3ª FUTGAL: O Sofán B peta na mesa
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Venceu, con goleada escandalosa, o Sofán B ao Volantes no duelo de altura da xornada. Así, os de Barca quedan de líderes, como único equipo invicto da categoría, e con 4 puntos de vantaxe sobre Volantes e Malpica, pero tendo ambos im partido menos.
Muxía B - Inter de Brens (1-0)
- Muxía B: Ángel, Jose Luis, Mario, Adrián Baamil, Brais Rod., Brais Santiago, Noé, Santi Bermúdez, Isma, Eloy Sambad, e Martín, Tamén: Xabi, Alex Franco, Damián e Adrián Furelos.
- Inter de Brens: Gonzalo, Diego, Cristian, Brais Canosa, Ricardo, Miguel, ALeo, Juan Lagoa, Torices, Alex Castro e Adrián Pasantes. Tamén: José Angel, Cristian, Marcos, Fabián e Brais Iglesias.
- Gol: 1-0, m.70: Santi Bermúdez.
Partido de debutantes que comezou nunha primeira metade de poucas ocasións e de ir medindo forzas. O Inter tiña algo máis o balón pero o fillial muxián xoga cada vez mellor o cadro de Isidro, que está sabendo subir a intensidade a pesar da mocidade.
Na segunda, o Inter, negado arriba, fallaba algunha ocasión, e o Muxía aproveitaba un saque precipitado aínda coa defensa sen colocar, e Santi Bermúdez abre o marcador. O Inter envorcouse sobre a meta rival pero estivo máis preto a sentenza á contra, mesmo trala expulsión de Juan Lagoa xa no desconto.
Pereiriña - Seaia (1-0)
- Pereiriña: Jesús, Ozón, Estebo, Brais Lagoa, Carlos Leis, Isma Graíño, Antón Lestón, Juan oBello, Charli e Tito. Tamén: Fabián, Gabri e David Marcote.
- Seaia: Lamas, David Muíño, Marcos, Diego, Alejandro, Alex, Diego, Jorge Calvete, Kevin Reino, Iván, e Juni. Tamén: Brais, Eaúl, Pablo e Martín Costa.
- Goles: 1-0, m.85: Juan oBello de falta directa.
Partido moi igualado, que non se decidiu ata os últimos 5 minutos gracias á calidade do eterno Juan oBello, marcando un golazo de falta.
O choque comezaba igualado, co Pereiriña algo máis enriba, tendo un man a man de Brais que sae fóra, ou unha vaselina que salva un defensa malpicán baixo paus. Tamén tivo unha o cadro visitante, pero o longueiro rexeitou o tiro.
Seguía levando a iniciativa o equipo de Joaquín Quintáns, co Seaia de Jorge Martínez máis replegado intentando sáir á contra, teríamos varias aproximacións con perigo, ata que aparece a maxia de oBello.
Camelle - Nantón (3-3)
- Camelle: Joel; Chans, David V., Raiku, Paulo; Estiben, Fabián (Dido), Gabi (Crejo), Pastelero (Sergio), Óscar (Kampi) e Lucas.
- Nantón: Álvaro, Míkel, Adri Abelenda, Miguel Lois, David Fariña, Xoel, Dany Añón, Javi, Josué, Alberto Fuentes e Carlos Vidal. Tamén: Jose, nando Cabeza, Iago Torres, César e Dani Castro.
- Goles: 1-0, m.1: Lucas anota un golazo pola escuadra; 1-1, m.40. Javi, 1-2, m.63: Josué; 2-2, m.65: Pastelero dende 25 metros; 3-2, m.72: Kampi de cabeza; 3-3, m.75: Bembe dende fóra da área.
Empate xusto no Rodeiro, nun choque marcado pola néboa, que comezaba con Lucas abrindo o marcador. O Nantón controlaba algo máis e creaba perigo con chegadas á área, ata que Javi antes do descanso cun tiro axustado asinaba o empate.
A néboa e a noite metíase sobre o Rodeiro, e o partido igualouse cun Camelle que deu un paso adiante sendo superior por momentos, pero era un choque xa roto de ida e volta. Josué aproveitaba un rexeite para meter por diante aos de Adrián Fofi, pero Pastelero colocaba o empate para os de Sergio dende 25 metros.
O partido estaba tolo e chegaron dous tantos máis, que rubirocaron, sen desconto, un xusto empate.
Baíñas - Buño (2-0)
- Baíñas: Fabián, Pablo (Dani), Héctor, Manu, Raúl; Kevin, Santi, Aníbal (Pedro), Ruly, Chavico (Marcos) e Joel (Leo).
- Buño: Fran Souto, Pablo, Alan Moscoso, Hugo, Adri Pose, Martín, Jonathan, Andrés, Brais Frag, Sarr e Jose Castro. Tamén: Isaac, Facal, Edu Souto, Cristian e Ciss.
- Goles: 1-0, m.13: Chavico; 2-0, m.44: Joel.
Dominou o Baíñas de Sanchiño a primeira metade, tendo ocasións e marcando dous tantos por medio de Chavico e Joel. Na segunda, co Buño de Lilo intentouno algo máis, con chegadas que sempre se atopaban cun gran Fabián, pero os locais estiveron souberon ler o partido e non viron perigrar a vitoria en ningún momento.
Zas - Oza (5-3)
- Zas: Guille, Eloy Moreira, Redondo, Álvaro, Ángel, Juan Touriñán, Marcos, Fran, Darío, Dani Mato, e Raúl Corzón. Tamén: Pereiras, Mauro e Adrián Dom.
- Oza: Samuel; Alex Moreno, Alberto, Nacho, Kuki (Javi Vilariño), Archi (Aarón), Saad (Cristian Gabín), Crespo (Hamza), Salah, Alexis e Abib (Nico).
- Goles: 0-1, m.20: Nacho a centro de Crespo; 0-2, m.60: Archi; 1-2, m.65: Raúl Corzón; 2-2, m.73 Dani Mato nun córner; 3-2, m.73: Iván Redondo nunha brillante xogada individual; 4-2, m.78: Raúl Corzón; 5-2, m.87: Raúl Corzón; 5-3, m.93: Nico.
Partido moi disputado entre dous grandes equipos, cun Oza que demostrou que a súa posición na clasificación non fai xustiza ao seu bo xogo. O encontro comezou cun ritmo altísimo, con ambos conxuntos presionando en campo contrario e creando un partido de ida e volta. As ocasións máis claras no primeiro tramo foron para o Oza, e froito diso chegou o 0-1: unha xogada ensaiada que Nacho rematou de cabeza, deixando a Guillermo sen opcións.
Tras ese gol, a intensidade non baixou e as disputas individuais facíanse notar, enchendo o partido de amarelas antes de chegar ao descanso.
No inicio da segunda parte, o Zas deu un paso adiante en busca do empate. A expulsión por dobre amarela dun xogador do Oza, Salah, foi un punto de inflexión, modificando o seu esquema. Aínda así, nunha mala saída de balón do Zas, o Oza aproveitou para armar unha rápida contra e poñerse 0-2 por medio de Archi.
Co marcador en contra, o Zas viu a necesidade de arriscar máis. Os cambios de Adrián Domínguez e Mauro resultaron fundamentais, aportando frescura e presenza en ataque. A partir de aí, as individualidades destacaron, aparecendo a calidade de Raúl Corzón e Dani Mato para darlle a volta ao marcador. Raúl fixo un novoo triplete e xa suma 15 tantos no alto da táboa dos pichichis, polos 10 do carballés Isma Ramos, 9 de Lucas (Camelle) e 8 do tamén filial sofanista Adrián Fraga, e o muradán Raúl Lestón.
Cerqueda - Laxe (4-0)
- Cerqueda: Mateo, Adrián, Andy, Marcos Pensado, Dani Reixía, Alex, Iván Rey, Jesús, Palermo, Hugo Paredes e Salah. Tamén: Víctor, Hugo Fraga, Carlos Amado, Andi Rey e Christian Velo.
- Laxe: Jacobo, Roi, Roberto, Elías, Torrado, Pablo, Felipe, Jalal, Unai (Roi Zas) (Martín), Santi (Pasarelo) e Jorge (Juan).
- Goles; 1-0, m.28: Salah; 2-0, m.42: Palermo; 3-0, m.62: Marcos Pensado; 4-0, m.75: Víctor.
Competiu hoxe o Laxe de Ordóñez nunha boa primeira metade, ante un Cerqueda moi serio, sen dar opcións atrás. Si que cedeu un par de despistes o cadro visitante, e os de Gurita se colocaban 2-0 ao descanso despois dunha primeira metade igualada.
Mesmo guión na segunda, cun Cerqueda máis mandón, recuperando e chegando arriba, ante un Laxe que soubo competir a pesar do resultado.
Sofán B - Volantes (8-1)
- Sofán B: Mario, Samuel, Raúl, Iván, Dani Calvete, Saudou, Nacho Moreno, Breo, Isma, Borja Viaño e Adrián Vázquez. Tamén: Lucas, Marcial, Eloy Cabeza, Roi Canedo e Nacho Eirís.
- Volantes: David Lestón; David Carballo, Antonio, Dani Alex Louro, Anxo, Hugo, Manu de Yi, Jesús, Raúl Lestón, e Borja. Tamén: Barreiro, Fran, Angel, Ism e Javi Pola.
- Goles: 1-0, m.2: Dani Calvete de penalti cometido sobre Borja; 2-0, m.11: Adrián Vázquez; 3-0, m.18: Raúl; 3-1, m.21: Borja; 4-1, m.35: Nacho Moren; 5-1, m.50: Nacho Moren; 6-1, m.54: Adrián Vázquez; 7-1, m.77: Adrián Vázquez; 8-1, m.80: Breo.
O mellor partido da temporada do filial carballés, cun nivel espectacular atrás e arriba, ante un Volantes que chegaba con moitas baixas, entre elas a do porteiro titular. O choque comezaba xa cun penati que permitía aos locais meterse por diante. Cunha presión moi alta, e unha gran intensidade, os carballeses estaban enriba, roubaban e chegaban á área rival colocándose 4-1 ao descanso.
Na segunda, os cambios mantiveron a intensidade o os sofanistas seguiron sen dar opcións, e estiveron máis acertados cara gol que outras ocasións deixando un marcador demasiado abultado da diferencia que hai entre ambos conxuntos.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.8: O Volantes supera a un gran Malpica e o Sofán B aproveita e ponse de líder.
- X.7: 4 equipos destacados.
- X.6: O Malpica tamén gaña o derbi ante o Buño e se mantén arriba de todo.
- X.5: Tres equipos invictos.
- X.4: Volantes e Malpica póñense por diante.
- X.3: Só tres equipos permanecen invictos trala terceira xornada.
- X.2: A Festa do gol.
- X.1: Ningún empate na xornada da histórica estrea do Inter de Brens.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.