3ª FUTGAL: Ferve a loita pola promoción

O SD Laxe celebra a vitoria en Pedra Queimada

O Laxe foi o gran beneficiado desta xornada. O cadro de Manu Saleta venceu nun choque directo pola promoción ante o Seaia, ao que adianta. Son agora Pereiriña, Laxe (ambos con 32 puntos) e Seaia (31) os que ocupan as 3 prazas de promoción (o Cee ten pé e medio), pero o Buño, que descansaba está empatado co seu veciño.

Por detrás quedan Cerqueda e Baíñas tras un empate que non lles vale a ningún dos dous.

Por arriba, o Oza sufríu para vencer nas Fontiñas mentres o Coristanco goleou ao Pereiriña. Ambos equipos teñen pé e medio na Liga da Costa, e xogaranse posiblemente o título en dúas semanas na Rocheira.

Muxía B - Lira (3-2)

Foto-Marina Busto
  • Muxía B: Miguel, Soneira, Prieto, Iván, Eloy, Baamil, Damián Trillo, Papu, Furelos, Toja e Martín. Tamén: Joel, Peski, Noé, Isma e Ziro.
  • Lira: Adrián, Xurxo, Alexandre, Christian, Marcos, Xabi Beiro, Cibrán, Carlos, Ramón, Alberto e Iván París. Tamén: Raúl, Hugo, Xavi, Javi e Gael.
  • Goles: 1-0, m.10: Toja; 2-0, m.15: Toja; 2-1, m.40: Iván París de penalti; 3-2, m.81: Peski; 3-2, m.95: Christian.
Foto-Marina Busto

Volvía Óscar Leis á Arliña, e volvía con moitas baixas, e máis de medio equipo formado por xuvenís, varios de primeiro ano. E saíron mal os visitantes, sen ritmo, cometendo erros con balón e permitindo que Toja marcase dous goles tempraneiros. O Lira reaccionou e conseguía meterse no partido cun tanto de Iván París dende os 11 metros.

Toja celebrando un gol do Muxia B-Foto-Marina Busto

A segunda saíron a por todo os lirachos, con ocasións de Iván e Cibrán. Pero tamén Adrián avisaba das intencións dos locais. Os de Congui contaban con Noé, que volvía tras varios meses, e con Peski, que despois dun ano en branco por motivos laborais, e apenas 5 partidos a comezos de temporada, volvía ao céspede e marcaba o gol da vitoria.

Porque ao final apretou o Lira, co gol de Christian no dsconto e unha de Iván que manda fóra.

Peski e Congui no Muxia B-Lira en Arliña-Foto-Marina Busto

Cee - Inter (4-2)

  • Goles: 1-0, m.7: Anxo; 2-0, m.20: Keko; 2-1, m.34: Jose; 2-2, m.60: Torices de penalti; 3-2, m.89: Keko; 4-2, m.96: Xián.

Derbi tenso e aberto ata o final que solventou o Cee nos minutos finais.

Cerqueda - Baíñas (2-2)

  • Cerqueda: Héctor, Aitor, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samu, Andrés, Juan Rivera, Mario, Schuster, Brais Costa e Palermo. Tamén: Pablo, Sergi, Íker, Diego e Iván.
  • Baíñas: David, Chavico, Darío, Dylan, Manu, Estiven, Esteban, Fandi, Crisca, Ibra e Ruli. Tamén: Fabián, Pablo, Rodri, Marcos e Santi.
  • Goles: 0-1, m.28: Fandi aproveita un erro entre defensa e porteiro locais; 1-1, m.40: Dani Reixía de penalti cometido sobre Samuel; 1-2, m.62: Dylan; 2-2, m.87: Andrés nunha xogada a balón parado.

Partido competidísimo en Xaviña, con igualdalde ata o final. Os de Gurita chegaba con innumerables baixas, pero deron a cara ante un bo Baíñas. Puxéronse por diante dúas veces os vimianceses, pero os malpicáns empataron no último suspiro. O punto sabe mellor por Cerqueda, onde conseguen romper unha serie de 7 derrotas seguidas. 

 

 

Nantón - Oza (0-1)

  • Nantón: Álvaro, Alex López, Adri Abelenda, David, Xoel, Aarón, Alberto, Jorge, Carlos Vidal, Borja e Iago Torres. Tamén: Jose, Dani Andrade, Juan, Dani Castro, e Carlos Amado.
  • Oza: Samuel, Brais Bolón, Marcos Carro, Moreno, Juan Lagoa, Nacho Pose, Iago Lavandeira, Nando, Miguel, Hugo Fraga e Salah. Tamén: Raúl, Saad, Iker, Benja e Roberto.
  • Gol: 0-1, m.85: Raúl nun córner.
Carlos Vidal e Moreno co colexiado Óscar Rey nas Fontiñas. Foto: SD Oza

Partido moi difícil para o Oza nas Fontiñas. Tardaron os de Míchel en adaptarse ao céspede cabanés, ante un Nantón de Adrián moi firme, que foi sometido en fases do partido polo rival pero sen amedrentarse e tendo tamén as súas ocasións facendo sufrir a todo un Oza. Pediron no ecuador da primeira metade os locais unha posible expulsiónd e Hugo Fraga por impactar cos tacos no corpo de Jorge.

Os visitantes xeraron ocasións pero non acertaron ata faltando 5 minutos para o final do partido.

Coristanco - At. Pereiriña (6-1)

  • Coristanco: Villajos, Jonathan Fraga, Borja, Dani Vázquez, Mateo, Jairo, Dani Casti, Kevin, Iván Pastoriza, Andy e Pablo Pose. Tamén: Gabri, Asier, Lou e Samu Baldo.
  • At. Pereiriña: Maikel, Cartamil, Oca, Esteban, Adán, Martín, Brais Lagoa, Gabri, Tito, Oli e Maelo. Tamén: Xacobe, Aitor, Trillo e Xabi.
  • Goles: 1-0, m.14: Pablo Pose; 2-0, m.31: Pablo Pose; 3-0, m.40: Pablo Pose; 4-0, m.42: Mateo; 5-0, m.82: Lou; 5-1, m.85: Martín; 6-1, m.87: Andy.

Partido con pouca historia, cun Coristanco moi superior en todo momento, sobre todo dende que, xa co 1-0, Brais Lagoa deixaba aos ceenses con 10. Con 4-0 foi o partido ao descanso e a segunda foi de trámite.

Pablo Pose aproveitou e marcou 3 máis, sumando xa 27 e sacando xa 6 goles a Salah, do Ozam no alto da táboa do pichichi.

Seaia - Laxe (0-1)

  • Seaia: Isaac, David, Alex Mato, Borja, Todosantos, Nico, Alex García, Erik, Noel, Diego, Belar. Tamén: Anxo, Brais, Simón, Pablo Caamaño e Martín Costa.
  • Laxe: Jacobo, Brais Simal, Andrea, Elías, Guzmán, David Gándara, Eloy Liñares, Micki Pose, Leo, Djamel, Cundíns. Tamén: Darío Mira, Pablo, Darío Martínez, Izan e Pedro.
  • Gol: 0-1, m.67: Cundíns.

Sen Bieito, Felipe, Santi Casás, Aarón… pero co cabanés Micki Pose que está sendo fundamental nas últimas semanas, presentábase o Laxe en Pedra Queimada, ante un Seaia tamén con severas baixas. Pero ambos protagonizaron o partido da xornada, un choque trepidante na loita pola promoción. A primeira metade foi moi igualada, co Seaia xogando máis en campo contrario pero o Laxe obrigando a aparecer a Isaac.

Na segunda saíron igual de intensos ambos equipos, pero o Laxe facía máis dano polas bandas. Tamén o cadro de Manu Cancela facía dano a balón parado, e tivo Alex Mato unha gran ocasión que mandou á madeira, tras unha apertura de Simón.

Sería o cadro de Manu Saleta o que conseguía adiantarse tras unha xogada de rexeites. Aínda quedaban 20 minutos e seguiuno intentando o cadro local obrigando a Jacobo a facer varias paradas para salvar a vitoria.

Camelle - Volantes (1-1)

  • Camelle: Dido; Chans, Raiku (Micael), Hucho, David; Mario (Lucas D.), Fabián (Tereso), Josiño, Gaby, Miguel (Lucas P.) e Marcotiño.
11 do Volantes no Rodeiro. Foto: Volantes
  • Volantes: Xandre, Stefan, Fontenlos, Javi, Alexis, Alex Louro, Aarón, Marcos, Iván Senández, Aarón e Rául París. Tamén: Guisado, Edu, Adri Tajes, Ryan e Óscar Calo.
  • Goles: 0-1, m.11: Aarón Insua; 1-1, m.78: Micael.
Capis do Volantes e Camelle no Rodeiro co árbitro Manuel Espasandin

Partido igualado pero de moito pelotazo no irregular céspede do Rodeiro, ao que o cadro de Sergio se presentaban sen porteiro, con Dido baixo paus. Marcaba na primeira o equpo de Ramiro e Ubaldo practicamente na súa única chegada clara, se ben o equipo local tampouco inquedou a área de Xandre.

Na segunda comezaba algo máis impetuoso o cadro local, pero defendíase ben o Volantes, que pedía un posible penalti. Os locais comezaban a meter balóns arriba, tendo que aparecer Xandre en varias ocasións, pero que nada puido facer co gol de MIcael tras un balón colgado. Aínda Dido paraba unha acción coa faciana quedando o choque en táboas.

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis información

  •