismi.
  • Goles: 0-1, m.11: Íker; 1-2, m.45: Raúl.

Punto que lle sabe ben ao Monte Louro pelexado no céspede natural do Peña do Ouro. O partido comezaba igualado, pero arrincaba cun penalti a favor do cadro local que Rachón mandaba arriba. Descentrouse o cadro de Marcos, que aos 3 minutos sufría o tanto de Íker. Foron minutos bos dos visitantes, que puideron ampliar a renda. Pouco a pouco os de Marcos foron facéndose dominadores do partido, movendo ben o balón e comezando a crear perigo como nun remate de Borja que a bota arriba, outros dous de Pose e Pereiro, ou o gol de Raúl Chumico dende fóra da área, xa no desconto do primeiro tempo.

Na segunda, o partido era do Mazaricos, que dominou territorialmente ante un cadro de Bibi ben armado atrás. Soltouse algo o cadro loureán que tivo algunha escapada por parte de Álvaro Fari, pero as mellores ocasións foron dos locais: un xogadón de Marcos, un tiro de Molinos, outro de Rodrigo, un remate de Ricardo… ata un gol anulado tras unha xogada de Borja, que lanza ao pau e no rexeite marca Rodrigo, pero o colexiado anula o tanto ante as protestas dos amarelos.

Porteño - Volantes (6-1)

  • Porteño: Sergio, Nico, Pejo (Pablo), Brais Mouzo, Rodri, Mayor, Joseba (Nico), Saviola (Juan), Chipi, Alan (Jairo) e Darío.
  • Volantes: Alex de Yi, Cerbán, Isma Mayo, Javi Romero, Miguel, Manu Teijo, Manu García, Adri Abeijón, Rama, Barreiro, Manu de Yi. Tamén: Fran Rama, Manu Priegue, Borja, Bruno e Benja.
  • Goles: 0-1, m.5: Manu Teijo; 1-1, m.14: Chipi dende lonxe; 2-1, m.20: Chipi a pase de Alan; 3-1, m.22: Darío a pase de Alan; 4-1, m.52: Mayor de falta; 5-1, m.68: Chipi marca un golazo; 6-1, m.80: Jairo.

Porteno- Volantes no Hermanas Patino.Foto-Tino 2

Arrincaba o partido, celebrado no Hermanas Patiño, cun golazo de Manu Teijo dende lonxe adiantando aos de Gus. Pero o equipo laranxa ten esa tendencia negativa ao que lle fai falta facer click, e a meduda que os de Cousillas subían unha marcha, comezaban a chegar as ocasións. Tras dúas chegadas, Chipi conseguía o empate. E a partir de aí minutos de dominio local, cun Mayor lanzando balóns ás costas da adiantaba defensa muradá para que Alan fixese moito perigo por banda. Así chegaban dous tantos seguidos na primeira metade. Mayor sentenciaba cunha falta ao comezo da segunda e o resto foi de sobra.

“Estamos moi contentos coa marea de puntos que temos a estas alturas”, relata orgulloso Cousillas. “Imos líderes pero é anecdótico para nós, que non pensamos noutra cousa que conseguir 34 puntos”.

 

Outes - Cee (2-1)

  • Outes: Dani, Jura, Babu, Martín, Stefan, Chía (Yago), Veleiro, Iván (Ramiro), Senande (Adrián), Pablo (Ryam), Santi (Aarón).
  • Cee: Yago Pazos, Jonathan, Fallou, Iago Trillo, Josiño, Oreiro, Regueiro, Bruno, Anxo, Bujeiro e Roberto. Tamén: Isaías, Eze.
  • Goles 1-0, m.46: Stefan; 2-0, m.64: en propia; 2-1, m.90: Bruno.

Con moitas baixas chegaba o Cee á Serra, e aínda así competiron ata o final, cunha actitude moito mellor que nas últimas semanas. Os de Alex Romero tentaron levar o peso do partido pero non tiveron acerto no primeiro tempo. Foi unha primeira parte de ritmo lento, cun falso dominio local, sen profundidade.

Melloraron na segunda os locais, capaces de xogar con mais velocidade, o que lles permiteu adiantarnos por medio de Stefan cun golpeo dende fóra de área. Pero o Cee foise repoñendo, e a base de intensidade foise facendo cos segundos balóns, a roubar e estirarse dando sensación de perigo. Mediada a segunda metade unha boa contra pola banda dereita acaba cn autogol do Cee tras un bo centro de Jura.

Os derradeiros 20 minutos o Cee tirou de orgullo e foi quen de meter en problemas aos locais con transicións rápidas tras roubos e con balóns ás costas. Morrendo o partido acadaron premio co tanto de Bruno, que ben de seguro sería maior se o encontro se alongara un minutos máis.

Coristanco - Baíñas (1-1)

  • Coristanco: Rubén, Diego Castro, Belar, Sergio Lorenzo, Sergio Regueira, Joni Fraga, Adrián Pazos, Raúl, Loureiro, Adrián Pazos, Damián e David LP. Tamén: Kevin, Casti, Erre, Dani Vázquez e Ángel.
  • Baíñas: Maikel, Charlie, Maikol, Dylan, Raúl, Fabián, Oreiro, Cristian, Ruli, Kevin e Brandon. Tamén xogaron: Christensen e Carlos.
  • Goles: 0-1, m.35: Fabián; 1-1, m.90: Joni Fraga.

Partido moi disputado donde os dous equipos saíron sen demasiados riscos e moito xogo directo. Non habería moitas ocasións se ben os de Roski aproveitaron unha boa internada de Charlie que logra combinar con Fabián e adiantar aos visitantes mediada a primeira parte.

Na segunda o Coristanco apretaba e apretaba, colgando balóns, tendo numerosas ocasións, ante un Baíñas que se defendía moi ben, tendo ademais varias contras para sentenciar. Pero non perderon a fe os de Cali, que ve como compite moi ben pero que lle falta gol. Así e todo empurraron ata o final e conseguiron empatar no desconto.

Cabana - Camariñas (4-4)

  • Cabana: Roberto, Mario, Miguel, David Rey, Hugo Lema, Ferreiro, Nando Rey, Aarón, Sim´ñon Collazo, Raúl Corzón. Tamén: Manu Nantón, Noe, Roi e Christian.
  • Camariñas: Jorge, Brais, Roi (Hugo), Caamaño, Oliver, David, Carlos, Moriño (Yuyo), Soule, Mario, e Djibril.
  • Goles: 1-0, m.15: Simón Collazo; 1-1, m.20: Djibril tras peiteiada de Soule; 2-1, m.21: Raúl Corzón; 2-2, m.43: Djibril; 3-2, m.57: Raúl Corzon; 4-2, m.68: Nando; 4-3, m.73: Djibril de penalti; 4-4, m.81: David.

Partido de goles o vivido nas Redondas, que comezaba co Camariñas moi forte, sacando ata 5 córners nos 10 primeiros minutos. Pero nun balón longo, era Simón o que abría o marcador para os de Pablo cun golazo pola escuadra. Non baixo o ritmo o equipo de Cabrejo e Faus, e prontou foi aparecendo Djibril unha e outra vez. Porque Raúl puxo de novo por diante aos locais, pero o camariñán anulaba a renda antes do descanso.

Empezou mellor o Cabana na segunda parte, con máis intensidade meténdose cun claro 4-2 a falta de 20 minutos. Pero a reacción final do Camariñas tivo premio. Recurtaba Djibril dende os 11 metros, e xa co partido feito un ida e volta, sen pasar case polo medio campo e con ocasións nas dúas porterías, chegou o empate nunha falta que marca David.

Castriz - Muxía (1-1)

  • Castriz: Coke, Fabián, Elvis, Brais, Anxo, Samuel, Alberto Mata, Iván Facal, Pastoriza, Sebas, Braulio. Tamén: Rodo, Noli, Álvaro, David Gerpe, e Martín.
  • Muxía: Domingo, Anxo, Michael, Gusa, Alex, Darío, Julián, Iago Muíño, Isma Márquez, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén Ángel, Xan Nogueira, Mateo, Víctor Alcaina e Mario Romaní.
  • Goles: 1-0, m.4: Braulio; 1-1, m.30: Manu Nogueira de falta.
Csatriz-Muxia en San Pedro
Csatriz-Muxía en San Pedro en horario nocturno

Partidazo do Fútbol da Costa entre dous dos mellores da categoría, non tanto pola calidade do xogo (houbo moito respecto) senón pola intensidade e o ambiente.

Foi un partido moi intenso, con moito balón dividido e no que predominou o xogo directo. Foron dous equipos moi organizados que competiron a un nivel bastante alto a pesar de estar na sexta xornada de liga. Comezou o Castriz moi forte, con bos cambios de dirección en longo, conseguindo marcar Braulio tras un mal despexe noso nun balón na área. Tivo Mata un remate claro e os xalleiros tamén pediron penalti por mans na área muxiá nuns grandes primeiros minutos.

Pero a partir de aí o Muxía foise posicionando mellor, aproveitando ademais as lesións de Braulio e Sebas, que provocou que os de Miguel Chouza perderan as referencias arriba ata que Noli e Álvaro foron atopando o seu sitio.

Os de Fran e Nando comezaban atacar dende os extremos, levando o balón á área e sacando tres faltas preto da área rival, na última Manu Nogueira marcou un gol enganando a Coke. De aí ao descanso, sen grandes ocasións, o Muxía tiña máis presenza e provocaba a incomodidade nos locais.

Comezaron mellor os xalleiros na segunda, pero a medida que o partido ía collendo ritmo, os muxiáns foron combinando na metade contraria, tendo un par de contras cun tiro de Manu que foi salvado moi ben por parte do porteiro e unha boa combinación de Fran e Isma.
No treito final tamén tirou de orgullo o equipo de Miguel Chouza e o Castriz volveu presionar con moito esforzo xerando varias ocasións a balón parado.

En definitiva, partidazo entre dous dos grandes aspirantes, que remata cun empate xusto.

NOVAS RELACIONADAS

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios