3ª FUTGAL: O Buño, gran beneficiado da xornada

Familia do SCD Buño tras colarse na promoción

Continúan abertas as dúas loitas na 3ª FUTGAL cando quedan 9 xornadas para o remate. Por arriba, o Oza e o Coristanco seguen ao seu. Os carballeses suman 11 vitorias seguidas, e teñen, como o Coristanco practicamente o ascenso sentenciado, con 16 e 12 puntos sobre a terceira praza, que ostenta o Cee con firmeza. Tivo que sufrir o cadro coristanqués para vencer a un Laxe que viña moi potente dende abaixo.

A outra loita está na promoción. Co Cee destacado, 8 equipos están en apenas 10 puntos. Descansaba o Pereiriña, caía o Seaia ante un Camelle que non se quere descolgar de todo, e caían Laxe e Cerqueda cos líderes. O gran beneficiado foi o Buño que se mete na 6ª praza, tras sumar 6 vitorias nos últimos 7 partidos. Baíñas e Volantes, a pesar de non deixar as mellores impresións, seguen con opcións.

Volantes - Lira (0-0)

  • Volantes: Xandre, Marcos Gosende, Stefan, Edu, Aarón, Alexis, Hugo, Saúl Priegue, Javi, Raúl París e Senández. Tamén: Adri Tajes, ryan, Roberto, Jordy, Maceiras.

  • Lira: Raúl, Xurxo, Christian, Marcos, Lude, Carlos, Javi, Alberto, Iván París, Xabi Beiro, Cibrán. Tamén: Adri Brea, Alexandre, Martiño, Hugo e Ramón.

Primeira parte igualada, con poucas oportunidades para os dous equipos, se ben os lirachos parecían saír algo máis enchufados a pesar das numerosas baixas. Iván París e Beiro non puideron superar a Xandre.

Na segunda o Volantes, que apenas tirara unha vez a porta na primeira, meteu unha marcha máis, obrigando a Raúl a aparecer en varias ocasións. Porén a mellor ocasión foi unha contra no último minuto, nunha boa xogada individual de Hugo que saca a defensa do Volantes baixo paus. Aínda tivo á contra a resposta o cadro muradán.

Baíñas - Cee (1-6)

  • Baílñas: David, Samu, Darío, Dylan, Mannu, Esteban, Fandi, Crisca, Carlos, Ibra e Ruli. Tamén: Fabián, Pablo, Chavico, Marcos e Leo.
  • Cee: Jorge, César, Regueiro, Munitis, Fontaíña, Carlos, Keko, Jose, Anxo, Pablo e Marco. Tamén: Manu, Diouck, Jonathan, Roberto e Xián.
  • Goles: 0-1, m.9: Keko; 1-1, m.15: Ruli; 1-2, m.20: Carlos; 1-3, m.43: Keko; 1-4, m.74: Anxo; 1-5, m.77: Keko; 1-6, m.79: Xián.

Partido claro para o Cee, no que afianza a súa terceira praza, ante un Baíñas que protestou varios posibles fóras de xogo nos goles rivais. A actuación de Keko, clave na vitoria.

Inter de Brens - Muxía B (6-2)

  • Inter: Ema, Diego, Javichu, Evaristo, Christian, Juan Lagoa, Ferreiro, Jose, Alex Castro, Íker e Torices. Tamén: Marcos, Rubén, Santi Agulleiro, Mamadou e Barreiro.
  • Muxía B: Miguel, Damián, José Luís, Martín, Eloy, Adrián Baamil, Damián, Adrián Furelos, Papin, Javi Rey e Isma. Tamén: Joel, Iván Sambad, Fran quintáns e Manu Barrientos.
  • Goles: 1-0, m.24: Alex Castro de penalti; 2-0, m.29: Íker; 3-0, m.30: Íker; 4-0, m.54: Jose; 4-1, m.57: Isma; 5-1, m.63: Íker; 6-1, m.67: Ferreiro; 6-2, m.90: Javi Rey de penalti.

Mal partido dos de Congui que tiveron que levar cadetes ao partido. O cadro ceense foi máis efectivo ante un cadro muxián que aguantou bastante ben e non mecereu tan ampla goleada final. Avisaron pronto os ceenses e tras dous mans a mans salvados por Miguel, chegaba o primeiro dende os 11 metros. Deixaba sentenciado o partido Íker á media hora con dous tantos.

Laxe - Coristanco (2-4)

  • Laxe: Jacobo, Darío Mira, Brais Simal, Barreiro, Leo, Guzmán, Bieito, Leo, Sant Casás, Eloy, Djamel Cundíns. Tamén: Dani, Miki Pose, Elías, Pedro e Martín Andrea.
  • Coristanco: Roberto, Gabri, Jonathan Fraga, Borja, Matteo, Jairo, Dani Casti, Andy, Dani Vázquez, Iván Pastoriza e Kevin. Tamén: Lou, Pablo Pose, Mateo, José Antonio.
  • Goles: 1-0, m.39: Brais Simal; 1-1, m.65: Jairo; 2-1, m.71: Djamel de penalti; 2-2, m.84: Dani Casti de falta; 2-3, m.92: Lou; 2-4, m.96: Pablo Pose.

Sufriu e moito o Coristanco para sacar os puntos do Rogelio Martínez. O Laxe, un equipo que chegaba con 7 vitorias seguidas, pelexou ata o final con todo un Coristanco. A primeira metade os de Manu Saleta dominaron a primeira mteade, maniatando as potencialidades visitantes, meténdose por diante cun tanto de Brais e mesmo fallando un penalti por medio de Djamel.

Pero a segunda cambiou o panorama. Os de Adrián Lema comezaron a apretar e empataron nunha protestada falta local. Non fallaba Djamel a ssegunda pena máxima e poñía aos locais por diante. Pasaban os minutos e o Coristanco apretaba cada vez máis, ata unha que falta a 5 do final permitía a Dani Castri facer o empate. Coa inercia, e algo máis de folgos, os visitantes foron os que máis apretaron no desconto e Lou metía no 92 aos seus por diante por primeira vez no partido. Agora era o Laxe o que se envorcaba buscando o empate e no 92, Pablo Pose puña a sentenza.

Camelle - Seaia (5-2)

  • Camelle: Ángel, Chans, Dido, David, Martín, Mario (Fabián), Josiño, Marcotiño, Lucas P., Tereso (Raiku) e Gaby.
  • Seaia: Anxo, Muíño, Alex Mato, Brais Villar, Todosantos, Erik, Noel, Diego, Edu, Manu Castro e Juni. Tamén: Piña, Borja, Rafa, Alex, Nico.
  • Goles: 1-0, m.6: Marcotuño a centro de Tereso; 1-1, m.7: Juni; 2-1, m.16: Marcotiño; 3-1, m.23: Mario; 3-2, m.44: Juni; 4-2, m.52: Gaby; 5-2, m.84: Marcotiño.

Partido moi eléctrico e moi bonito de ver no Rodeiro, con moitas ocasións para ambos lados durante todo o partido,. Saíron mellor os locais que daban o primeiro golpe tras un centro de Tereso que remata Marcotiño. Pero na seguinte xogada respondían os malpicáns cun tiro de fóra da área de Juni. Os de Sergio estaban máis intensos, gañando duelos, e pronto se meteron por diante con dous tantos de Marcotiño de cabeza e de Mario no man a man. Un tanto de Juni ao fío do descanso deixaba o partido completamente aberto.

Pero volvían saír máis enchufados os locais, e sería Gaby o que puido celebrar o premio autonómico de coctelería marcando o 4-2. Aí, a expulsión de Edu Souto xa fou un revés demasiado grande para os de Manu Cancela.

Buño - Nantón (4-2)

  • Buño: Cristian, Hugo, Alan, Alexis, Izan, Adrián Pose, Jorge Calvete, Andrés, Martín, Sergio, Aguiar. Tamén: Anxo, Roberto Carlos, Javi Facal, Fraghiña e Dani Vázquez.
  • Nantón: Vidal, Aarón, Adri Abelenda, Fran Torres, Carlos Vidal, Xoel, Borja, Lozano, Alberto, Alex López e Iago Torres. Tamén: Álvaro, Juan, Josué, Dani Castro.
  • Goles: 1-0, m.23: Andrés; 2-0, m.34: Aguiar; 3-0, m.42: Andrés; 4-0, m.45: Izan; 4-1 m.46: Alex López; 4-2, m.68: Alex López.

Unha primeira parte de plena eficacia do Buño, que a pesar non facer demasiado bo fútbol, xenerou suficientes ocasións para ir 4-0 ao descanso. E iso que o cadro cabanés comezou mellor con Alex e Iago asociándose ben, pero o primeiro de Andrés no ecuador fixo moito dano e acabou a primeira metade moi mal.

Na segunda, saíron relaxados os oleiros e os de Adrián Varela subiron liñas, deron un paso á fronte, e conseguironr ecortar cun doblete de Alex López, a pesar de quedar con 10 por doble cartón de Fran e aínda puido achegarse máis no marcador con dúas de Iago, pelexando ata o final.

Celebrou así o 46 aniversario de Dani Calvete o cadro oleiro.

Oza - Cerqueda (7-2)

  • Oza: Samuel, Brais, Carro, Davicillas, Alex Vázquez, Raúl, Nacho , Miguel Bértoa, Hugo Fraga, Nando, Iago Lavandeira. Tamén: Juan Lagoa, Íker, Bernja, Marcos, Roberto.
  • Cerqueda: Héctor, Marcos Pensado, Dani Riexía, Samu Amado, Sergio Villar, Iván Rey, Juan Rivera, Aitor, Iker, Mario e Brais Costa.
  • Goles: 1-0, m.18: Davicillas de fermosa falta; 2-0, m.21: Miguel Bértoa; 3-0, m.29: Nacho Pose; 4-0, m.49: Miguel Bértoa; 4-1, m.57: Iván Rey; 5-1, m.62: Davicillas;6-1, m.66: Hugo Fraga; 7-1, m.70: Davicillas; 7-2, m.76: Samu Amado.

11 vitorias seguidas polo bando carballés e 7 derrotas seguidas por un Cerqueda que chegaba ao Carral con innumerables baixas. A partir do primeiro tanto de Davicillas, o partido foi claro para o líder.

O SD Oza tras 11 vitorias seguidas

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis información